Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

D'O Xirimbao no Día das Letras
O cadoiro do Xirimbao, anda que non ten un nome fermoso, estaba cheo de luz na tarde de onte.
Luz de primavera.

A auga era unha festa.

Movemento, son, cor...

Unha tarde perfecta.

A xente paseaba pola beira do río completamente allea ao significado do Día das Letras. Que maís lles tiña Uxío Novoneyra?

Para que ten que ser festivo?

Debería de ser un día de librarías abertas para vender libros en galego, o día de sacar os libros nosos á rúa.

Iso debería de ser o Día das Letras.

En realidade, que utilidade ten celebar un Día das Letras?

Reflexionemos.

Entrementres deixemos a auga correr polo Xirimbao, que anda que non é un nome fermoso!
Comentarios (11) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 18-05-2010 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Eiquí no meu pobo de sempre (disque desde os Celtas) houbo unha festa chamada do "Bispo Santo", ben, pois a organización da festa decidiu pasala a estas datas posto que así collían o festibo das Letr#blgtk08#as Galegas. A lastima é que esta festa ten, a día de hoxe, máis que ver co deus Baco que con calquera outra cousa. Na Galiza se non se non hai comida de por medio, non pode ser día de festa, que pais
Comentario por A cruz da Campá (18-05-2010 22:52)
2 Eu gostei do nome! Xirimbao, é perfeito para uma paisagem deslumbrante como esta.
Temos uns nomes menos comuns por aqui, mas que não deixam de ser bonito no seu significado. Por ex#blgtk08#emplo: XERIMBABO = Qualquer animal doméstico.
Comemorar o dia das letras é manter viva a esperança do seu reconhecimento e, para que jamais caia em esquecimento a sua importância.
Comentario por Solange Couto (18-05-2010 23:09)
3 Hi anos o dïa das Letras era unha xornada na que as librarías poñían postos na rúa para venfder libros galegos. As que non poñían postos estaban abe#blgtk08#rtas e facían descontos do 10% ao mercar libros en galego. Agora a xornada é festiva e todo iso desapareceu. Por que non poñelo en marcha de novo?
Comentario por Xesús Constela (18-05-2010 23:47)
4 Mentres haxa que celebrar un "Día de...", é que a cousa non anda ben de todo e, polo visto, as Letras Galegas moi ben non andan. Antes era a ausencia dunha normativa clara. Logo un recoñecemento institucional a tantas voces que seguiron vertendo palabras na Lingua, a pesar de quereren ser silenciadas. Ag#blgtk08#ora é necesario que sigamos berrando, aínda que sexa só un día, pola Lingua. Mal asunto.
Pasa o mesmo con outros "Días de...". O malo é que hai quen entende que o 17 de maio non é necesario.
Ben. En Madrid dixéronme que falo castelán con moito acento. E a moita honra, oiga!
Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (19-05-2010 06:16)
5 O acento. O acento nunca poderán quitárnolo. Malo cando hai que celebrar un Día de... Eu referíame cando o de non facelo festivo a que fose un día laborábel e xa que o asunto #blgtk08#vai de Letras pois que se aproveitase a data para a promoción da nosa literatura, unha promoción que boa falla fai. Non sei, algo coma o famoso día de Sant Jordi de Barcelona.
Comentario por Xesús Constela (19-05-2010 12:00)
6 Sigo pensando que mala conta se hai que reivindicar algo cunha festa. Iso é sinal de que non está asumido, que non se verbaliza e, polo tanto non se recoñece. Festexar o Sant Jordi é buscar o xeito de visibilizar que existe unha identidade que non se recoñece coma tal, pois non se asume pola colectividade do pobo catalán. Celebrar as Letras Galegas ven sendo o mesmo, coma celebrar e facer festa porque existen mulleres traballadoras. Mentres non se asuma unha identidade e haxa que organizar unha festa para que todo o mundo vexa que SOMOS, mala conta. Sigo sen entender por que non asumimos que somos unha cultura abocada ao mar polos montes que nos rodean, por que podemos chegar a sentir que somos menos porque temos acento, por que sempre se minguou a nosa valía como Terra, Identidade e Cultura, por que Rosalía, hoxendía, necesi#blgtk08#ta un día para ser santo e seña do Rexurdimeneto da galeguidade, xunto con Curros, Pondal, Novoneyra ou Castelao na súa propia Terra.

Perdoa, pero non o entendo. SOMOS e, por elo, debíasenos recoñecer na nosa Terra coma tales e dentro do territorio nacional de España, coma parte fundamental e construtora dun estado. Pero non o somos nin dentro do nóso. Apenas somos floclore de gaitas, pandeiro e catro voces humanas, son de muiñeiras e trulladas, dengues e muradanas.

