Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da viaxe de Roberto Varela a Shanghai
Pobre Señor Roberto Varela, Conselleiriño de Cultura, que se viu obrigado a viaxar á Expo de Shanghai para patrocinar o maldito Xacobeo (que é o único que fai o seu Departamento) e tivo que viaxar en 1ª clase!

Meu pobre!

Todo por nós e polo seu amor ao país.

O esforzo do conselleiro custoulle ao goberno MÁIS DE CATORCE MIL EUROS só para pagar tres billetes de avión!

Imaxinade o que custou a viaxe e a estancia en Shangai do resto da comitiva (banda de gaitas de Deputación de Ourense incluída)

Só de pensalo éntrame a vertixe.

Nestes tempos de crise este tipo de gastos paréceme un insulto ao funcionariado que vai ver recortado o seu soldo, aos pensionistas das pensións conxeladas, aos pais e nais que non van cobrar o cheque bebé e, sobre todo, ás ducias de milleiros de parados que hai no país.

Este señor debería de dimitir XA!

(Nalgún intre falaremos dos gastos de Núñez Feijóo, que nunca deixa de viaxar con cargo aos nosos petos e doutros persoeiros como rafael Louzán, que tamén anda todo o día de alá para acá, e onde digo alá, entendede América)

Unha inmoralidade!
Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 01-06-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Bom, por aqui não ficamos atrás. Nosso presidente também não esquenta a cadeira de jeito nenhum. Vive viajando...E o Brasil, male má fica na mão do vice presidente que por mal desta vida não sai do hospital e estamos aí as vésperas de uma nova eleição...E de novos viajantes!!
Ah, ia esquecendo: O presiden#blgtk08#te Lula, prometeu 350.000,00 Reais para cada jogador da Seleção Brasileira, caso ganhem a copa do mundo. E para os aposentados ele não consegue dar um aumento significativo de 7,7% porque vai fazer um "rombo" na previdência. Quem merece estes governantes, tanto aí, como aqui? E, pelo que vejo...Pelo mundo afora!
Comentario por Solange Couto (02-06-2010 00:45)
2 Que os cartos están mal repartidos é un feito que comeza na pobreza mundial e que se repite, coma un fractal, ata o pobo máis pequeno que visitemos. A realidade non é máis que iso: o Universo ten galaxias que re#blgtk08#producen ao átomo: un núcleo rodeado por corpos que xiran arredor del. Váiseme a olla, si, pero coido que entenderedes as miñas palabras: non se pode cambiar o que acontece por lei universal... Unha merda, vaia!
Comentario por Eva Lozano (02-06-2010 10:56)
3 Pero aínda nos queda o dereito a denuncialo e seguir berrando que, se hai que sacar o páis adiante, hai que empezar por cancelar as vacacións...

Non vou engadir máis, pois dentro da c#blgtk08#lase traballadora, son unha funconaria e, por ter un traballo, son unha privilexiada. Pero isto e outras cousas...
Ben. Vouno deixar aquí. A ver se chego a fin de mes.

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (02-06-2010 15:11)
4 O goberno español vaille pagar 600.000 euros a cada xogador da selección española de fútbol en caso de que gañen o mundial. Se#blgtk08# isto fose así serían a selección mellor pagada na historia (xa son os que cobran as primas máis altas). Non teño comentarios!
Comentario por Xesús Constela (02-06-2010 20:45)
5 Xa o escoitara, pero seguro que é o goberno? Que forte! E iso que un dos xogadores é da miña aldea (Altet), Joa#blgtk08#n Capdevila, e coñecémonos e alégrome moito por el, pero xa está maís que forrado, non necesita nada, dou fe...
Comentario por Eva Lozano (02-06-2010 23:51)
6 O persoal da Banda de Gaitas de Ourense tamén viaxou e#blgtk08#n primeira clase???? ;D pregunta feita con maldade...
Comentario por Rois (03-06-2010 14:30)
7 Unha idiotez máis e un abuso que ha#blgtk08#i que denunciar en todos os foros.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0