Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De touros maltratados e touradas de dereitas
Volven estar de actualidade as touradas pola iniciativa do Parlament de Catalunya de pór sobre a mesa a posibilidade da súa prohibición, cousa que me agradaría de verdade, dito sexa de paso. (Estanse a escoitar nese foro magníficas explicacións por parte de famados persoeiros de por que cómpre acabar coa barbarie das touradas)

Na cidade de Pontevedra hai touros tres ou catro sábados cada verán e non hai cousa que máis me desagrade que ver que tal macabro espectáculo está incluído dentro da programación das festas.

E sabedes que é o peor?

Que é unha "festa" rancia de xente rancia de dereitas para xente rancia de dereitas.

E así o está a demostrar o feito de que a Comunidade de Madrid, aGeneralitat Valenciana e o Goberno da Rexión de Murcia, os tres do Partido Popular, veñan de nomear esta barbarie "Ben de interese Cultural"!

Se iso é cultura que o demo me leve!
Comentarios (8) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 05-03-2010 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Por favor, isso precisa acabar! É muito doloroso e humilhante.Não se pode chamar de homem, um animal destes.
Não consigo acreditar que ainda exista pú#blgtk08#blico para tamanha crueldade e não compreendo como podem chamar isso de "cultura", de "tradição".
O povo precisa boicotar esse espetáculo sanguinário!
Comentario por Solange Couto (05-03-2010 21:56)
2 #blgtk08#
Comentario por a (05-03-2010 23:17)
3 Estando de acordo na base, esto da "festa dos touros" é absolutamente abobinable, debo discrepar en un par de cousas, a saber: 1ª-Iso de Magníficas explicacións espero que non o digas polo iluminado que equiparou as touradas coa ablación do clitoris, o dos touros é unha animalada pero comparalo co que o comarou, en#blgtk08# fin. 2ª-Non é verdade que sexa unha festa da "dereita", e se o sostes supoño que é porque nunca fuche a os San Fermins, de feito hai moita xente de esquerdas que vai aos touros, iso das xeneralizacións e perigoso. Sin mais haber se os ilegalizan dunha vez, pero non so en Catalunya, senon en todo o Estado. Un saudo
Comentario por A cruz da Campá (05-03-2010 23:25)
4 Non. Non me refería ao iluminado que dis. En todo hai esaxeracións e meteduras de pata que son ben pouco edificantes. Tes razón niso que dis dos sanfermíns. Cando falo da festa de dereitas refírome a lugares como Ponteved#blgtk08#ra, por exemplo, onde o PP fai bandeira da reivindicación taurina coa presenza mesmo de Rajoy e compinches nas gradas. E refírome tamén a esa iniciativa do mesmo partido para nomear as touradas ben de interese cultural!
Comentario por Xesús Constela (06-03-2010 11:30)
5 Eu estou encantada por esta iniciativa do noso Parlament de eliminalas dunha vez por todas. Tamén é moi importante que acaben por estas terras e por todo o levante cos touros "embolaos", aqueles con lume nos cornos que marean e torturan dun xeito tan sádico... Ademais, onte entereime de que en Canarias hai moitos anos que prohibiron as#blgtk08# corridas, así que non é nada novo e xa ten precedentes. Podería chegar a aceptar a alternativa de que ao final non os matase, como coido que fan en Portugal, para ao final ter a todos contentos, ou que os Sanfermíns seguisen sen as corridas, só co "paseíllo", pero iso si, simplemente polo dito, para que a solución fose boa para todos!
Comentario por Eva Lozano (06-03-2010 12:22)
6 Digamos que hai cousas que me sobrepasan. Ata a festa esta dos touros. Mesmo a do boi de Allariz. En certo modo parécenme unha prolongación da crueldade á que pode chegar a impotencia humana que, ao non verse satisfeita, verte a súa frustración en quen non se dá defendido.
Véñenme á cabeza moitas imaxes de quen, diante dunha minusvalía, busca o xeito de divertirse, en lugar de estend#blgtk08#er a man para facerlle a vida máis doada. Ou de quen, diante da traxedia allea, dramatiza coma se a traxedia fose propia e, en lugar de consolo e alento, busca culpables onde non os hai.
Non me gustan os touros. A ablación prodúceme carraxe. Da morte antinatural non falo. Matamos tantas cousas importantes a diario sen darnos conta!
Vale. Igual non vén a conto,pero xurdiu así.
Comentario por A nena do paraugas (06-03-2010 15:59)
7 Non sabía o de Canarias e paréceme magnífico que haxa precedentes. A verdade é que toda axeografía hi#blgtk08#spana está chea de "festas" que implican crueldade animal. Temos que procurar que rematen dunha vez!
Comentario por Xesús Constela (07-03-2010 18:56)
8 Que máis dá que os touros sufran que os gandeiros, toreiros de demais ralea se enriquecen! O malo é que non hai un Goberno que se atrev#blgtk08#a a cumplir as leis que rixen na Unión Europea en materia de maltrato ós animais e non hai unha sociedade civil que llas faga cumplir.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0