Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A maxia das cousas pequenas
Teñen maxia as cousas pequenas.

Fixádevos neses momentos en que coincidimos no pensamento coma se dunha telepatía de andar por casa se tratase.

Fixádevos nese amor nese pranto, nesa paixón, nesa dor, nese desacougo, nesa saudade, nesa felicidade... que esperta en nós un pequeno verso agachado nun poema, apenas unhas palabras rapidamente escritas, rapidamente pronunciadas.

Iso mesmo acontece coas cousas pequenas, con esas décimas de segundo dunha canción que nos evoca de súpeto a vida enteira, nese sobre que unha vez contivo unha carta agora perdida para sempre, nese anaco de fotografía antiga que descobrimos un día que andabamos a ordenar cousas pola casa e leva impresa a faciana dun amigo de quen nos afastamos hai moito tempo, ou a dun familiar morto hai anos, quen sabe!

Fixádevos nese aroma que chega ao noso nariz cando imos pola rúa camiñando, que dura apenas uns segundos pero ten o poder evocativo dunha tonelada de botellas de perfumes carísimos fabricados polos mellores perfumistas de París.

Que máxicas son as cousas máis pequenas e que pouco interese espertan en moita xente!

Non hai dereito.
Comentarios (7) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 08-04-2010 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Abrir un libro e atopar aquela frase que fala do noso presente...
Pensar en alguén que hai moito que non vemos e atopalo pola rúa...
Mirar pola ventá e atopar unha bandada de paxaros formando figuras... Para quen? Para ti! Para quen, se non?
A min encántame esa maxia do presente, ese desperta#blgtk08#r das emocións tralas situacións máis correntes, esa sintonía con persoas que acabas de coñecer, que sentes como amigos dende sempre, como se dende que o tempo é tempo vos coñecésedes, coma se non houbese segredos... Eu sinto, e vexo que non son a única.
Coma no post anterior, un grolo polos que sentimos!!
Comentario por Eva Lozano (08-04-2010 21:46)
2 Essas coisinhas pequenas que enchem nossos olhos, que enchem nossos corações de lembranças. Pequenas coisas,#blgtk08# que preenchem vazios... E tão pequenas, que enchem nossas vidas de riquezas,de felicidade e de esperança...
Comentario por Solange Couto (08-04-2010 22:34)
3 Pelo que pude ler, me parece que estas coisas m#blgtk08#ágicas e pequenas trazem grandes inspirações...
Comentario por Solange Couto (08-04-2010 23:09)
4 Igual é que tomamos por pequenas, ou mellor dito, chamamos pequenas (con esa teima do se#blgtk08#r humano de sempre clasificalo todo) cousas que en realidade de pequenas non teñen nada!
Comentario por Xesús Constela (09-04-2010 12:20)
5 É de cousas pequenas, case insignificantes, do que se constrúen as vidas. Por iso son máxicas. Porque encerran máis de nós memos/as, ca cantos aplausos e galardóns poidan concedernos. Porque deixan en nós a máis sutil das herdanzas: a esencia.
Sempre que paso por un lugar cercano a unha panadería#blgtk08# e percibo o recendo do pan quente, transpórtome á miña nenez, rodeada de masa e fariña, de casqueiros, empanadas e patacas asadas no cinseiro do forno, á imaxe do meu avó, doente do corazón, coa man dereita metida no peto da chaqueta, como suxeitando a súa doenza, e coa esquerda pelando a pataca asada.
Comentario por A nena do paraugas (09-04-2010 15:00)
6 Nena do paraugas: Vaia un comentario fermosos que deixaches, que mesmo levaba o arrecendo da panadería! Iso é o que importa n#blgtk08#a vida: a esencia, que é a cerna das cousas todas e o material co que se constrúen as lembranzas. O demais son trapalladas.
Comentario por Xesús Constela (09-04-2010 17:29)
7 A min pásame moitas veces de estar pensando en alguén que fai tempo que non vexo e soar o teléfono... ese alguén chama deixándome asombrada. Ou dar con ese alguén na rua ou no super. Gústame moito iso.
O arrecendo dos fornos de pan é a cousa má#blgtk08#is rica e máis evocadora que hai. En Pontedeume está na rúa de San Agustín o forno de Sinda que enche o aire dun cheiro a melindres, bolas de nata e proias que me fan pensar que nunca medrei e que son as festas das peras e o mómaros veñen tras de min.
Comentario por E Carpente (09-04-2010 23:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0