Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A ver se espertan os editores galegos
Outro día do libro. Benvido sexa.
Hei recoñecer unha certa envexa de todos eses autores que nas rúas de Barcelona están a compartir o día cos seus lectores.

Hei recoñecer unha certa envexa dun sistema literario, o catalán, perfectamente enraizado na poboación.

Descoñezo acantidade de libros que poden estar a venderse na data de hoxe para seren intercambiados por flores.

Cando espertará o noso sistema literario aletargado de máis?

Debo insistir unha vez maís na miña teima de convidar os editores galegos afacer industria, industria de verdade, a industria que merecen o noso pobo e o noso idioma.

Unha vez máis poño o exemplo dese viño albariño que se fabricaba de xeito artesanal e se consumía nas casas. Agora véndese nas mellores viñotecas do mundo e consúmese como é de merecer, non podía ser doutro xeito, nos mellores rstaurantes, presente como está nas súas cartas.

Agradécese ao mundo editorial galego o pulo que lle deu á nosa literatura nos seus momenmtos máis difíciles. Non sería honesto negar a súa loita a contracorrente e os grandes logros conseguidos hai anos.

Pero teñen que poñer as pilas ou a nosa literatura esmorecerá no mesmo lugar onde naceu, co que o mundo perderá grandes obras de grandes autores.

Non podemos agardar que os nosos choscos gobernantes apoien algo que decididamente non é do seu interese. Non podemos contar con eles.

Un libro nace da man do seu autor e cando por fin se edita pertence á editorial e aos lectores, polo que é labor da editorial, non do autor, intentar facer industria, e a industria non medra se non existe risco e promoción.

Se non se venden libros acabaremos coma os poetas provenzais!

Os editores teñen que ir na procura de lectores. Nunca vai funcionar o asunto ao revés.

