Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da charla no IES de Meaño
A tarde foi redonda.

Ía un sol nada usual que convidaba a estar no xardín.

E así fixemos.

Unha rapaza do clube de lectura (Ainhoa, creo) incluso foi coller flores para poñelas nun floreiro que puxemos en medio de nós todos, na herba.

E comezaron as preguntas da rapazada, todas elas intelixentes e ben formuladas, todas merecedoras de longas respostas.

Dá gusto ver nos lectores o interese que amosan por saber como se foi configurando unha novela.

E dá gusto ver que detrás deles hai un profesorado moi interesado en espertar no alumnado o gusto pola lectura.

Moitas grazas aos rapaces e rapazas integrantes do Clube de lectura do IES de Meaño por unha tarde tan fermosa e moitas grazas polos comentarios acerca da visita colgados no seu blog.!
Comentarios (14) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 08-04-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 É muito bom ver quando os jovens se interessam pela leitura e pelo escritor!
É uma curiosidade sadia que nos leva a querer saber o "por que" das coisas. Não pense você que é só os jovens estudantes que gostariam de fazer-lhe perguntas. Eu também tenho muitas!
Há uns cinco anos aproximados, fui volu#blgtk08#ntária em uma escola, fazendo leituras para crianças do jardim de infância, as quais, ainda não sabiam ler, e, foi uma experiência gratificante demais. A reação das crianças é a mais pura realização para um adulto.
E que este encontro se repita por muitas vezes. Parabéns!!
A leitura é tudo de bom!
Comentario por Solange Couto (08-04-2010 19:39)
2 Fermosa frase final, Solange, tes toda a razón. Alédome moitísimo de que a xuntanza cos rapaces fose tan produtiva, é unha proba máis de que non está todo perdido, os rapaces e rapazas de hoxe tamén aman a lectura, tamén son intelixen#blgtk08#tes e están cheos de inquedanzas, de cousas boas... Non che me gusta nada esa mala fama que teñen ultimamente... Felicidades por ter tan bos lectores en todas partes do mundo, eh, Solange? E máis que terás coas traducións, xa verás!!
Comentario por Eva Lozano (08-04-2010 20:07)
3 Se che gustan as lecturas para nenos moi pequenos, de xadín de infancia, recoméndoche a lrectura do l#blgtk08#ibro "O peto da risa", da nosa amiga Eva Lozano, porque estou seguro de que é do gusto dos pequenos.
Comentario por Xesús Constela (08-04-2010 20:07)
4 Eva: Estabamos facendo os nosos comentarios ao mesmo tempo! Vaia unha compenetración! E#blgtk08#xistirá a maxia das cousas pequenas? De ser así acaba de afectarnos! Un grolo por ela!
Comentario por Xesús Constela (08-04-2010 20:09)
5 Fíxate nas horas #blgtk08#dos comentarios!
Comentario por Xesús Constela (08-04-2010 20:10)
6 Ei, Siiii!!! Eu creo moito na maxia das pequenas cousas, coido que xa o sabes, precisamente pola presentación do conto que recomendas, o meu "Peto da Risa", na que falei das fermosas "casualidades" que me uniron a María Noel, a ilustradora do conto, coa que aínda manteño unha estreita amizade. Contigo pasou algo semellante, conectamos moi ben dende o primeiro momento, e para min foi un fermoso detalle que viñeses á presentación aquel día... Agardo o momento #blgtk08#aquel no que cando Solange estea en Galicia nos xuntemos todos nalgún momento (con miña nai, a nena do paraugas, se quere...) Conseguireino!! Eu sonche así! O meu primeiro conto tamén falaba da maxia das cousas que nos rodean, aquelas sensacións máxicas que sentimos cando estamos "alerta" e observamos o mundo cos ollos do corazón.
Un grolo por todos nós, que nos fixamos nestas cousiñas que nos fan máis vivos e nos axudan a gozar da vida doutro xeito!!
Comentario por Eva Lozano (08-04-2010 21:38)
7 Moitas grazas, por certo, pola re#blgtk08#comendación que fas do meu conto!
Comentario por Eva Lozano (08-04-2010 21:48)
8 Com certeza Xesús, já darei um jeitinho brasileiro de providenciar o livro "Peto da Risa" de minha grande amiga incentivadora Eva Lozano. E, como não, E#blgtk08#va, estamos programando esta visita à Galicia, e não vejo a hora que chegue...Será um prazer enorme poder encontrar com todos vocês!
Un grolo já!
Comentario por Solange Couto (08-04-2010 22:22)
9 Moitas grazas por falar de nós do teu blogue. Gustounos moito que viñese a visitarnos un escritor tan coñecido e que tiveses a amabilidade de responder as nosas preguntas. Leremos o teu primeiro libro para que volvas. Sorprendéronos moitas cousas: como empezaches a escribir, a inspiración do libro, as fontes das túas historias (como o das noticias nos xornais), a facilida#blgtk08#de coa que se pode iniciar unha historia.... Tiñamos un concepto distinto dos escritores, como alquén máis seiro e inaccesible (morto mesmo en moitísimas ocasións) e cambiaches esta perspectiva para nós.
Atrevémonos a corrixirte nun aspecto, a moza das flores é Bea e o nome que a ti che soaba era Naiara, non Ainhoa. Pero perdoámosche o despiste.
Un abrazo.
Comentario por O clube de lectura do IES de Meaño (09-04-2010 12:47)
10 Perdón en primeiro lugar a Bea polo despiste (e tamén a Naiara). sexa como sexa sempre gardarei a lembranza das flores. Cando a un lle gusta#blgtk08# aquilo que fai, cando cre no seu traballo e o fai con amor e con entrega todo resulta pan comido. Foi un pracer compartir a tarde con vós!
Comentario por Xesús Constela (09-04-2010 17:32)
11 Canto debiches disfrutar desa tarde cos rapaces! e qué bo é que se poida contar con eles para artellar un futuro máis natural e equilibrado que o que se albisca nos telexor#blgtk08#nais!
Eu xa teño bastantes anos, pero gocei do "Libro das Alquimias", como xa te comentei, e moito. Noraboa e a seguir escribindo, que xa ves que estamos agardando.
Comentario por E Carpente (09-04-2010 22:56)
12 Grazas por vires a visitarnos o ies foi un pracer moi grande para nos compartir esa maravillosa tarde con vostede e tamen grazas por reti#blgtk08#ficar o de "Ainhoa" quedará como unha anecdota mais de esa tarde. Espero que volva por alí e que siga escribindo tan ben como ata agora.
Comentario por Naiara García (14-04-2010 19:34)
13 Ola, que sepa que me encantou tanto a min como aos meus compañeiros pasar esa tarde tan tranquila con vostede,o da confusión co meu nome#blgtk08# non pasa nada.
Cando volva por ali volvereille levar flores. Espero poder leer pronto ese libro que esta escribindo. Un saludo.
Comentario por Bea (14-04-2010 21:34)
14 Mira que ben están os alumnos#blgtk08# mentres a ti te dá o sol...
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0