Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De José Saramago 1

Falaremos unha miguiña de José Saramago, este Grande da literatura que se nos foi tan caladiño agora que o verán anda a nos facer unha primeira visita.

Nunca esqueceri a miña lectura do Memorial do Convento, de como ficou para sempre no meu corazón o personaxe de Blimunda.

Mesmo cheguei a visitar o mosteiro de Mafra, onde a historia se desenvolve, ao rematar a lectura só para admirar unha vez máis a calidade das descricións do autor desa obra mestra.

E si. Mafra era xusto como Saramago dicía.

E a escena que abre o libro, cos reis de Portugal, Don Joao e Dona Maria Ana Josefa, a rezar para teren descendencia, é unha desas xenialidades que só poden saír dunha cabeza chea de inxenio e de boa literatura.

Moitas grazas, José Saramago, por tantos bos momentos que me fixeches pasar.

De todo corazón!
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 19-06-2010 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Era, ademais, unha g#blgtk08#ran persoa, non si?
Comentario por Eva Lozano (20-06-2010 11:46)
2 Era unha persoa desas que por desgraza non abundan, comprometido co mundo e cos desfavorecidos, u#blgtk08#n escritor perfectamente integrado na sociedade que lle tocou vivir. Grande en todos os aspectos.
Comentario por Xesús Constela (20-06-2010 11:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0