Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos nosos computadores
Que mellor ponte para acurtar distancias hoxendía que os nosos computadores?

Substituíron as cartas, os telegramas, o teléfono en moitas ocasións, convertéronse en ágora pública para que pintemos as nosas mensaxes pequenas ou grandes polas paredes, en botellas que botamos ao mar coma náufragos na procura de persoas coas que partillar as nosas opinións...

Nestes nosos computadores gardamos as nosas músicas máis fermosas, esas que nos fan sentir (ben ou mal pero sentir), onde agachamos coma tesouros as fotografías e os vídeos dos momentos que tantas veces nos fan escravos da saudade, ou da alegría, ou que nos aportan ese grau de humor e comicidade que as nosas vidas necesitan coma o ar que respiramos...

Ai, máquinas condenadas que nos apreixaron entre as súas gadoupas, que nos apertaron con esas apertas que nunca rematan!

Son a mesa de traballo, a folla onde facemos os cálculos, as enciclopedias mil e unha veces consultadas, a tenda onde mercamos, o saco sen fondo onde procuramos todo canto pensabamos perdido...

Hoxe atopei na rede coa que saio moitas veces de pesca este vídeo que vos achego, unha homenaxe a estas ferramentas que acariñamos coas mans coma pianistas a tocar unha melodía que temos escoitado moitas veces e da que quizais nunca poderemos desprendernos.

Por moitos anos!

Comentarios (8) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 26-02-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 É a pura verdade Xesús! A partir do momento que passei a usá-la, não posso mais ficar sem.Boa parte de meus recursos estão aqui,embora, não deixe meus livros e meus rascunhos de lado.
Em apenas um "clic" ou um "enter", estamos conectados a alguma coisa que procuramos. E essa tecnologia trouxe muitas alegrias pra mim, pois além de ser mais um passo para novos aprendizad#blgtk08#os, ainda posso me comunicar com a família que está perto e matar a saudade daquela que está longe... E também dos amigos que tanto prezo,hora sumidos no tempo e na jornada da vida e reencontrados pela internet. Não posso deixar de falar dos outros tantos amigos que foram feitos recentemente e que muito me alegra poder repartir opiniões, trocar conhecimentos e experiências.
Comentario por Solange Couto (27-02-2010 14:33)
2 Un grolo polos ordenadores e #blgtk08#por estes vídeos orixinais !.
Comentario por paideleo (01-03-2010 00:03)
3 Un vídeo xenial, moi orixinal e moi ben feito.
Os ordenadores cambiaron a nosa vida e axúdannos en moitas cousas. En certos sectores son imprescindibles, pero quedan moitas persoas que, aínda que pareza mentira, poden vivir sen eles, é coma os móbiles, pero cada vez son menos, #blgtk08#dende logo.
Eu tamén aprecio moito, deixando a unha banda a axuda que me dan laboralmente, as pontes que constrúen entre os distintos países, proporcionándonos amizades virtuais que acaban sendo tan entrañables. Falo, directamente, deste teu blog que ao final é o blog de todos!
Comentario por Eva Lozano (01-03-2010 10:51)
4 Sabe Eva, aqui no Brasil temos uma diferença entre classes sociais e recursos entre as pessoas muito grande, pois acredita você, que tem pessoas que nem televisão tem em casa, nem iluminaçã#blgtk08#o pública (fora outros recursos que como você bem diz, os quais são imprescindíveis e essenciais)e, imagina,nunca viram um computador na vida!
Quanta desigualdade e quanta injustiça!
Comentario por Solange Couto (01-03-2010 15:15)
5 Por suposto que por riba dos computadores hai moitas necesidades primarias que aínda están por chegar a moitas persoas. Non teño dúbida. A listaxe sería inmensa, por non dicir infinda. E alégrome moito de que existan tamén persoas capaces de "sobrevivir" ás tentacións da informática e d#blgtk08#a telefonía móbil. Pero que grande sería o mundo se todos tivésemos acceso a todo canto quixésemos, se a vida non fose tan extremadamente dura en moitos lugares. Non ía por aí a miña homenaxe aos computadores. Simplemente entendín que tenden pontes entre nós e benvidas sexan esas pontes!
Comentario por Xesús Constela (01-03-2010 19:09)
6 Sim,verdadeiramente maravi#blgtk08#lhosa essas pontes Xesús!
Comentario por Solange Couto (01-03-2010 19:34)
7 Este trebello converteuse na prolongación dos meus dedos, pero aínda así, sigo facendo borradores de traballos e apuntes en papel, con bolígrafo Bic. E mesm#blgtk08#o a algunha que outra comunicación coas amizades por correo ordinario. Pero teño que recoñecer que, se non tivese este acceso, igual non lía o que escribes!
Comentario por A nena do paraugas (01-03-2010 19:53)
8 Que ben que temos estes aparatos!. Como di a nena do paraugas, seguro que non tiñamos contacto, q#blgtk08#ue non sabiamos nada uns dos outros. Sería unha pena, porque disfruto moito de este viaxe diario.
Comentario por Eva Carpente (01-03-2010 21:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0