Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De 55 mentiras sobre a lingua galega
Asistín onte en Poio á presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega a cargo do coordinador do traballo, Xosé-Henrique Costas, e de Ana Mª Outón Barral, unha das colaboradoras en tan interesante proxecto impulsado polo colectivo Prolingua.

Se aínda non tedes lido o libro recoméndovolo dende aquí, do mesmo xeito que vos convido a asinar o manifesto do colectivo.

O libro é un manual que desmonta unha por unha as 55 mentiras máis frecuentes que se din acerca desta amada lingua de nós, 55 mentiras que poderían ser 55.000...

Mentiras sobre a historia das linguas, sobre sociedade e identidade, sobre ensino e dereitos, sobre os medios de comunicación, sobre a utilidade do galego...

Un manual moi ben estruturado e moi necesario nestes tempos escuros que nos toca vivir.

Os meus parabéns a todos cantos colaboraron na súa edición!
Comentarios (3) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 18-03-2010 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 É interessante quando pessoas se propõem a mostrar a verdade sobre mentiras quando #blgtk08#outros tantos fazem questão de ludibriar-las.
Meu total apoio ao Prolingua.
Comentario por Solange Couto (19-03-2010 14:30)
2 Espero lelo; xa me falou del miña nai que tamén f#blgtk08#oi a unha presentación. Xa facía falta algo así!!
Comentario por Eva Lozano (19-03-2010 14:32)
3 A verdade é que é un libro que paga a pen#blgtk08#a. Realmente útil nos tempos que corren!
Comentario por Xesús Constela (21-03-2010 14:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0