Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da lagoa seca de Valdoviño
Iso que vedes na foto é o que queda da Lagoa da Frouxeira. Un deserto de area!

O alcalde do Concello de Valdoviño, preto de Ferrol, pediu á Xunta de Galicia que fixese algo para evitar que as crecidas das augas da Lagoa da Frouxeira asolagasen algunhas zonas dun paseo de recente construción.

Esta Lagoa da Frouxeira (espazo protexido da Rede Natura) estaba comunicada co mar a través dunha canle natural que lle servía de desaugadoiro e transcorría a través dunha zona de dunas agora inexistente pola extracción de areas.

A Xunta tivo a idea de ensanchar ese desaugadoiro para evitar esas inundacións do paseo.

E que aconteceu?

Pois aconteceu que agora a Lagoa da Frouxeira está completamente seca!

E a Xunta aínda segue a defender a súa tan desafortunada actuación! (como podedes ver aquí)

Todo isto pola imprudencia das autoridades, máis interesadas nun maldito paseo que nas especies animais, aves a meirande parte, ou na herdanza das xeracións vindeiras, que poderían gozar dun espazo natural que non nos pertence.

Cando aprenderán os nosos gobernantes que a terra non nos pertence, senós que somos nós quen lle pertencemos a ela? Que facer con estes gobernantes ignorantes e cegos? Como pasarlles factura polas súas tropelías?
Comentarios (9) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 07-05-2010 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Incrible! Esperemos que despois isto non pase factura, p#blgtk08#orque a terra, sabia, acostuma devolver o que lle fan...
Comentario por Eva Lozano (07-05-2010 20:57)
2 Ola, Xesús. Estou d'acordo contigo na ideia de que a terra non nos pertence. #blgtk08#Somos meros administradores dela, como de todo o que posuimos. Unha aperta.
Comentario por Paco Campos (07-05-2010 23:06)
3 Como é doloroso ver situações igual a esta que nos mostra.
É uma tristeza! Onde existia vida, Só existe solidão...
Infelizmente quem vai pagar a con#blgtk08#ta somos todos nós e os nossos como sempre!
Aqui também temos muitas áreas protegidas "somente no papel" e, descaradamente desprotegida aos olhos de todos!
Comentario por Solange Couto (08-05-2010 00:49)
4 Pois si que a fixeron boa. Hai xa anos que estiven por aí e a paraxe é preciosa. Non sei por que se siguen empeñando en mu#blgtk08#dar a natureza para que á xente non se lle lixen os pés de area. Nin que fora tan difícil sacodila!

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (08-05-2010 07:20)
5 A verdade é que as veces quedaste sen palabras para definir certo tipo de aberracións gubernam#blgtk08#entais. Bueno en realidade non te quedas sen elas, só non as usas polo principio de educación.
Comentario por A cruz da Campá (08-05-2010 15:25)
6 Parece incrible que algúns polític#blgtk08#os estean vivindo neste século !.
Comentario por paideleo (08-05-2010 22:16)
7 Concordo totalmente coa tua protesta e fago miñas as palabras da nena da campá, hai outros lugares nos que está a pasar cousa parecida, logo lemos nos xornais que tal areal quedou sen area polas correntes desviadas por tal ou cal recheo, paseo, etc. e iso non é grave, o grave é cando, por exemplo se f#blgtk08#ai un frontón nunha rieira e logo de uns 10 ano cae unha tromba de auga e aplasta a 11 persoas que viñan dun enterro e se meteron detrás da parede para evitar a rieira. Isto é real, sucedeu nun pobo de Guadalajara. A natureza hai que disfrutala tal como é, de non facelo así tarde ou cedo pasa factura.
Comentario por E Carpente (09-05-2010 22:53)
8 Síntoo, fixen unha combinación entre #blgtk08#a Nena do paraugas e a Cruz da campá.
Comentario por E Carpente (09-05-2010 22:55)
9 A lagoa da Frouxeira e a pria que lle dá nome conbstitúen (ou terei que dicir "constituían") un dos lugares máis fermosos que coñezo. Dáme medo a i#blgtk08#dea de volver por alí e atopar a paisaxe completamente desfeita. Hai políticos que deberían ir ao cárcere! Como impedir que estas cousas acontezan?
Comentario por Xesús Constela (10-05-2010 21:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0