Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Pola liberdade de expresión
Hoxe é o Día mundial da liberdade de prensa, instituído pola UNESCO.

Que grande sería non ter que reivindicar nunca máis a liberdade de expresión neste mundo noso.

Cantos xornalistas non poden desenvolver o seu traballo por presións de índoles diversas!

Cantas persoas non poden falar con voz alta e clara para dicir o que pensan!

Véñenme á cabeza montañas de exemplos.
Son tantos os camiños utilizados para pechar xornais, para prohibir informacións, para proscribir o uso de determinadas linguas nos medios de comunicación...

Veña un grolo por todos os valentes que claman contra das inxustizas con voz alta e clara!

Que nunca ninguén teña que ficar calado pola imposición daqueles que só cren no pensamento único!

Viva a información libre!


Comentarios (9) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 03-05-2010 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Veña ese grolo, txin txin. Por certo añadín o teu blog a #blgtk08#miña lista de recomendados, espero que non che importe.
Comentario por A cruz da Campa (03-05-2010 21:52)
2 Exatamente Xesús! Quantos exemplos mostram a vergonha de ter que se omitir e submeter-se #blgtk08#a cumprir ordens de calar-se...
Junto-me ao grolo para a liberdade de expressão!!!
Comentario por Solange Couto (03-05-2010 22:36)
3 A palabra é o que fai que sexamos distintos a outros seres vivos. A habelencia coa palabra fai de nos seres xeniais. Mágoa que uns seres h#blgtk08#umanos traben a liberdade para expresarse dos outros. Veña ese grolo (non sei como imos rematar neste bloge con tanto grolo, pero gústame)
Comentario por E Carpente (03-05-2010 23:28)
4 Que paradoxal semella o feito de reivindicar a liberdade de expresión nun medio como é a prensa, que é o medio fundamental que temos para conseguir a información. Que inxusto é pensar que esa i#blgtk08#nformación case nunca é imparcial, moitas veces nin é real, está contaminada, e, coma ben denuncia a existencia deste día, mesmo se atopa silenciada en moitos países, por non dicir en todos...
Comentario por Eva Lozano (04-05-2010 11:42)
5 A prensa é tan parcial como parcial é a visión do ser humano. Ás veces resulta realmente difícil atopar a realidade "agachada" debaixo das novas dos xornais, das emisoras de radio e dos noticiarios da televisión. A manipulación da información sempre está servida, polo que convén contrastar fontes a cada momento. O silencio imposto dende o poder é unha lacra da sociedade actual que non é doada de erradicar, xa que os grandes grupos de poder mediáticos fan que teñamos que estar moi ao tanto do que lemos, vamos ou escoitamos. Mais existe países (non tan lonxanos) onde só unha visión d#blgtk08#eterminada está permitida. Eses grandes grupos teñen tanto poder que manipulan a opinión pública até o punto de derrocar gobernos e de cambiar o rumbo dos procesos electorais. Véxase o caso de La Voz de Galicia, sen ir máis lonxe, u xornal onde todo hai que lelo entre liñas, onde convén peneiralo todo para dar coa realidade tal cal é. E non é o único. Non vos preocupeds pola intoxicación dos grolos que botamos neste blog, que como son virtuais non agachan perigo ningún. Por certo, Cruz da Campa, como vai parecerme mal que inclúas este blog entre os teus recomendados. É unha honra!
Comentario por Xesús Constela (04-05-2010 12:24)
6 Tes toda a razón! E canto ao xornalism#blgtk08#o e en canto as grolos, claro que si!
Comentario por Eva Lozano (04-05-2010 15:53)
7 En canto aos grolos, se cadra #blgtk08#non son tan virtuais.
Comentario por Eva Carpente (04-05-2010 16:03)
8 Ei, fala por t#blgtk08#i...
Comentario por Eva Lozano (04-05-2010 19:32)
9 Non esquezamos que uns dous mil millóns de seres humanos no#blgtk08#n teñen recoñecido dito dereito (feita a conta sen rigor).
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0