Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Benvidas valentes magnolias!
Benvidas sexades, miñas valentes magnolias, que enchedes de luz coas vosas cores brillantes ese telón promizo que vos puxo o ceo por riba.

Benvidas sexades, sempre fieis á nosa cita de febreiro, ano tras ano sen fallar.

Benvidas sexades, miñas tenras amigas, que acendedes pequenos luceiros brancos e morados ás portas da casa miña.

Benvidas sexades,
fortes baixo a choiva,
imbatíbeis baixo vento...

Benvidas sexades!
Comentarios (7) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 07-03-2010 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Estes anuncios da primavera dan moita alegría. Como vos comentei o outro día, aquí floreceron as amendoeiras o día do meu cumpreanos (2#blgtk08#3/02), facéndome un espléndido regalo. Agora xa comezan a caerlles algunhas flores, dando paso ás follas verdes. A natureza é perfecta!
Comentario por Eva Lozano (07-03-2010 20:06)
2 Na casa da miña nai xa hai días que empezan a verse as flores de xacintos, tulipáns e narcisos, pero #blgtk08#as magnolias... Ai, que bonitas son, así suspendidas das pólas, sen unha folla verde que as acubille!
Comentario por A nena do paraugas (07-03-2010 21:44)
3 Que marabilla!, cada ano chegan as flores, as primeiras as camelias e as mimosas. Este mes de Febreiro recibín a visita de unha parella de amigos de Ciudd Real, xa coñecían Galicia ainda que nunca viñeran#blgtk08# no inverno. Quedaban pampos a mirar as camelias da miña casa, nunca tal viran, flores no inverno!, iso non lles pareceu nada normal, pero encantoulles. Isto é a esperanza da renovación, do ciclo da vida.
Comentario por E Carpente (07-03-2010 22:25)
4 Ola outra vez, Xesús. Levo toda a semana a esquecer facer un pequeno comentario sobre o "Libro das alquimias". Gustoume moito, é un libro con moitísima información (didáctico), pero ameno, un tema interesantísimo o da historia de Alexa#blgtk08#ndría, a sua biblioteca e a figura de Ipatia nada menos, e a maxia. Unha historia agridulce, sorprendeume e agradoume. Ben, agora xa sabes, a seguir publicando porque xa se me van acabando os teus libros. Veña un grolo polas Alquimias!
Comentario por E Carpente (07-03-2010 22:36)
5 Súmome ao grolo polas #blgtk08#Alquimias de Xesús!!!!
Comentario por Eva Lozano (08-03-2010 00:45)
6 Bom, por esta ponte que uso diariamente,e que cruza o oceano, posso usufruir de duas primaveras: a que passei de setembro até dezembro passado, e agora a de vocês, que dentro em breve chegará.Que sorte eu tenho!
O meu outono que se aproxima também me confo#blgtk08#rtar com uma flor maravilhosa que tenho em meu jardim e que floresce agora para o inverno e chama-se "amor-perfeito". É linda!
Eva, a natureza é perfeita mesmo!
Parabéns à vocês pelas magnolias que enchem as casas de alegrias e o coração de poesia.
Comentario por Solange Couto (08-03-2010 01:59)
7 Vaia nome fermoso para unha flor o de "amor-perfeito", perfeito coma esa natureza que do Eva. Perfeito coma as flores do xardín da nena do paraugas e per#blgtk08#feito coma os eloxios ao Libro das alquimias que me envía E Carpente. Xa volo dixen: a chegada das magnolias anuncia cousas boas. Sempre. Benvidas sexan!
Comentario por Xesús Constela (09-03-2010 20:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0