Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

D' O meu país de Miro Casabella
Ás veces un érguese da cama pola mañá cunha determinada melodía na cabeza sen que saiba moi ben por que.

Hoxe tocoulle a aquela canción de Miro Casabella, O meu país , dun disdco titulado Ti, Galiza, que ten xa unha boa morea de anos, tantos que eu teño na casa o vinilo asinado polos meus compañeiros de primeiro de BUP do Instituto "Concepción Arenal" de Ferrol.

A letra dicía:

O meu país, é verde e neboento
é saudoso e antergo, é unha xente e un chan
o meu pais, labrego e mariñeiro
é un recuncho sin tempo, que durme nugallán

Que quece na lareira,aló na carballeira
bota a rir
e unha folla no vento,alento e desalento
o meu país

O meu país,tecendo a sua historia
muiñeira e corredoira,acocha a sua verdá
o meu país saúda o mar aberto
escoita o barlovento,e ponse a camiñar

Cara a metas sin nome van ringleiras de homes
e sin fin
tristes eidos de algures, vieiros pra ningures
o meu país

O meu pais nas noites de invernía
dibuxa a sua agonía,nun vello e nun rapaz
o meu país de lenda e maruxías
agarda novos dias, marchando de vagar

Polas corgas e herdanzas
nasce e morre unha espranza, no porvir
e unha folla no vento, alento e desalento
o meu país.


Quizais todo viña a conto do último comentario que deixei ao artigo anterior, no que falaba deste país noso que non parece disposto a espertar de ningún xeito en medio da impotencia, ou da incredulidade, ou que sei eu, dos que levamos tempo a intentar facelo espertar.

Quizais sexa verdade a letra da canción e habitemos simplemente unha folla no vento.

Quen sabe?

Que facer para que a folla tome terra dunha maldita vez e poidamos comezar a traballar de xeito positivo?

Que?
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 25-04-2010 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 O problema deste pais é que durante moitos anos simplemente fomos unha recuncho esquecido do Estado. Porque os Ancares son moi dificis de cruzar e o mar é inm#blgtk08#enso. E nos Galegos deixamonos levar por ese olvido e deixamos de ter consciencia de esistir. Reverter este proceso é largo, pero ti tranquilo CONSEGUIREMOLO.
Comentario por A cruz da Campa (25-04-2010 20:59)
2 Supoño que o primeiro que temos que facer é tomar conciencia de que somos parte desta t#blgtk08#erra e nos debemos a ela. Pero como di A Cruz da Campa, levamos séulos no esquecemento.
Comentario por A nena do paraugas (25-04-2010 21:38)
3 Trátase de teimar, de persevera#blgtk08#r, algún día habemos acadalo.
Comentario por Eva Carpente (25-04-2010 22:44)
4 Non podemos facer moito por cambiar ao veciño, pero si por tirar para adiante como persoas cunha identidade que resp#blgtk08#ectamos e pola que facemos grandes ou pequenas cousas (educar, escribir, ler, defender a palabra de nós...)
Comentario por Eva Lozano (26-04-2010 01:04)
5 Penso que se pode contradizer a letra da canção: Não deixe#blgtk08#m morrer a esperança e, esta folha ao alento, recolham-na!
Comentario por Solange Couto (26-04-2010 02:23)
6 Creo que seguimos a ser un recuncho esquecido do Estado, unha nación condenada a ser minusvalorada. E o problema máis grave é que, moit@s d@s galeg@s, levan incrustada ben dentro esa mesma sensación con respecto á propia comu#blgtk08#nidade e aos seus integrantes. É certo que e trata de perseverar, de teimar... pero ata cando? Suso de Toro acaba de dicirlle adeus ou quizais "deica logo" á creación literaria na nosa lingua. Creo que non vai ser ó último...
Comentario por Ledicia C. (26-04-2010 21:53)
7 Agradécense as mensaxes optimistas. Será cuestión de seguir a agardar, pero doe ver que nada se move nunca neste país noso, preso dunhas inercias que serían merecentres dunha longa e repousada ter#blgtk08#apia para facer medrar un pouquiño a autoestima ferida da Terra. O de Suso de Toro foi unha sorpresa moi desagradábel e non sei o alcance que pode ter o seu abandono. Teremos que estar pendentes.
Comentario por Xesús Constela (27-04-2010 17:24)
8 Suso de Toro non abandona a literatura. Vai v#blgtk08#olver ao ensino pero vai seguir escribindo.
Comentario por Xesús Constela (27-04-2010 17:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0