Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Rafael Alberti
A semana pasada pasei polo Puerto de Santa María, na provincia de Cádiz, e non puiden evitar unha visita á Fundación Rafael Alberti.

Gustoume a exposición permanente acerca da vida e a obra dun poeta que sempre admirei, especialmente as vitrinas que contiñan algúns manuscritos deses poemas que tantas veces me fixeron soñar. Poder velos escritos da propia man do seu creador, cunha escrita por certo moi fermosa, foi unha delicia.

Vaia unha vida terríbel a da Xeración española do 27, marcada pola traxedia terríbel da guerra, a morte, a ditadura e o exilio.

Rafael Alberti tivo polo menos a sorte de poder volver ao seu Puerto de Santa María! No camiño, na lonxanía do tempo, moitas veces soterrados nas foxas comúns, quedaron os cadáveres de moitos dos seus amigos e compañeiros de xeración.

Eran fermosas as fotografías do poeta a falar cos milicianos na guerra e aquela tan famosa da súa entrada no Pazo do Congreso da man de Dolores Ibárruri, Pasionaria.

Que grande a poesía de Alberti!

Si mi voz muriera en tierra,
llevadla al nivel del mar
y nombradla capitana
de un blanco bajel de guerra.
¡Oh mi voz condecorada
con la insignia marinera:
sobre el corazón un ancla
y sobre el ancla una estrella
y sobre la estrella el viento
y sobre el viento la vela!


Veña un grolo por Rafael Alberti!


Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 06-04-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que bonito poema. Non son moi fan de Alberti, seguro que por puro descoñecemento, porque a min gústame outro tipo de poesía, ademais, pero recoñezo que é un dos#blgtk08# grandes e que aquelas épocas do 98 e despois do 27 déronnos grandes clásicos.
Únome ao grolo por Alberti e por todos os que nos deixaron demasiado cedo!
Comentario por Eva Lozano (06-04-2010 20:54)
2 Embora não tenha conhecido Alberti, eu gostei muito da poesia. Imagino as raridades que tenha deixado escrito.
Eu particularmente, gosto muito desta#blgtk08#s exposições, principalmente quando podemos ver os manuscritos e acompanhar a evolução de um grande poeta.
Adoro poesias!!
Un grolo si señor!
Comentario por Solange Couto (07-04-2010 00:34)
3 Hai xa moitos anos que tiven que ler a Alberti, para un exame de literatura. Gustoume, aínda que desa xeneración, q#blgtk08#uédome con Lorca e coas letras cheas de verde e bronce, de lúas e xitanos, de rúas edificios que ás veces agobian.
Comentario por A nena do paraugas (08-04-2010 06:53)
4 Lorca é un verdadeiro monumento literario. Moitas veces penso que tería acadado un nivel estratosférico de non se#blgtk08#r polo maldito franquismo. Toda esa xeración ten un algo contaxioso que transmite sentimentos fondos de verdade.
Comentario por Xesús Constela (08-04-2010 18:16)
5 Cantas veces releín "#blgtk08#Marinero en tierra"!
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0