Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De soldos, funcionarios, pensionistas e parados
Odio falar de diñeiro, pero hoxe resúltame inevitábel.

Estaba visto que as medidas económicas que tomou hoxe o goberno español ían chegar dun momento a outro.

Sempre pagan as crises os mesmos.
É moi inxusto.
Por que nunca paga a maldita banca, que recibe cartos públicos cada vez que soa o sinal de alarma?

Anda mal isto, eh?
Moi mal.

Acabará como Grecia este país que semella levar anos a vivir moi por riba das súas posibilidades económicas?

E aínda querían organizar unhas olimpiadas en Madrid!

E aínda andan a dilapidar diñeiro na maldita Cidade da Cultura de Santiago!



Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 12-05-2010 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Reducir o deficit do Estado está ben. Todos aqueles que teñen algún estudo de económicas, tamén os que non o teñen, saben que non se pode estirar indefinidamente a manga porque racha. De todas maneiras non me parece a mellor maneira as medidas adoptadas por Mr Bean, desde a miña modesta opinión penso que deberían ir #blgtk08#mais polo camiño de supresión de funcionariado duplicado, explicome: non é moi normal ter un funcionario por administración que se dedica ao mesmo, resumindo: "Ou somos autonomistas ou centralistas pero as duas cousas non". De todas maneiras si estou dacordo con que sempre pagamos as crises os mesmos, por desgracia.
Comentario por A cruz da Campá (12-05-2010 23:46)
2 Tes razón, seguramente se se repartisen ben os cartos non faría falta recortar soldos. O outro dia escoitei que tamén ían suprimi#blgtk08#r algúns cargos redundantes das altas esferas, como comenta A cruz da Campá, espero que así sexa... Hoxe falan de folga xeral...
Comentario por Eva Lozano (13-05-2010 12:47)
3 Eva, não sei quando que vão suprimir estes cargos. Não tenho tanto certeza disso, porque o que sempre vemos nestas situações são pessoas menos favorecidas e de classes sociais já quase extintas, perdendo o emprego já tão sacrificante e tendo que sobreviver de uns míseros trocados que o governo diz que ajuda (salário desemprego por 6 meses)quando recebem, e, também perdendo o pouco que ainda resta de dignidade, porq#blgtk08#ue necessita submeter-se a condições inaceitáveis para manter uma família.
Aqui estamos acostumados a passar por crises e por planos econômicos, por medidas de contenção, etc... Que nos fazem reduzir tudo, mas continuamos vendo os magnatas enchendo os bolsos, desviando dinheiro, e não é pouco não, estamos falando em milhões...
A verdade mesmo é o que "rola" são as cabeças dos desfavorecidos!
Comentario por Solange Couto (13-05-2010 18:36)
4 Eu estouche bastante anoxada coas medidas tomadas (ainda non son certas de todo, pero serán) Teño que dicir que recortando sensiblemente a enorme cantidade de asesores que teñen os políticos, e recortando o inmenso número de políticos chegaba e sobraba para arranxar a ecocomía do estado.

As diputacións#blgtk08# non fan se non repetir as funcións dos concellos. Co senado ven pasando outro tanto con respecto ao congreso. ¿qué me dicides das pensións vitalicias despois de 8 anos de ser deputado? e tanta ostentación de despachos, cohes, viaxes dietas etc, etc, etc. AHI É ONDE HAY QUE RECORTAR E DAR EXEMPLO DE AUSTERIDADE!!!!
Comentario por E Carpente (13-05-2010 20:28)
5 Aportades tal cantidade de propostas que resulta difícil peneiralas. As crises sempre as pagan os sectores menos favorecidos. Nunca pagan os grandes bancos nin os banqueiros, por poñer só un exemplo dos moitos que me veñen á cabeza. Está claro que en España hai unha boa cantidade de funcionariado duplicado ou incluso triplicado. É un páis de moitas "ventanillas" e excesiva burocracia que costa moitos cartos. Tamén é certo que do erario público sae diñeiro en exceso que se vai perdendo, ou vai desaparecendo, en #blgtk08#asuntos absolutamente nimios. E iso por non falarmos das viaxes de moitos cargos públicos pagadas co diñeiro de todos. O presidente da Deputación de Pontevedra, por poñer un exemplo, viaxa cada dous por tres a Latinoamérica con intencións e motivacións nada claras (gañar votos para o seu partido entre outras) e sempre os gastos corren a cargo da institución. Nunca entendín por que non se suprimen as deputacións provinciais, que sempre andan a dilapidar diñeiro de todos. Dende logo o tema daría para falar moito.
Comentario por Xesús Constela (14-05-2010 20:57)
6 Pois iso... As diputacións, que só fan o que ben poden facer os concellos. E o Senado, que ao fin, e o mesmo que o congreso, ou polo menos canaliza os mesm#blgtk08#os asuntos a nivel territorial, pero eu non teño contacto con ningún senador, pero si con deputados ¿...? Sei nomes de diputas, pero non de senadores ¿...?
Comentario por E Carpente (14-05-2010 22:59)
7 O Senado suponse que ía ser unha cámara de representación territorial pero nunca chegou a selo. As Deputacións son un verdadeiro anacronismo, unha especie de mangueira chea de furadiños por onde a auga vai saíndo pouco a pouco... Pinga a pin#blgtk08#ga a mangueira deixa fuxir a auga a regueiros. Cambiade auga por cartos e o símil estará resolto. Son un derroche inxustificábel e ademais a única institución de carácter representativo non elixida por sufraxio universal directo. Manda truco!
Comentario por Xesús Constela (15-05-2010 12:31)
8 Que as crises sempre as pagan os mesmos é evidente. Por repetir isto non conseguimos gran cousa. Pero por afastarnos dun sistema inxusto pola sú#blgtk08#a propia natureza, coma o capitalismo, denunacialo alí donde esteamos, combatilo en todo momento e ocasión, iso xa é maís interesante (creo eu).
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0