Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Annie Lennox: Love Song for a Vampire
Escollo esta música para a miña sala principalmente polas imaxes da película Dracula de Tod Browning do ano 1931 co gran Bela Lugosi en papel protagonista.

Non é que me volvan tolo as historias de vampiros, pero hei recoñecer que tanto esta película como Entrevista co vampiro, da que falamos hai moito tempo neste blog, están entre as miñas favoritas.

A canción de Annie Lennox, por certo, tamén está moi ben.

Comentarios (7) - Categoría: Sala de música - Publicado o 21-06-2010 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Nunca me gustaron as historias de vampiros. De nena dábanme moito medo, personificaban a maldade e non habia xeito de acabar con eles. Na derradeira#blgtk08# escea da película sempre quedaba a certeza de que xa esta outra vez en circulación. Prefiro as películas con final feliz, aou polo menos verosímil.
Comentario por E Carpente (21-06-2010 23:24)
2 Xa dixen que non son as miñas favoritas, precisamewnte. Tampouco gosto moito dos vampiros. Pero hai algo neste filme de Bela Lugosi que me atrae, quizais a s#blgtk08#ensación de estar a ver unha peza de museo en movemento. Tes razón que sempre os vampiros quedan vivos cando a historia remata. Haberá que andar con coidado!
Comentario por Xesús Constela (22-06-2010 11:29)
3 Eu acho interessante os filmes com histórias de vampiros, mesmo sendo um pouco assustador e, de passar uma certa apreensão, ressaltam em uma grande maioria, uma história de amor entre o irreal e o real. Eu gosto muito de histórias de a#blgtk08#mor, ainda mais as que ultrapassam barreiras.
Hoje já se produzem vampiros ultra modernos, com super poderes. Fantástica a imaginação dos autores!
Eu somente acho interessante, porque de vampiros quero mesmo é distância!
Comentario por Solange Couto (22-06-2010 19:35)
4 Si que parecen estar de moda os vampiros con todo isto da "Saga de Crepúsculo", pero iso xa non me gusta nada. Quedo coas dúas películas que vos dixen e, #blgtk08#por suposto, co libro de Bram Stoker, Dracula. A peli de Francis Ford Coppola sobre esa novela xa non me gusta. Son moi restritivo con isto dos vampiros.
Comentario por Xesús Constela (22-06-2010 22:29)
5 #blgtk08#
Comentario por E Carpente (23-06-2010 00:20)
6 Que pasou co meu comentario?. Desapareceu no espello. Xa ves, falando de vampiros... q#blgtk08#uería dicir que parece que hai concordancia, seica os vampiros non nos gustan moito.
Comentario por E Carpente (23-06-2010 00:23)
7 A min gustoume moitísimo "Entrevista con el vampiro", polo menos na época que saíu, como tamén me gustou, daquela, a adaptación da obra de Bram Stoker, basicamente po#blgtk08#rque me encanta Gary Oldman... Agora, pola miña filla, vin as dúas primeiras da saga "Crepúsculo", unha ñoñería coma outra calquera, e estamos a piques da terceira...
Comentario por Eva Lozano (23-06-2010 09:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0