Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos indios de Brasil
Hoxe é o Día do Indio no Brasil.

A fotografía enviouma Solange, visitante diaria deste Tiñádelo que ver, e está feita por ela.

Vaia unha imaxe fermosa a desas catro persoas a falar tranquilamente á beira do mar na praia de Bertioga, xusto á beira dese mar polo que chegaron os invasores para expoliar as súas terras!

A terra pertencía (pertence) ao indio, do mesmo xeito que lle pertencían (pertencen) as súas palabras, os seus bailes, a súa música, os seus costumes arrebatados pola man sen escrúpulos do colonizador.

Que ficou de todo iso?

En calquera recuncho do mundo a colonización deixou fondas e indestructíbeis pegadas da usura europea que nunca imos ser quen de poder recompensar.

A deforestación da Amazonia avanza a pasos de xigante e en cada avance hai unha vila, hai dúas vilas, hai tres vilas... de indios que perden todo canto posúen a medida que as taladoras de árbores entran na selva coma modernas predadoras.

Que se pode facer para parar esta vergoña?
Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 19-04-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Infelizmente não temos muito o comemorar. O descaso por este dia é muito grande. Já percorri vários meios de comunicação escrito e falado, e,pelo que vejo, esta data já está por esquecimento...Quando eu ainda era criança, obrigatoriamente se falava nesta data, faziamos comemorações,pesquisas escolares, etc... Hoje, eu ensino a minha filha as datas comemorativas de relevante importância histórica.
Segundo a FUNAI(Fundação Nacional do Índio)vivem no Brasil cerca de 460 mil índios, divididos em várias sociedades ind#blgtk08#ígenas, preservando na medida do possível, sua cultura,suas tradições, seus costumes, seu idioma e acredito a mais importante batalha que eles vem lutando para conseguir é o de preservar suas terras, que, por ganância do homem estão acabando com o pouco que resta ainda da nossa Amazônia.
Esta foto veio mesmo a calhar! No meio de tanta gente, ainda se encontra alguma brecha para o sossego.
Obrigada Xesús pela matéria e pela oportunidade de mostrar aos seus visitantes, as riquezas deste noso mundo inxusto...
Comentario por Solange Couto (19-04-2010 20:53)
2 Grazas mil a ti, solange, por botar unha pouca de luz encol dun tema que aquí pasa desapercibido. Esta vella colonización europea deixou pegadas por todos os recunchos do mundo e en ningún momento ninguén se plantexou a idea de compensar de ningún xeito as inxustizas cometidas contra os colonizados. Agora a "civilización" pasa factura das terras dos indios, as que lles pertenceron xeración tras xeración. Son terríbeis os datos que achega Greenpea#blgtk08#ce acerca da desertización da Amazonia brasileira, a terra onde principalmente viven as poboacións indíxenas (se non estou errado). É hora de que os gobernos todos de Latinoamérica se poñan a traballar para mellorar as condicións de vida de todas esas persoas e para devolver o valor real que as súas formas de vivir, de pensar e de ver o mundo acaden o lugar que por historia lles corresponde. Se non fose por todos eles Latinoamérica non existiría!
Comentario por Xesús Constela (20-04-2010 12:32)
3 Aínda diría máis: coido que os indios xa estarían contentos con que simplemente lles deixasen vivir en paz, aínda que non lles compensasen por todo o dano feito, que sería o seu, evidentemente... A estas alturas pode que abondase con iso,#blgtk08# con deixar de estragar o seu hábitat e de explotar os seus recursos. Non sei quen lles deu permiso aos "poderosos" para apoderarse dese xeito da riqueza allea. Que pensarían se lles fixesen o mesmo a eles? Porque riqueza teñen, e moita!!
Comentario por Eva Lozano (20-04-2010 13:15)
4 Esquecín o groliño polos indios brasileiros e por todos en xeral!!
Un grolo tamén por Bertioga, a antiga terra de Solang#blgtk08#e, as praias nas que a súa fermosa filla Cássia aprendeu a camiñar por este mundo que aínda que inxusto tamén ten moito de bo!!
Comentario por Eva Lozano (20-04-2010 13:17)
5 Pois si señor. Tes razón, Ev#blgtk08#a: Un grolo por todos eles!
Comentario por Xesús Constela (20-04-2010 18:58)
6 Obrigada Eva! Você é sempre muito gentil.
Realmente a praia de Bertioga faz parte da minha vida...E faz a diferença!
Quanto ao povo indigena de Bertioga em específico, são uma população de aproximadamente 300 índios tupi-guarani, divididos em 6 grupos com 6 líderes que auxiliam o cacique. Essas famílias sobrevivem do cultivo do palmito pupunha e da venda de artesanatos, comercializado em feiras livres e plantas ornamentais na Rodovia Rio-Santos além de#blgtk08# criação de animais.
Danças, dialetos e cantos sagrados ainda permanecem como fortes traços dos guaranis.
A comunidade indígena conta com atendimento na área de Educação e Saúde, tendo uma escola para as crianças índias, onde aprendem em português e tupi-guarani.
O acesso à Aldeia só pode ser feito com acompanhamento de agência do turismo local e depende de autorização da FUNAI.
Quem sabe um dia vocês venham passear por Bertioga!
Comentario por Solange Couto (20-04-2010 19:08)
7 Quen sabe, Solange, se non nos encontra#blgtk08#remos nas areas de Bertioga algún día.
Comentario por Xesús Constela (20-04-2010 23:07)
8 O Brasil é um país muito acolhedor!
#blgtk08# Será moi fermoso ese encontro!!!
Comentario por Solange Couto (21-04-2010 13:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0