Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da inxustiza do burka

Asegúrovos que cando vin esta fotografía que vos achego sentín unha carraxe atroz.

Esas dúas mulleres totalmente cubertas con burkas no maleteiro dun coche coma se fosen vulgares mercadorías espertou en min unha sensación tal de indignación que non teño palabras para expresala.

A foto está feita en Afganistán.

Mozos que traballan para os talibáns patrullan as rúas con látegos e paus na procura dunha unlla pintada, un nocello descuberto, unha gargallada...

A incipiente sociedade civil de cidades como Kabul, na que a muller comezaba a gozar dun papel social relevante, quedou borrada polos talibáns. Entre as ducias de miles de empregadas públicas enviadas ás súas casas había 7.790 mestras.

Debaixo do burka, a ollada dunha nai non existe. Non existe tampouco o su rostro, a súa voz distorsiónase e é imposíbel o contacto coa súa pel.

O 97% das mulleres afganas dan a luz nas súas casas porque teñen prohibido acudir a médicos varóns. A maternidade Malalai está rodeada por un muro de cemento construido polos talibáns, con dúas xanelas diminutas. Do outro lado acampan os homes que agardan polas mulleres ingresadas. Só poden falar con elas a través desas xanelas.

E todo isto sen falar de lapidacións e outras barbaridades.

Vaia unha merda de sociedade!

Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-05-2010 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 É repugnante até mesmo pensar que tal brutalidade ainda exista nos dias de hoje. Parece que esse povo vive fora da realidade do universo.
Eu ainda não consegui entender, qual seria então, o papel#blgtk08# da mulher no Afeganistão, uma vez que elas não podem nada...Será que só tem o direito de serem violadas e proibidas de tudo?
A minha conclusão desta matéria é: "Mulheres sem identidade"!
Comentario por Solange Couto (06-05-2010 21:35)
2 Exacto: mulleres sen identidade, sen rostro, sen nome, sen dereitos, sen liberdade... Como pode ser se son as que lles dan a vida? Se sen elas non hai nada? S#blgtk08#e non existirían? Que tipo de homes son eses? Iso non é unha sociedade, é algo anterior ao Homo Sapiens, sen dúbida! Nin sapiens nin nada, non ten sentido...
Comentario por Eva Lozano (06-05-2010 23:15)
3 Se fizermos uma pergunta a algum buscador sobre "Como vivem as mulhere#blgtk08#s do Afeganistão", a resposta inevitavelmente será: "Elas não vivem"!
Comentario por Solange Couto (06-05-2010 23:56)
4 E tan forte o sentimento que me provocan estas imaxes/noticias que se me revolve o estómago, dame un noxo insoportábel. Síntome desvalida e aldraxada, coma si fora unha delas. O#blgtk08# peor é que moitas axudan na persecución aos talibáns, buscan a que non leve calcetíns o fale un pouco alto pola calle... en fin, tamén ahi aquí quen defende ao seu maltratador.
Comentario por Eva Carpente (07-05-2010 00:09)
5 recoméndovos alectura dun "best seller" do escritor afagno Khaled Hosseini residente nos USA titulado "Mil soles esp#blgtk08#léndidos" (One Thousand Splendid Suns). Ilustra a vida cotiá de tres xeracións de mulleres afganas. Iso non é vivir!
Comentario por Xesús Constela (07-05-2010 18:12)
6 Vaia que si! Non por xa coñecida de mais, deixa de sorprender esta imaxe.

O que máis me amola é que ata por aquí están empezando a xurdir tamén talibáns que ven con p#blgtk08#ánico que algunhas mulleres teñamos conciencia de selo. Xa non é primeira vez que escoito que "as mulleres tiñan que vos tapar a boca", dito por homes novos!

En fin!
Comentario por A nena do paraugas (08-05-2010 07:26)
7 Pois vaia con eses homes novos! Moitas veces dá a sensación de que#blgtk08# hai xente que vai cara atrás desacompasada co mundo, non credes?
Comentario por Xesús Constela (10-05-2010 21:23)
8 E haberá quen as considere privilexiadas porque están motorizadas. Hai expresións culturais que só se explican en función da xustificación da desigualdade. Aceptar ca#blgtk08#lquera tipo de desigualdade leva a situacións como esta. A desigualdade económica, que aceptamos como normal, non leva o burka, pero si a outros "burkas" máis sutís.
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0