Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Hora de voltar
Xa era hora de voltar con todos vós logo dun mes ateigado de experiencias inesquecíbeis e, por suposto, non podía ser doutro xeito, de tempo de lecer.

Houbo momentos, gratos todos eles, para todo, para tomar o sol na praia, para gozar do mar, este verán moito máis fresco do que é habitual, para facer lecturas que deixaron un pouso marabilloso na mente disipada, para compartir xantares e ceas cos amigos, mesmo para atopar un xabarín a pasear polos montes de Trabadela, no Concello de A Estrada, nunha xornada chea de amizade polos catro cantos, para presenciar a pelexa dos aloitadores cos cabalos salvaxes no Curro de Sabucedo, para botar un agardábel baile nalgunha festa nocturna...

Para iso é o verán.

Pero xa estou de volta neste noso recuncho virtual, neste punto de encontro ao que sempre se retorna.

E traio debaixo do brazo un caderno cheo de anotacións tomadas na illa de Bali, onde descubrín un mundo lonxano do que non é difícil ficar, polo menos, en parte, namorado.

Mañá mesmo, con moitas ganas, comezarei a verquer aquí as miñas anotacións. Achégovos hoxe unha primeira fotografía do templo (Pura en balinés) de Ulun Danun , construído dentro do lago de Beratan, para ir abrindo boca.

Quedades convidados a compartilas e comentalas, amigos.

Veña unha boa aperta de reencontro!

Só agardo que este verán fose fermoso para todos!
Comentarios (6) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 15-08-2010 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Bem vindo de volta! E pelo que vejo cheio de motivações e inspirações!
Pela breve demonstração, já posso imaginar o que vem por aí, de paradisíaco e encantador!
Este templo é um sonho!#blgtk08#
Quanto ao meu inverno, está até agora sendo fermoso, quente e colorido pelas minhas belas flores "Amor perfeito"!
Receba também o meu aperto de reencontro! E até os próximos assuntos.
Comentario por Solange Couto (16-08-2010 00:23)
2 Benvido, Xesús!! Aínda nos queda verán para seguir vivindo experiencias como as que nos achegas, pero tes razón, por unha banda chega un momento no que sentimos que xa vai quedando atrás. Por aquí todo foi, e vai, moi ben: un chisco de praia, moita piscina... Tamén estiven un par #blgtk08#de semaniñas en Galicia, coa familia, uns fermosos días de turismo e perfecta compañía!! A forte calor vai deixando paso a unhas temperaturas máis agradables, pero aínda perfectas para gozar do sol!
Bicos a todos e feliz remate de vacacións!!
Un groliño pola volta!!
Comentario por Eva Lozano (16-08-2010 10:41)
3 Alégrome do feliz regreso e a foto e o sitio... Sen palbras. Aínda que eu son viaxeira de sofá e National Geographic (dise así?)

O verán vai indo, unhas veces máis fermoso que outras, pois sobre esta nosa Ter#blgtk08#ra non para de bruar os avións e helicópteros co bandullo cheo de auga, o que á súa vez, me enche de tristura.

Un grolo por ti, que chegaches san e salvo (supoño) e con ganas de compartillar as túas vivenzas!
Comentario por A nena do paraugas (16-08-2010 12:16)
4 Non lembraba xa as túas flores de tan fermoso nome, Solange. É difícil pensar mo inverno cando o baño de sol por aquí é tan grande coma inusual. Levabamos moito tempo sen un ver´na tan bo. Alégrome de verdade pola bondade do teu inverno. Veña unha gran aperta! Aínda quedan días de lecer, Eva, para non facer máis nada que coller folgos para retomar a actividade normal. Esta parte do verán e os comezois de setembro sempre teñen algo fermoso e único que non sabería moi ben describir. Quizais o verán que teima en facerse notar xa maduro perante un outono para o que aínda falta tempo pero xa se anuncia nas primeiras folliñas caídas e no frescor das anoitecidas. Alégrome polo teu verán! Veña outra aperta! Nena do paraugas: Hai algo máis fermoso nunha tarde de invernmo que deixarse#blgtk08# levar da man de National Geographic deitado, xa non sentado, no sofá en fronte da tele? Unha gozada! Tes razón: as notas de tristura neste noso verán póñena eses lumes que asolan o monte. Non quixen nin mentalos por non derramar a imaxe deste verán idílico. Os mopntes nosos están feitos lixo (por non usar a palabra merda): cheos de silveiras e de maleza. Os nosos gobernantes deberían de decatarse de que máis importante que a extinción (que é importante) é aprevención, e que o monte é un ben presente e sobre todo futuro que temos que coidar e limpar coma a nosa casa que é. Aí estaría parte da solución do problema. Pero non dá rendibilidade electoral inmediata. O problema sempre son os gobernantes! Unha aperta moi grande tamén para ti! Grazas ás tres por estardes sempre aí!
Comentario por Xesús Constela (16-08-2010 12:33)
5 Benvido Xesús.
Alégrome de que volvas compartir #blgtk08#connosco verbas , musica e sobre todo emocións.Un saúdo
Comentario por quetuarrmenteros (16-08-2010 15:03)
6 Unha aperta para ti, quetuarmenteros e out#blgtk08#ra máis para o xabarín aquel de Trabadela.
Comentario por Xesús Constela (16-08-2010 21:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0