Nunca.
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 23-04-2010 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Desistir nunca, persistir sempre!
E você Xesús, com seus meios possíveis, deve insistir realmente, para que não caia no esquecimento.
O que seria das editoras sem vocês escritores? E, o que seria de nós, sem estes livros que nos leva a viajar, sonhar #blgtk08#e enriquecem nossos conhecimentos?
Vocês têm uma carta na manga e podem usá-la!
Boa sorte aos escritores todos,mas em especial, aqueles que lutam como você pela conquista do espaço do seu idioma e que assim ele seja reconhecido de uma vez por todas.
Comentario por Solange Couto (23-04-2010 21:06)
2 Das editoras non sería nada sen escritores, coma sementar nunha leira na que non vai medrar nada. Nós temos a materia prima da lingua, o soporte do que se constrúen as esculturas, a pintura da que se pintan os cadros, a imaxe da que se revelan as fotografías, a visión, a terra moldeada, o mármore esculpido, a verba escrita... #blgtk08#E despois está o mercado que compra o cadro, que comercia coa imaxe... Somos artesáns da palabra. Xusto despois dese momento non somos nada! Qie pulo necesitamos para sobrevivir? O pulo da industria que non existe, a forza do mercado, a necesidade de ocupar un espazo maís grande no mundo, o que historicamente nos corresponde.
Comentario por Xesús Constela (24-04-2010 01:00)
3 Levas razón. O malo é que me dá a impresión de que o mundo editorial é un territorio de difícil acceso, coido que está demasiado pechado.
Aquí nesta terra penso tamén que na promoción da lectura se gastan moitos fondos erradamente e en xeral, déixase n#blgtk08#a man das escolas e non todo o mundo está disposto a poñela en marcha, xa que iso require desenvolver moitas tarefas diariamente, ao lado das que son obrigatorias no ensino e iso custa tempo e recursos, pero sobre todo tempo, fóra da xornada escolar.
Comentario por A nena do paraugas (24-04-2010 07:22)
4 No que rspecta á cultura en xeral neste país gástanse erradamente a meirane parte dos fondos, e máis con esta administración que nos toca padecer: Cidade da Cultura (que aínda non sabemos para que vale), Xacobeo (que dilapida fondos a esgalla)... Entrementres hai grandes escritores que non venden #blgtk08#libros, grandes actores a agardar que alguén lles dea o lugar que lles corresponde... É unha cultura que necesita facerse ver nos grandes espazos internacionais. Ou iso ou esmorecer, xa o dixen, no lugar onde nace. Unha lástima! Ou unha inxustiza! Habería que replantexar moitas cousas. Demasiadas.
Comentario por Xesús Constela (24-04-2010 13:25)
5 Onte tiven a sorte de pasar o día en Barcelona e de verdade que podemos dicir que o Sant Jordi é o día máis importante en Catalunya con diferenza... Nin a Diada (Día de Catalunya-11 de setembro) nin nada, o día grande é o día do libro e todo o país compra libros e rosas a esgalla: millóns de libros! Todos os escritores estaban alí, mediáticos e non mediáticos, máis ou menos coñecidos, de todas as partes do mundo... Tamén galegos, como non: Suso de Toro, Manuel Rivas e Domingo Villar, quen se non? É o que di Xesús, as editoriais fomentan as traducións destes tres e punto, sen pensar que en Galicia hai máis escritores, moitos máis, á espera dese pulo pola súa banda. E eu, coma tradutora, dinllo feito: t#blgtk08#eño cinco proxectos no caixón que de verdade estou segura de que poderían ser grandes vendas, pero non, non vaia ser... Un caso claro é o de Xesús, cunha novela súa en castelán e outra en catalán á espera; ou Francisco Castro, que precisamente é editor e non se vende nin a el mesmo, cando ten dúas das súas obras, tamén premiadas, traducidas ao castelán por min; e Albert Espinosa, súper vendas en toda España, traducido a moitísimas linguas, decenas de edicións do seu primeiro libro, e cal foi a súa primeira tradución: a miña, ao galego! E onde a temos? No caixón... Si, ninguén a quixo, e agora Albert acaba de sacar o seu segundo libro e onte dicíame: temos que traducir este tamén... Era broma, supoño!
Comentario por Eva Lozano (24-04-2010 15:09)
6 Non hai demasiadas cousas que envidie de outras culturas, estou moi orguioso da miña, da galega. Pero a tradición leitora dos catalans dame envexa. Poñobos un exemplo, servidor lee unha media de 2 libros mes, e gostaríame que fosen mais pero escaseza de temp#blgtk08#o impidemo, o comentario de miña nai cando me ve lendo é "inda te has de volver tolo, tanto libro" eiqui, por desgraza consideramos que hai que ler mestres se está a estudar e despois xa está todo lido. Correspondenos as novas xerazons cambiar isto. Saudos.
Comentario por A cruz da Campa (24-04-2010 18:35)
7 Eu non son profesional dal letras, pero son lectora e teño que dicir que estou de acordo cos vosos comentarios. Hai un par de meses limos no clube de lectura ao que pertenzo, un libro de Xabier Quiroga "Atuado na braña" e tivemos a sorte de contar coa sua presenza para comentalo.
Foi unha noite que imos lembrar por moito tempo. Entre a gran cantidades de cousas que dixo (#blgtk08#ten unha facilidade de palabra que da envexa)unha delas foi: en Galicia non se pode vivir da literatura, ben, tres ou catro autores mimados polas editoriais si, pero o resto non, porque as editorias só publican en galego e se non venden traduccións, pois no se venden libros, só somos 3.000.500 galegos. Vese que o resto dos españois non teñen dereito a gozar da literatura galega.
Comentario por E Carpente (24-04-2010 23:58)
8 O dito: o mundo perderá grandes autores e grandes obras. Non seiq ue pasa neste país noso que tanto traballo #blgtk08#costa arrancar e botar para adiante. Unha lástima. A mágoa é non dar nunca coa solución. Que podenmos facer?
Comentario por Xesús Constela (25-04-2010 19:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0