Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da exitosa manifestación de Compostela
Hoxe a cidade de Compostela volveu ser un clamor pola lingua.

Unha vez máis.

Mañá os xornais de sempre cuspirán análises e, manipularán os feitos tanto coma queiran.

Unha vez máis.

Unha hora logo da manifestación xa o Partido Popular sacou un comunicado no que falaba, unha vez maís, de desexo de imposición!

Unha vez máis.

Mentres milleiros de persoas (non sei cantas) nos manifestabamos por Compostela adiante o presidentiño estaba a "homenaxear" a Uxío Novoneyra no Courel. Nada dixeron da loita do poeta a prol da lingua.

Non dixeron nada.

Non poderán facernos calar a boca.

Nin os xornais manipuladores.
Nin o Partido Popular.
Nin a Xunta de Galicia co seu presidentiño á fronte.

Non poderán.

Seremos rexos coma os cumios do Courel que cantou Uxío.

Seremos rexos!

Seremos coma os toxos, que aínda que se corten saen unha e outra vez.

Sen parar.

Así seremos!




Comentarios (5) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-05-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Non estiben na manifestación, por motivos persoais, moi persoais, pero si que estiben en espiritu. Tamén che digo, estimado Xesús, que se o#blgtk08#s Reis Católicos, tódolos Felipes, Carlos, etc, o mesmo Francisco Franco, non puideron co Galego, non ha de poder o pailan do presidentiño.
Comentario por A cruz da Campá (17-05-2010 22:27)
2 É muito emocionante ver tantas pessoas reunidas em prol de um benefício t#blgtk08#ão grande, quanto à Língua do Povo.
Parabéns! A recompensa virá!!!
Comentario por Solange Couto (17-05-2010 23:00)
3 Moita forza!! Conseguirase, por xustiza, por lóxica, porque si, porque ten qu#blgtk08#e ser, porque debe ser, porque non hai outra... Cantas máis razóns necesitan?
Comentario por Eva Lozano (18-05-2010 08:55)
4 Non se precisan razóns, so o que non ten razón se impón, o que se fai #blgtk08#razoadaente non é xamais unha imposición. Como é que non se dan conta?
Comentario por E Carpente (18-05-2010 19:37)
5 Todo aconteceu hoxe segundo o previsto, sobre todo no tocante á manipulación informativa. Temos for#blgtk08#za, moita. Non teño ningunha dúbida ao respecto. Por certo que onte Carlos Callón estivo brillante.
Comentario por Xesús Constela (18-05-2010 20:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0