Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Conselleiro de Educación. DIMISIÓN XA!
DIMISIÓN XA DE JESÚS VÁZQUEZ, CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN!

Por hipócrita!

Por mentirán!

Por manipulador!

Por inimigo confeso da lingua e da cultura do país!

Un suxeito desas características non merece o posto que ocupa.

Hoxe hai máis concentracións a favor da lingua de nós, da nosa cultura, da nosa columna vertebral, de nós mesmos, en todas as cidades e vilas grandes de Galicia ás oito da tarde.

Non podemos deixar que saian coa súa.

Non!

QUE DIMITA XA ESE IMPRESENTÁBEL!

E QUE CON EL DIMITA TAMÉN ANXO LORENZO, DIRECTOR XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, O SEU ARIETE CONTRA O IDIOMA DE NÓS!

QUE O FAGAN XA SE AÍNDA TEÑEN UN MÍNIMO DE VERGOÑA E DE DIGNIDADE!

PERO QUE BEN ESTARIAMOS SEN ELES!


Comentarios (8) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 15-03-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Dáme pena por Anxo, que era profe da miña facultade e a verdade é que era un tipo xenial, non sei que lle pasaría... Por certo, o sábado lin no Faro de V#blgtk08#igo que ao final si que van respectar o do 50% do ensino en galego, pode ser que lera mal? Algo é algo, non? É pouco, sen dúbida, pero é un principio...
Comentario por Eva Lozano (16-03-2010 10:42)
2 A cousa máis ou menos está en que é obrigatorio impartir determinadas asignaturas en galego e outras en castelán, pero sempre a criterio dos pais e os mestres non poden obrigar ao alumno a contestar en galego. Basicamente as de "letras" en galego e as de "ciencias" en castelán. Un despropósito auténtico. Iso no ensino secundario. Na primaria os pais van escoller por maioría que materias queren en cada lin#blgtk08#gua e en infantil tamén alingua vehicular vai ser a que voten os pais. Outro despropósito! A ver se atopo un link da Voz de galicia de hoxe que exolica un pouco os retrocesos do novo decreto a respecto do anterior. Non te fies dos xornais porque están a contar moitas mentiras e a manipular todo o que queren. O de Anxo Lorenzo é un fiasco para todo o país. Non sei como puido venderse de semellante xeito.
Comentario por Xesús Constela (16-03-2010 19:58)
3 Velaí che vai o enlace a esa análise do decreto: http://w#blgtk08#ww.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/16/0003_8358504.htm
Comentario por Xesús Constela (16-03-2010 20:00)
4 Eu sigo pensando que o anterior decreto acendeu unha chispa que este alimenta e todo o mundo sairá perxudicado, sobre todo o profesorado, porque entendo que a cota de poder que se lle outorga ás familias ao lexislar sobre a súa competencia para decidir en que idioma reciben docencia as súas crianzas nunha idade tan temperá, cando nais e pais sobreprotexen, é abrir aínda máis a billa da inxerencia mal entendida das familias dentro da aula.
Logo, respecto da Secundaria, que as ciencias estean en castelán e dada a importancia que sempre tiveron a nivel social e que teñen na actualidade, sobre todo as tecnoloxías e as enxeñerías, desvirtúan as áreas das artes e das letras e con elo, a creatividade. Porque non esquezamos que o galego, en moitos sectores da sociedade galeg#blgtk08#a está desvirtuado. Colaboro de vez en cando no foro do STEG e non hai máis que dar un paseo por certas intervencións para darse conta de que esa desvirtualización se está a producir mesmo desde dentro do sistema educativo.
Non quero dicir con isto que o castelán teña que ser menos considerado. Ao contrario. Penso que riqueza dun país está na multiculturalidade e na posibilidade que a cooficialidade de dúas linguas brinda para o enriquecimento do intelecto. Pero vese que a política e o intelecto están enfrontadas e desde logo este goberno (non me meto coa súa ideoloxía nin coa súa cor, iso para min é aleatorio ata certo punto), este goberno, digo, non o fixo peor porque non entrenou o suficiente.
Así nos vai na escola. E logo, veñan avaliacións de diagnóstico!
Comentario por A nena do paraugas (17-03-2010 08:15)
5 Non podo estar máis de acordo contigo, nena do paraugas. De verdade que miro#blgtk08# con malos ollos, con enorme pesimismo, o futuro da lingua ... e do ensino.
Comentario por Xesús Constela (17-03-2010 13:44)
6 Graciñas Xesús, xa me queda un pouco máis claro. Xa me comentou miña nai que #blgtk08#os das editoriais non saben xa que facer con tanto cambio, non me estraña...
Comentario por Eva Lozano (19-03-2010 14:19)
7 Grazas a #blgtk08#ti, Eva.
Comentario por Xesús Constela (21-03-2010 14:41)
8 Pois o que está o seu carón é u#blgtk08#n cara dura de moito coidado.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0