Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do "abandono" de Suso de Toro
Recoméndovos que vexades o programa da TVG no que se entrevista a Suso de Toro e explica os motivos do seu "abandono" da literatura profesional.

Podedes velo aquí e despois sacade as vosas conclusións.

Non é moi diferente o que di do que estabamos a falar estes días neste blog acerca da situación da literatura galega na actualidade, da súa falla de incentivos e da necesidade de crear industria.

Comentarios (6) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 27-04-2010 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 COMEZA NO MINUTO 13...
Estiven con el en Barcelona o venres, polo Sant Jordi, e caeume moi ben, é moi cercano e simpático. Faleille da sorte que tivo a miña xeración de poder ler no instituto os seus libros en lugar doutros tostóns que ás veces impoñen. Liámolos todos, ano tras ano, e eran boísimos. Eu só lembraba "Ambulancia" e dinlle na diana, pobre home,#blgtk08# dicía: ai, que bestia, que libro máis bruto, nunca máis fixen algo así... Eu non lembro ben os argumentos, nin os outros títulos, pero sei que naquela época gocei moito daquelas lecturas, foran bestias ou non, e puiden, por fin, agradecerllo!! Unha mágoa que todo aquilo que tentou facer pola nosa cultura non acabara ben. Estamos mellor, pero aínda falta tanto...
Comentario por Eva Lozano (27-04-2010 19:33)
2 Falta moito, Eva. Non pode sosterse unha literatura de escritores afeccionados que escriben no temnpo libre. Iso non pode ser. Só Suso de Toro e Manuel Rivas (non sei se agora o Domingo Villar co gran apoio do que goza) se podían permitir o luxo de vivir polo menos do que escribían#blgtk08# nos xornais, das conferencias, das traducións... E falo en pasado porque agora xa non vai ser o caso de Suso de Toro. Temos un país con baixa autoestima crónica. Onde estará o revulsivo que o vai facer espertar? Será posíbel ou andamnos todos a soñar cunha andrómena irrealizábel?
Comentario por Xesús Constela (27-04-2010 20:52)
3 Supoño que pouco a pouco, con calma e con paciencia, todo chega, sempre que non nos rindamos... Suso de Toro, evidentemente, necesita un cambio na súa vida, e aínda que algo ten que ver na súa decisión a situación actual do galego, coido que a decisión é máis persoal, máis íntima#blgtk08#. Nalgún momento todos necesitamos darlle un xiro á nosa vida, e coma educador, seguro que bota en falta o contacto cos alumnos, e unha vida máis normal, cun bo horario, boas vacacións... Xa sei que o ensino ten tamén o seu punto estresante, pero ben levado é moi gratificante...
Comentario por Eva Lozano (27-04-2010 22:34)
4 Logo de ver a Suso de Toro e de escoitalo, fago a reflexión seguinte: Se os autores non poden vivir da sua obra cómo é que pode vivir a editora con todos cantos viven da edición?. Seguro que algo se me escapa xa qe non coñezo o negocio por dentro. Tamén pode ser que extrapolando a literatura a, por exemplo, o mercado lácteo. Os escritor escribe unha novela e o gandeiro cría unha vaca; ao escritor páganlle 10, 20 ou 30 euros por cada libro que se vende (dependerá do número de páxinas) e ao gandeiro páganlle 4 ou 5 céntimos. Os consumidores pagamos o que haxa #blgtk08#que pagar, se queremos leite ou se queremos ler. Ben, mais ou menos.

O de Suso de Toro debe ser unha medida ben dura de tomar. Eu non lle houbese dado publicidade, retornaría á miña praza, pero non daría expricacións. Soa basante raro decir: "retírome da miña profesión de escritor" hai moit@s que traballan do que sexa, e ademais escriben (case que tod@s) e de seguro que á volta dun tempiño presentará unha novela que logo de este pequeno sobresalto hase vender coma rosquillas, só por ver qué tal lle sentou o "descanso vital" que tanto necesita.
Comentario por Eva Carpente (27-04-2010 22:39)
5 Moi bo o exemplo do leite, Eva. É curioso pensar que Suso de Toro ande a queixarse cando é a envexa de moitos escritores que "pagarían" por estar no seu lugar. É difícil o sistema literario galego. Difícil para os autores e difícil para os editores. En que literatura europea non existe un gran premio que permita que os autores p#blgtk08#oidan permitirse deixar de traballar por uns meses para escribir, para producir cousas que axuden a facer país? Somos unha literatura a contracorrente que aínda non comprendeu o lugar que ocupa no mundo. Niso somos fiel retrato deses país que vai dacabalo dunha folla no vento. A ver se pousa dunha vez e podemos centrarnos todos!
Comentario por Xesús Constela (27-04-2010 23:48)
6 Coido que Suso de Toro explicouno ben: a súa intención non era largalo aos catro ventos, só puxo un pequeno comentario no blog, pero o boca a boca fixo o resto. Agora xa está, todo o mundo o sabe e é certo que isto lle dará publicidade, pero primeiro: non a necesita, e #blgtk08#segundo: non foi conscientemente. Estes que si poden vivir da literatura non teñen a culpa de ter esa sorte, as editoriais, os incentivos das institucións... eses teñen a culpa, e un chisco a sociedade que aínda prefire ler en castelán e non intenta o cambio dunha vez!
Comentario por Eva Lozano (28-04-2010 23:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0