É unha mágoa que haxa que promocionar algo que nos identifica: a nosa Lingua, a Galeguidade. Iso é sinal de que a Lingua e a Galeguidade son... un engadido para algunha xente. Mágoa!

Bicos con LINGUA. E non quero perder o acento. Nunca.

Que conste que son bilingüe, pero con acento galego. E a moita honra!
Comentario por A nena do paraugas (19-05-2010 16:46)
7 Nena: Deixáchesme abraiado! Tes tanta razón que non sei moi ben que dicir. Quixera unirme a ti nese SOMOS escrito varias veces, tan rechamante entre as túas palabras. Por certo: moi fermoso iso de que "somos unha cultura abocada ao mar polos montes que nos rodean". Vaia unha reflexión grandiosa que deixa entrever unha voz de poeta. E tes razón: é unha mágoa que teñamos que estar a abrir a alma nosa como pobo cada dous por tres para demostrarnos a nós mesmos que seguimos aí, que estamos aínda a ocupar un espazo neste mundo tan grande e tan variado. Sabes que é o malo do asun#blgtk08#to? Pois o malo do asunto é descubrir que mesmo dentro de nós, como colectividade, hai moitos que se negan a si mesmos e polo tanto tamén nos negan a nós. Este pobo noso necesitaba dunha boa terapia colectiva para sermos quen de cambiar ese ton tan melancólico do noso discurso por un berro de afirmación definitivo. E logo do berro a vivir dese SOMOS que tanto di e que tanto representa. E logo a vivir. A vivir na procura da felicidade (e isto da felicidade entende, por favor, que non é un eslogan publicitario) Grazas polas túas reflexións, Nena, sempre tan benvidas. Grazas.
Comentario por Xesús Constela (19-05-2010 20:51)
8 Non sei, pero a min paréceme que non está mal que se celebre o Dia das Letras Galegas. Seguro que os que estaban en Santiago pensan todo o ano en galego, e mercan libros en galego, e fálanlle aos seus fillos en galego. Do mesmo xeito que cada ano fago unh#blgtk08#a festiña polo meu aniversario, pois tamén teño un día de lecer en galego. Iso non quere dicier que sexa o único. No que vai de 2010 só lin 4 libros, mais todos estaban escritos en galego, e tamén escritos por galegos. Non penso que son única va que non?.
Comentario por E Carpente (19-05-2010 23:01)
9 Estou de acordo coa miña nai (home, non vou estar...)A min encántame que existan días dedicados a cousas fermosas, e aquí o Sant Jordi non existe por unha mera reivindicación da lingua, non, porque non fai falta, porque aquí o catalán goza dunha excelente saúde. Pero ese día, que vén sendo o 14 de febreiro do resto do Estado, xúntanse o amor e a amizade coa cultura, e todo o mundo, sen excepción, compra libros e rosas. O máis importante: NON é festivo, e mesmo así é a festa máis popular en todo o ano. Aquí o Día de Cataluña (a Diada-11 de setembro), que si é festivo, non a celebra ninguén, por poñer un exemplo..., pero#blgtk08# todos celebran o día do libro. A maior parte dos libros que venden son en catalán, pero tamén os venden en castelán, por iso sempre os datos estatísticos falan do máis vendido en cada un dos idiomas, que moitas veces é o mesmo traducido... Así que é o día do libro, celébrase a lenda de Sant Jordi e mailo dragón (máis que nada os nenos...) e ademais é o día dos namorados e como non dos xardineiros, que venden máis rosas ca nunca!! Unha gran festa, unha mobilización absoluta de todo o mundo nas rúas, os que traballan cando saen e os demais cando lles peta, pero ninguén queda sen o seu libro. Así debería ser en Galicia!!
Comentario por Eva Lozano (20-05-2010 12:23)
10 Está a clave entón en que sexa un día laborábel? A inmensa parte da xente ese día foi á praia. Déronlle exactamente igual as letras galegas e deulle exactamente igual o idioma. Foi Fraga qu#blgtk08#en fixo festivo o día. Vai ti saber se non foi un xeito de baleiralo de contido, se é que xa tiña algún contido. Habería que replantexar moitas cousas, entón, arredor do xeito de celebralo.
Comentario por Xesús Constela (20-05-2010 15:40)
11 Á maioría da xente dalle igual calquera cousa, con tal de estar ben e que non se pise o seu terreo. Eu tamén son un pouco así. Fraga é moi listo pero non sei eu se, preten#blgtk08#do desprender ás Letras Galegas de contido non conseguiría crear conciencia de Lingua nunha sociedade amorfa e submisa respecto do castelán. Non teño nin idea do que falo.
Comentario por A nena do paraugas (21-05-2010 20:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0