Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Garzón, o Franquismo e a xustiza española
Vaia por diante que Garzón non é un persoanaxe que sexa do meu total agrado.

Para nada.

Pero resúltame absolutamente intolerábel que a primeira vez que un xuíz pretende investigar os crimes e as atrocidades cometidas ao longo da ditadura franquista acabe retirado da carreira xudicial.

E iso por unha denuncia interposta pola ultradereita española, unha denuncia que nunca debeu de ser admitida a trámite.

É unha vitoria do vello ditador e os seus secuaces.

E aínda me parece maís intolerábel que todo isto suceda logo da investigación sobre a corrupción no Partido Popular levada a cabo por el.

Resulta que os maxistrados que o suspenderon están todos nomeados polo propio Partido popular.

Pero que clase de xustiza hai en España?

Unha vergoña!
Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 14-05-2010 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 A min o que me parece intolerable é, non só que a ultradereita en España exista, que sexa legal, que poda demandar a xuices, que se poda presentar a eleccións no marco dunha democracia na que non creen, que poda gobernar unha #blgtk08#comunidade autonoma durante 16 anos. Esto en Alemania non pasa. A alguen se lle pasa pola cabeza que un ministro de Hitler fose presidente de Babiera, en fin, por esto e por moitas cousas máis teñen a opinión que teñen do nos.
Comentario por A cruz da Campá (14-05-2010 22:42)
2 Non podo estar m#blgtk08#áis de acordo.
Comentario por Xesús Constela (14-05-2010 23:01)
3 Pois a min paréceme que e paradoxal que se investigue, e que de entrada se condene públicamente a un xuiz pr#blgtk08#ecisamente por investigar crimes, e non poucos nin leves. Concordo que o vello dictador non morreu de todo.
Comentario por E Carpente (14-05-2010 23:05)
4 Isto é un pouco coma o mundo ao revés. O criminal denuncia a quen investiga os seus crimes e quen sae culpado é o investigador. Nada máis lon#blgtk08#xe dos argumenmtos das pelis de intriga! A realidade supera a ficción. Se isto fose o cinema non dariamos creto ao argumento por inverosímil!
Comentario por Xesús Constela (15-05-2010 12:01)
5 A confabulación contra o xuíz Garzón é evidente. Considero a este xuíz un exemplo de traballo e constancia en favor da xustiza e a verdade. Pero como todos temos momentos de debilidade, teño para min que actuou#blgtk08# con ventaxismo e mala fe cando encausou o exministro Barrionuevo e o seu colaborador Vera. Que os tribunais decidiran condenar a estes é unha cousa; que o señor Garzón actuou con vinganza non me cabe dúbida.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0