Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da Terra
A Terra está moi enfadada!

Ou polo menos iso parece...

Hai moi pouco foi Haití e agora tocoulle a Chile.

Que sensación horríbel debe de ser sentir que vives enriba dunha placa tectónica que un día, sen aviso previo, decide espertar e moverse, decide chocar contra outra e facer que todo treme!

Que medo sentir que estás subido a un carrusel macabro que xira sen que nada poida paralo!

E houbo recentemente inundacións en moitos lugares do planeta, e ondas de frío, e secas eternas, e ventos e furacáns...

A terra debe de estar ben enfadada.

Cando penso en Chile venme sempre á cabeza ese magnífico Canto General de Pablo Neruda que arranca con estes versos:

ANTES de la peluca y la casaca
fueron los ríos, ríos arteriales:
fueron las cordilleras, en cuya onda raída
el cóndor o la nieve parecían inmóviles:
fue la humedad y la espesura, el trueno
sin nombre todavía, las pampas planetarias.

El hombre tierra fue, vasija, párpado
del barro trémulo, forma de la arcilla,
fue cántaro caribe, piedra chibcha,
copa imperial o sílice araucana.
Tierno y sangriento fue, pero en la empuñadura
de su arma de cristal humedecido,
las iniciales de la tierra estaban
escritas.
Nadie pudo
recordarlas después: el viento
las olvidó, el idioma del agua
fue enterrado, las claves se perdieron
o se inundaron de silencio o sangre
.

Vaia o meu agarimo inmenso por todo Chile e polos chilenos!

Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 01-03-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 A Terra sempre dá moito a cambio de nada e non me estraña que acabe por se encabuxar. E nós aínda imos tendo sorte! Lembro que miña avoa dicía que As Burgas estaban enriba dun volcán (perdón pola miña ignorancia, pero non sei se iso é certo) e que se algún día estouraba, alá ía Ourense ao outro barrio. Eu, #blgtk08#que era pequena e que non coñecía Ourense daquela, sempre lle facía a mesma pregunta: "E nós tamén imos desaparecer?" A avoa dicía: "Non, miña nena, se rezas moito igual non, pero Ourense queda moi cerca..."
A Terra non perdoa.
Vai tamén o meu agarimo para Chile e a miña admiración por Neruda.
Comentario por A nena do paraugas (01-03-2010 20:02)
2 Grande Pablo Neruda!
Hoje ninguém mais pode dizer que está sossegado e longe desses perigos, pois quando não são terremotos, são enchentes,furacões.Claro, fenômenos da natureza reagindo enfurecidamente contra a destruição causada pela interferência humana.
Aonde vamos parar? Ou melhor qu#blgtk08#ando vão parar para pensar em cuidar um pouco melhor dela?
Imagino o desespero destas pessoas que durmindo foram surpreendidas por um terremoto e outras tantas no meio dos escombros. Quanta tristeza e quanto sofrimento.
O meu conforto também aos chilenos e aos extrangeiros que lá vivem.
Comentario por Solange Couto (01-03-2010 21:26)
3 Cantas desgracias... Queira a terra coidar de nós para seguir sendo tan afortunados de non ter que vivir situacións así. Todo o meu desexo de que a vida destas p#blgtk08#ersoas e de todas as que sufren cambie pronto e poidan volver a sorrir!
Un groliño por Neruda, que nos fixo sentir tanto amor adolescente cos seus poemas!
Comentario por Eva Lozano (01-03-2010 23:57)
4 Si que está enfadada a terra, non é nada estrano. É moito o que coa comodidade á que axiña nos afixemos, facemos na contra da conservación da natureza. A auga que nos é tan necesaria e que ás veces tarda tanto en vir, cando vén, faino ar#blgtk08#ruando tanto e tan mal... e o vento pode haber moita destrucción. Sempre houbo cíclicamente desastres climatolóxicos, tremores da terra, sempre horrorosos. Pensades que non é así, que todo isto pasa polo comportamento da nosa sociedade?
Comentario por E Carpente (02-03-2010 18:53)
5 Onte escoitei a un experto en meteoroloxía na radio e coincidía co que eu penso, que estes desastres acontecen dende sempre e non se pode afirmar que teñan que ver co cambio climático, o que non quita que teñamos que axudar ao planeta, polos gases nocivos, a contaminación, e todo o que ten que ver con #blgtk08#emanacións en xeral, así como o tema de "comerlle sitio ao mar", que está máis que comprobado que é un risco demasiado grande. O que está claro é que dende hai séculos e séculos a Terra ten épocas máis húmidas e máis secas, terremotos, etc. que nada teñen que ver coa situación de contaminación actual.
Comentario por Eva Lozano (02-03-2010 20:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0