Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

San Núñez Feijóo e os seus santos conselleiros
Defensor a ultranza do laicismo na sociedade non me parece nada ben que o noso Presidentiño viaxe no séquito do arcebispo de Santiago a Roma para ser recibido en audiencia polo Papa.

Peor aínda me parece peor que, xa de regreso na casa, e en calidade de representante de toda a sociedade, se refira a el como "Santo pai".

Tampouco me parece ben que o Sr. Conselleiro de Incultura (ese que dixo o de que somos unha cultura ensimesmada) diga dar saltos de alegría logo de coñecer que o "Santo Pai" (outro máis) vai visitar Santiago no vindeiro mes de novembro.

Non, señores da Xunta.

Non.

O Opus Dei, o seu club privado, é unha cousa e a sociedade para a que traballan élles outra.

Non se confundan.

Meu pai, por certo, o único que teño e recoñezo, chámase Alfredo e vive en Ferrol.

Visitámonos cada vez que temos ganas de facelo.
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 03-03-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Unha lástima que non acaben de entender que unha cousa son as relacións internacionais e outra a fe que cada un profese. Como representantes dunha sociedade laica isto é inadmisible, o que pasa é que eles pensan que aínda estamos naqueles tempos nos que os nenos rezabamos antes das clase#blgtk08#s e todos comulgabamos, pero non, os tempos cambiáronche moito dende aquela... Respecto aos católicos, exactamente igual que ao resto dos practicantes de relixións de todo o mundo, nin máis nin menos. Por certo, que o Papa tamén virá en novembro a Cataluña, a consagrar a Sagrada Familia!
Comentario por Eva Lozano (03-03-2010 20:18)
2 Ben, anque pareza mentira o "ano santo compostelan" trae moita xente, pero moita moita, e se ven o papa, seguro que se moverá máis xente, que para a cidade de Santiago, comercialmente debe ser bastante bo. Outra cousa é a forma de se espresar un soc#blgtk08#ialista que debería ser, polo menos institucionalmente laicista -o caso é que ven sendo alcalde de laicistas e católicos, e outros modelos máis- hoxe na radio soaba moi entusiasmado coa noticia da visita. A Sagrada Familia ainda está sen consagrar?
Comentario por E Carpente (03-03-2010 22:38)
3 Si, aínda está sen consagrar. O Papa inaugarará a nave central coa primeira eucaristía que se fará alá, consagrando d#blgtk08#ese xeito o templo... Iso lin no xornal e escoitei na radio. Xa lle tocaba, polo menos as obras avanzaron algo máis!
Comentario por Eva Lozano (04-03-2010 00:20)
4 Pois eu entereime onte, mentres agardaba de pé a que políticos varios soltasen a súa perorata no acto inaugural de "Xantar" en Ourense.
Non é que me moleste que veña xente de tanto rango ao País, pero sí que se siga vencellando a política (económica ou non) á rel#blgtk08#ixión de maneira tan descarada, aínda que sei que a aportación ás arcas do turismo poden ser moitas, pero vai ser que desta visita, coma doutras, acabarán por beneficiarse os mesmos. E ao final, a cidadanía que non se adique ao turismo, vai seguir sendo igual de pobre.
Comentario por A nena do paraugas (04-03-2010 07:15)
5 Lamento que certas pessoas (políticos na sua maioria) usem a religião(seja qual for) para se mostrarem bons,atenciosos e de#blgtk08#dicados, quando na verdade não passam de oportunistas. Fazem destas ocasiões, momento propício para manipular as pessoas.
Comentario por Solange Couto (04-03-2010 13:14)
6 Moléstame o que o Papa representa: aínda non pediron perdón por tantas cousas: o silencio ao longo do nazismo, a consagración de Franco, Pinochet, etc... É unha mágoa que teñan que facer isto para "atraer turismo" e penso que é un enorme erro velo dese xeito. O Papa, especialmente o actual, que foi cabeza visíbel da "Congregación pola Doutrina da Fé", ou algo así (a antiga Inquisición), pertence ao sector máis reaccionario da igrexa catól#blgtk08#ica. É firme defensor dos valores máis carcas da doutrina católica e paréceme terríbel que o vaian traer aquí para a súa exhibición ante as multitudes. Santiago non necesita diso para nada. Nunca me gustou o tema do Xacobeo, que hipoteca ao longo de moitos anos os gastos da Consellería de Cultura. Foi un invento de Fraga para "promocionar" Galicia e coidoq ue chegou o intre de ir desfacéndonos da súa sombra. Claro, que co país que temos!
Comentario por Xesús Constela (04-03-2010 20:55)
7 Estou seguro que lle dá votos, porque al#blgtk08#le importancia a alguén que non a ten.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 19:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0