Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Herbas de San Xoan
Antes da fogueira de San Xoan, que cada ano celebramos un bo grupo de amigos, sempre imos dar un paseo polo monte para recollermos as herbas de san Xoan.

Este ano fomos a unha charla informal da asociación ecoloxista Vaipolorío de Pontevedra, onde de acordo coa información proporcionada pola señora Carmen Estonllo Fontán, de 100 anos!, veciña do Marco, no Concello de Pontevedra, explicáronnnos cales son exactamente as herbas que se teñen que coller de acordo coa tradición.

E son as seguintes:
1.- herba luísa
2.- alecrín ou romeu
3.- árnica.
4.- mentrasto (un tipo de menta, o máis abundante)
5.- carrasquiña ("tomillo" en castelán)
6.- folla de laranxeira
7.- folla de limoeiro
8.- chuchamel ou madresilva
9.- poexo ("menta poleo" en castelán)
10.- macela brava
11.- té bravo
12.- folla de figueira
13.- nébeda
14.- malvarrosa

Hai que deixalas en auga á intemperie pola noite dentro dunha tina ou unha ola de barro sen tapar e á mañá seguinte lavar a cara (ou o corpo todo) con esa auga.

O corpo queda limpo, entón.

Non sei se limpo e todo. Pero asegúrovos que cun aroma impresionante a natureza.
Comentarios (5) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 26-06-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que delicia sair em busca de hervas!!
E Encontraram todas?
Nunca havia ouvido falar em tal costume, a não ser o que já é tradição por aqui, o de atravessar descalços a brasa da fogueira de São João, isto é, para quem acredita(fé), pois aquele que passa sem acreditar, com ce#blgtk08#rteza só vai ganhar a experiência de pés queimados e cheios de bolhas, como já vi alguns...
Quem sabe para o próximo São João vamos sair em buscas destas hervas algumas conhecidas, outras nem tanto. Preciso pesquisar! Com certeza eu adoraria lavar meu rosto com uma água destas!!!
Comentario por Solange Couto (26-06-2010 14:28)
2 Aquí a tradición consiste en cear sardiñas asadas nas brasas e logo facer queimada. A experiencia de recoller as herbas e logo de deixalas en auga pola noite lavar acara con elas pola mañá é moi gratificante, sobre#blgtk08# todo logop dunha noite con lume, fume e alcohol. Si. Solange. Atopamos todas as herbas un ano tras outro. A máis difícil é a carrasquiña. Pero sempre podes plantala e tela na casa (é unha pequena trampa pero vale).
Comentario por Xesús Constela (26-06-2010 21:48)
3 Na casa da miña nai, sempre se deixaba a tina coa auga e flores de sabugueiro#blgtk08#, que polo San Xoán, adoita estar no seu esplendor.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (27-06-2010 07:32)
4 Fermosa costume que a vida nas cidades esquece. Xa non fago estas cousas porque xa contei que na miña aldea ninguén fai as acharelas se non é sáb#blgtk08#ado ou festivo o dia 24. Dame que se non hai noite de lume, pois tampouco o da auga de herbas... a min esquéceme, pero é unha fermosa tradición.
Comentario por E Carpente (28-06-2010 19:23)
5 Your Mulberry replica handbags within the equivalent kind will #blgtk08#simply promoting price a person one-fourth inside the similar.
Comentario por Mulberry Replica Handbags (13-07-2013 05:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0