Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

D'A Illa do Tesouro de Stevenson
Espertaron onte en min os rapaces do Clube de lectura do IES de Meaño unha morea de lembranzas cando un deles me dixo que o libro que leran antes do meu fora A illa do tesouro de Robert Louis Stevenson.

Canto gocei de neno con aquela lectura fantástica, como me deixei levar polas reviravoltas da historia da man Jim Hawkins, de John Silver o Longo e dos piratas aqueles que cantaban "Ron, ron, ron, a botella do ron!"

Viaxou a miña mente aos meus once ou doce anos, e estaba na praia de Ares deitado nunha toalla co libro na man...

E chegaba a noite e eu seguía a ler, pero desta volta na liteira de abaixo no cuarto que compartín toda a vida con meu irmán Xurxo, que prefería a lectura dos cómics do "Capitán Trueno" e o "Jabato".

De novo Stevenson me fixo viaxar, desta volta cara aos recunchos máis afastados da miña nenez!

Veña un bo grolo por ti, Robert Louis!

Un grolo de agradecemento!
Comentarios (8) - Categoría: De literatura - Publicado o 08-04-2010 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Eu compreillo hai pouco á miña filla, e sentín unha lixeira desazón por non telo lido nunca... Si, debo de ser a única que non o leu!! Aínda est#blgtk08#ou a tempo...
Falando das pequenas cousas: eu ía ás praias de Cabanas e Centroña, moi cerquiña de Ares, que cousas, o mundo é un pano...
Comentario por Eva Lozano (08-04-2010 21:52)
2 Não Eva, eu também não li. Mas bem disse, estamos a tempo! Vou procurá-lo, por aqui. Deve ser #blgtk08#tão fascinante, como as lembranças de Xesús.
Faz muito tempo, mas me lembro de Ares...
Comentario por Solange Couto (08-04-2010 22:43)
3 Ares forma parte inseparábel da miña nenez e da miña adolescencia. Nunca podería agachar, por moito que o intentase#blgtk08#, todos os recordos que me trae... A que agardades para lerdes a Illa do tesouro? Ron, ron, ron, a botella do ron!
Comentario por Xesús Constela (09-04-2010 12:22)
4 Ademais de por Robert Louis, un bo grolo polos irmáns Grimm. E outro por Bécquer. Polos Grimm, porque foi o primeiro libro que lin, cando apenas tiña 8 anos. Era un libro de formato moi grande, que trouxera nos trouxera como regalo cando veu de Venezuela. Tiña unhas lustracións moi fermosas, sen colorear, per#blgtk08#o cuns rostros tan expresivos que semellaba que me estaban mirando.
Por Bécquer, porque foi o primeiro libro no que, sendo adolescente, me descubriu que eu tiña uns sentimentos moi peculiares respecto das relacións de parella, da relación coa terra e coas bandeiras, sentimentos que aínda siguen vivos.
Comentario por A nena do paraugas (09-04-2010 15:11)
5 Veña pois un grolo por esas #blgtk08#lecturas iniciáticas todas!
Comentario por Xesús Constela (09-04-2010 17:26)
6 Aaaiii, es#blgtk08#e Bécquer!
Comentario por Eva Lozano (09-04-2010 18:41)
7 Teño un irmán un ano máis novo ca min co que consumía todo canto "tebeo" caía nas nosas máns. El Capitán trueno, El Jabato y Hazañas bélicas marcaron a nosa infancia. Tiña xa 14 anos cando lin "A illa do tesouro", na casa queixáronso de que cantaba iso da botella de ron mentres durmía (e co mal que canto #blgtk08#debeu de ser bastante tétrico). O primeiro libro de poesía que lin e que caseque podo recitar de memoria, son as Rimas de Bécquer. E un exemplar que hai que mimar, tratalo con moito coidado. Corre perigo de desfacerse de vello que está, pero ámoo, sempre terá un lugar no meu estante de libros preferidos.
Comentario por E Carpente (09-04-2010 23:33)
8 O segundo libro (novela) que eu leín despois do "Quijote". Obviamente gustoume #blgtk08#máis a "Illa do tesouro"; máis tarde entendín mellor a gran obra de Cervantes.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0