Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da morte de Alan Sillitoe
O pasado domingo morreu Alan Sillitoe, un dos grandes da literatura inglesa contemporánea, integrante do grupo que se coñeceu como Angry Young Men, un deses creadores de personaxes cos que resulta doado manter un alto grao de empatía.

Se non lestes The Loneliness of the Long Didstance Runner (A soidade do corredor de fondo) ou Saturday Night and Sunday Morning, é un bo momento para facelo!

Recoméndovos a primeira.
É unha lectura da que nunca vos arrepentiredes.

Marabilloso o protagonista, Colin Smith, un deses personaxes que nunca se esquecen.

Veña un grolo por Sillitoe!

Velaquí tedes o comezo da película que fixo Tony Richardson (English Free Cinema) acerca do libro:

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 27-04-2010 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Sóame moito, pero non lin o libro... Ten unha pinta estupenda, que diálogos!
Un grolo por Sillitoe e por tod#blgtk08#os os escritores rompedores, protestones e orixinais!! Coñeces o grupo de poetas de Liverpool dos anos 50?
Comentario por Eva Lozano (27-04-2010 19:48)
2 O libro é unha colección de relatos e o do Corredor é o primeiro. Magnífico. Paga a pena. Eu lino hai moitos anos e teño na cabeza#blgtk08# imaxes imborrábeis. Iso é boa literatura! Non lin nada dos poetas de Liverpool dos 50. Haberá que procurar algo. Que recomendas?
Comentario por Xesús Constela (27-04-2010 20:47)
3 Brian Patten, Adrian Henri e Roger McGough, poetas, artistas, músicos, xeniais! Mandeiche un correo con exemplos, por non estenderme aquí tanto. Hai un pequeniño que pode dar a entender un chisco o absurdo das súas composicións:

The Leader

Roger McGough

I wanna be the leader
I wanna be the leader
Can I be the leader?
Can I? I can?
Promise? Promise?
Yippee I'm the leader
I'm the leader

OK what shall we do?

#blgtk08#/> "Quero ser o líder,
quero ser o líder.
Podo ser o líder?
Podo? Podo?
Promételo? Si?
Beeen, son o líder.
Son o líder.

Moi ben, que facemos?"

Non é o mellor, por suposto, nin ten moito que ver coa crudeza da liña poética destes tres, que de súpeto sorprenden cun romanticismo sen par, ao seu estilo, e con cousas absurdas, pero con mensaxe, como este exemplo que vos deixo. Espero que vos guste!
Un grolo polo chamado trío de Liverpool!!
Comentario por Eva Lozano (29-04-2010 00:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0