Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Corta Atalaya, Huelva. España.
Corta Atalaya, no concello de Minas de Río Tinto, na provincia andaluza de Huelva, é un dos lugares maís abraiantes que visitei nunca na Península Ibérica.

Unha compañía inglesa (Rio Tinto Company) extraía mineral desta xigantesca mina a ceo aberto que foi o motor industrial da zona até que ficou abandonada hai arredor de vinte anos, supoño que porque xa non habia máis mineral para extraer.

A paisaxe é singular a máis non poder, especialmente polas dimensións do oco aberto na terra. Para que vos fagades unha idea aproximada do seu tamaño, cada un dos chanzos que se ven no terreo é unha estrada pola que circulaban camións de gran tonelaxe e mesmo un ferrocarril. Hai unha locomotora estacionada na parte maís baixa que só se ve realmente se se usan prismáticos.

Agora as visitas ao lugar, que teñen que ser guiadas polo perigo que suporía que a xente entrase pola súa conta, están organizadas polo Parque Minero de Riotinto, que tamén dispón dun fermoso museo onde se conta a historia da minería no lugar dende os lonxanos tempos dos romanos, cando eran meniños pequenos quen entraban nas galerías pola dificultade de entrar unha persoa grande!

Ademais de Corta Atalaya e do museo a paisaxe da zona é tan singular que paga a pena a visita aínda que só sexa para ver como baixa polo monte un río (o Tinto) que ten as augas completamente vermellas e tingue desa cor as pedras e a terra. Máis ou menos é das tonalidades desa auga que se pode ver na fotografía no fondo da mina.

Moitas veces a industria é quen de esculpir a paisaxe até convertela nalgo fermoso.

Corta Atalaya é un deses lugares que deixa abraiado ao visitante e que permite deixar voar a imaxinación.
Comentarios (5) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 16-03-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Aqui temos algo parecido,porém menos bonito e de poucas recordações agradáveis.O local chama-se Serra Pelada que nos anos de 1980,foi o maior garimpo a céu aberto do mundo, e,onde ocorreu várias mortes, muitas pessoas doentes, além de ter deixado uma imagem bastante forte,pois parecia um formigueiro humano.
Se quiserem podem ac#blgtk08#essar esta página: http://wikimapia.org/#lat=-5.9452839&lon=-49.6637312&z=14&l=9&m=s&v=9&show=/2599088/pt/Antigo-Garimpo-de-Serra-Pelada
Quanto a Corta Atalaya, é realmente impressionante a escultura gigantesca transformada pelos humanos. Deve ser uma sensação incomparável poder olhar de perto tamanho buraco esculpido na terra.
Comentario por Solange Couto (17-03-2010 13:04)
2 Coñezo o lugar do que flas polas magníficas fotos que lle fixo o meu admirado Sebastiao Salgado. Son #blgtk08#unhas fotografías moi crúas e moi duras. Son retratos dunha inxustiza que non ten desculpa ningunha.
Comentario por Xesús Constela (17-03-2010 13:29)
3 Terribles as fotografías que nos achegas, Solange. Algo semellante acontece coas minas de Coltan, segundo o que escoitei, pero aínda por riba son nenos os que se encarga#blgtk08#n de baixar arriscando as súas vidas. Lembra á escravitude, no século XXI!
A zona de Riotinto non a coñezo pero sei que é moi fermosa, polo estraño e diferente...
Comentario por Eva Lozano (19-03-2010 14:24)
4 Riotinto é único. Hei procurar informa#blgtk08#ción acerca das minas de Coltan, Eva.
Comentario por Xesús Constela (21-03-2010 14:40)
5 Pois aquí temos unha mostra do relativismo dalgúns valores humanos: esta mina de piritas de cobre, cando se empezou a explotar, foi un atentado ecolóxico, aínda que non se considerase así porque foi en época romana. O impacto amb#blgtk08#iental é evidente, pero agora nos parece dunha plasticidade eloxiable. Igual pasa coas Médulas: a "ruina montium" dos romanos deixounos unha paisaxe realmente suxerente, pero non deixou de ser unha barbaridade contra a natureza.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0