Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Unha vaca á beira do mar
Fotografieina a semana pasada nun estremo da longuísima praia de Zahara de los Atunes.

Que facía esta vaca á beira do mar?

Que estaría a pensar de min mentres lle facía a fotografía e me fitaba con eses ollos que parecían dicir "que fai este home metido na auga a mirar para min"?

Xusto á beira da praia e antes de entrar nunha extensísima zona militar hai unha devesa onde as vacas e as súas crías pastan ao seu antollo.

Achegeuime á devesa logo dun longo paseo de hora e media até ese estremo da praia e non puiden evitar facer esta fotografía para compartila con vós?

Que fai unha vaca á beira do mar?

Que facían todas aquelas vacas que alí había, máis de cen?

No outro estremo da praia, por certo, a outra hora e media máis ou menos de onde eu deixara a miña toalla (xa vos dixen que é longa de verdade) o que había era unha multitude de persoas a tomar o sol.

Estarían por unha vez de acordo persoas e animais?

Comentarios (5) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 05-04-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 De fato, curioso! Mas pelo que se vê, deve ser um lugar um tanto quanto tranquilo e com bom pasto logo ao fundo.
Em muitos lugares o gado depende quase que exclusivamente de água salina.
A verdade é que ela me pare#blgtk08#ce estar bem a vontade e dominando toda esta área.
Acho difícil um acordo entre pessoas e animais, mas acho bastante razoável que haja uma compreensão das pessoas pelas razões que levam os animais a tomar certas atitudes.
Comentario por Solange Couto (06-04-2010 18:12)
2 Non é unha estampa habitual unha vaca nunha praia. De feito foi a primeira vez que a vin na miña vida. Eu tampouco penso que poida existir un acordo entre persoas e animais. Quizais máis ben sería unha revolta dos animais contra as persoas,#blgtk08# aínda que tampouco a vexo posíbel. Fíxome graza nesa praia de Zahara de los Atunes, que é moi longa e no medio estaba baleira completamente, o contraste entre os dous estremos, un deles cheo de vacas e o outro cheo de persoas. Foi curioso!
Comentario por Xesús Constela (06-04-2010 18:58)
3 A verdade é que debe ser unha imaxe sorprendente a que describes. As nosas vacas non an#blgtk08#dan tanto á beira do mar! E en Galiza non será por falta del, digo eu!
Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (08-04-2010 06:44)
4 Por iso me chamaron tanto a at#blgtk08#ención. Nunca vira tal cousa!
Comentario por Xesús Constela (08-04-2010 18:20)
5 A min paréceme ver#blgtk08# a un conselleiro.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0