Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Brian Patten: A confesión do pequeno Johnny
Agasalloume hoxe Eva Lozano con este fermoso poema de Brian Patten, integrante xunto con Adrian Henri e Roger McGough do Trío de Liverpool, que eu me permito traducir ao galego:

A confesión do pequeno Johnny

Esta mañá
sendo máis ben novo e parvo
collín prestada unha metralleta que meu pai
deixara agachada dende a guerra, saín
e eliminei un bo número de pequenos inimigos.
Dende entón non volvín pola casa.

Esta mañá
multitudes de policías con cans
andaban pola cidade
coa miña descrición impresa
nas súas mentes, a preguntar:
"Vírono?
Ten sete anos,
gústanlle Pluto, o Super Rato
e Biffo o Oso,
Vírono nalgures?"

Esta mañá
sentado só nun estraño campo de xogos
a dicirme equivocácheste equivocácheste
unha e outra vez
planeo o meu seguinte movemento
pero non podo moverme.
Os cans van ulisquearme,
teñen os meus caramelos.
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 29-04-2010 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Eu teño un microrrelato homenaxe a este poema que compartirei con vós:

EU NON FUN

Soaba o teléfono e ninguén se movía. Os pais, dende a terraza, parecían non escoitalo, e o servizo, na cociña, permanecía inmóbil, en silencio. De vez en cando o to cesaba, para volver a rexurdir despois, se cabe con máis forza.
Nil xogaba no seu cuarto. Cada superhéroe cumpría unha misión. Spiderman trepaba polo edificio para obter unha mellor perspectiva. Hulk destrozaba os tanques inimigos a trompadas, coma un tolo, sen control, coma posuído. Batman, com#blgtk08#o non, escapaba con Catwoman no seu Batmóvil, sempre escaqueándose, sen prestar atención ao equipo. Nil desconfiaba del. Nunca seguía as súas instruccións, sempre ía á del, e, de todos, parecíalle o máis sospeitoso.
O teléfono non paraba de soar. Comezaba a molestarlle. Tería que collelo. Ninguén se movía.
-Diga?
-Están os teus pais?
-Non. Xa non queda ninguén. Coido que foi Batman.

Pois isto é todo. Espero que vos guste...
Un grolo coma os que facían eles nos pubs polo trío de Liverpool e as súas mentes "insanas"!!
Comentario por Eva Lozano (29-04-2010 20:18)
2 Vaia un relatiño fermoso, Eva. Unha atmosfera perfecta#blgtk08# en moi pouca liñas, o cal nunca é doado de conseguir.
Comentario por Xesús Constela (30-04-2010 19:02)
3 Vai o meu grolo também Eva! Eu gostei muito e gostei também do poema de Brian.
É muito curiosa as imaginações das crianças! Lendo seu relato, revivi a experiência que tenho quando meu neto Gab#blgtk08#riel de 4 anos vem em casa com seus serper heróis. As fantasias que ele cria ao redor de seus personagens é fascinate... Uma coisa é certa o preferido dele nunca sai perdendo!


Comentario por Solange Couto (30-04-2010 19:47)
4 Eu xa sei que ti vales moito, desde os primeiros contiños cando tiñas 8 anos. Lástima que o resto do planeta non#blgtk08# poida disfrutar da tua obra. Eso parece que lle pasa a máis autores. Grazas por brindarnos esta pequena mostra.
Comentario por E Carpente (02-05-2010 00:41)
5 Nunca deixes de#blgtk08# escribir, Eva!
Comentario por Xesús Constela (03-05-2010 20:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0