Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Conselleiros disfrazados

Non podo menos que sentir unha fonda vergoña polo xeito que tivo o noso Goberno de conmemorar o Día da Muller Traballadora o pasado luns:

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o titular de Economía, Javier Guerra, os dous tipos da fotografía, accederon a se disfrazar en plena Praza do Obradoiro de Santiago.

O Conselleiro púxose unha saia rosa feita de globos e un sombreiro cunha flor na cabeza!

Para "mellor" se identificar cos roles supostamente relacionados coa muller, colleu unha vasoira e unha prancha ?tamén feitas de globos? e púxose a facer que varría e pranchaba!

A Conselleira, pola súa parte, puxo un sombreiro de copa e unha gravata e colleu coas mans un maletín, un martelo y uns alicates feitos con globos!

Para facer o pallaso que non se presentes ás eleccións e vaian traballar nun circo e para topicazos coma os que escenificaron mellor que marchen para a súas casas e nos deixen en paz.

Vaia unha representación retrógrada!

Fixéronme sentir verdadeira vergoña!
Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 11-03-2010 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Que futuro espéranos en Galicia en mans de mequetrefe#blgtk08#s, sen pudor non hai dignidade.
A que xogan?
Comentario por quetu (11-03-2010 20:06)
2 Esta foto recórdame moito á de Feijo apagando o lume coa #blgtk08#manguerita en pleno inferno incendiario do verán do 2006.
Comentario por quetu (11-03-2010 20:11)
3 Além de ser uma maneira vergonhosa de comemorar, ainda estão achincalhando os palhaços. Pelo menos os palhaços, nos fazem rir e nos d#blgtk08#ivertem com suas palhaçadas, mas estes, nem para palhaços servem.
Como falamos por aqui: "Eles poderíam ter dormido sem essa".
Comentario por Solange Couto (11-03-2010 21:05)
4 E pensar que nas mans destes pallasos temos o noso futuro!. Eu non sei que querian #blgtk08#facer con esas tontadas, pero non me sinto para nada representada nin homenaxeada.
Comentario por E Carpente (11-03-2010 21:56)
5 Se non o vexo non o creo...!!! Que pensaban cando decidiron facer alg#blgtk08#o así? Non me entra na cabeza e, de feito, vou intentar esquecelo xa!
Comentario por Eva Lozano (11-03-2010 23:27)
6 Pois eses son a xentiña que#blgtk08# nos goberna. manda truco!
Comentario por Xesús Constela (12-03-2010 16:47)
7 Á hora de facer idioteces a#blgtk08# verdade é que son únicos.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0