Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De traducións e tradutores
Que nunca nos falten os tradutores e os intérpretres, que son pontes construídas entre linguas e, xa que logo entre persoas.

Que nunca nos falten as mans dos que verten os nosos escritos en linguaxes diferentes das nosas para que poidan chegar ao meirande número posíbel de lectores.

Que nunca falten os ouvidos de quen traslada o que falamos a todos os que poderían non entendelo nesta fermosa e variopinta torre de Babel que habitamos.

Que nunca falten, porque quizais sen eles non chegariamos a entendernos e non hai cousa máis fermosa cá comprensión do que falan e escreben os demais.

Que nunca nos falten e que nunca deixen de cabalgar no lombo da linguaxe.

Que nunca falten as súas máquinas de escribir, os seus bolígrafos, as súas prumas, as súas gravadoras, os seus auriculares, os xeus oídos atentos e os seus computadores.

Que nunca falten.

Nunca.
Comentarios (10) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 24-02-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Graciñas por esta fermosa homenaxe, Xesús. Non sabes ata que punto é unha desas profesións que enchen e se converten en un gran pracer, e máis cando caen nas túas mans eses pequenos tesouros que escriben grandes #blgtk08#coma ti. Foi unha gran honra poder traducir as túas obras (que ben o pasei...) e agora só nos falta velas publicadas e que moitos máis lectores poidan acceder a elas, que é do que se trata... Moita sorte, amigo!
Comentario por Eva Lozano (24-02-2010 21:50)
2 Xesús já disse tudo!
Parabéns aos tradutores! E agora vou esperar que cheguem traduz#blgtk08#idas estas obras,em português, para que os brasileiros possam se deliciar com essa leitura.
Comentario por Solange Couto (24-02-2010 22:24)
3 Solange, unha proposta: e se ti as traducises ao portugués? Estou falando das novelas de Xesús, por#blgtk08# suposto. Sería magnífico!! Tes tempo? Ai, que fermoso sería que daquí saísen plans tan grandes!!!
Comentario por Eva Lozano (24-02-2010 22:57)
4 Únome a homenaxe ás persoas que fan da comunicación a súa vida, traducindo, inte#blgtk08#rpretando, recitando, cantando e, sobre todo, construíndo pontes coas palabras.
Comentario por A nena do paraugas (25-02-2010 06:58)
5 Conmstruamos pontes, pois. Enchamos o mundo d#blgtk08#e viadutos que faciliten a nosa comunicacóin!
Comentario por Xesús Constela (25-02-2010 18:49)
6 Por mim Eva, não tem problema, posso tentar!Seria um prazer contribuir e enriquecer a leitura em meu país. Precisamos ver com Xesús o que ele pensa.
Quanto ao tempo, este ano estou preparando-me para um concurso público, para poder dar aulas de espanhol nas escolas públicas, onde a partir do segundo semestre será obrigatório o ensino deste idioma. Nós professore#blgtk08#s estamos desistindo desta profissão. Está muito difícil lecionar para os jovens. Eles não querem aprender!É impossível dar uma aula e voltar para casa satisfeita.
Portanto,continuarei dando minhas aulas particulares de português,matemática, geografia e espanhol, mas nada que não se possa conciliar os meus horários.
Obrigada pela proposta e pelo desafio.
Comentario por Solange Couto (25-02-2010 19:57)
7 Beeeeeennnnn!!!!! Ai, que contenta, pois si, seguro que Xesús estará encantado, Solange, de ver a súa obra traducida ta#blgtk08#mén ao portugués. Que ilusioooooón!!!! Xesús, di algo, por favor... Isto é grande, moi grande!!!! Quérote, Solange!!!!
Comentario por Eva Lozano (25-02-2010 21:51)
8 O Xesús non di nada porque ou non se enterou ainda, ou porque quedou tan abraiado que non da feito. Qué boa idea!.
Que agasallo mais bonito este de Xesús. Eva qué ben fixeches a escolla da carreira. Estou tan orgullosa de ti. Gracias polas saisfacci#blgtk08#óns que me das. Habiate de querer igual, xa sabes, cada unha de vos dame moito, moito amor e moito mimo, mais o teu traballo... pois gústame moito. Teño que pedirche perdón Xesús por roubarche o blog para estes menesteres, perdoa, tentarei non facelo máis.
Comentario por E Carpente (25-02-2010 22:05)
9 Si, Xesús seguro que aínda non viu as mensaxes.
Mamá, é normal que nos digamos cousas, non pasa nada, é tan bonito...
Solange, coa emoción esquecín dexesarche moita sorte coa oposición! Non desesperes cos estudantes adolescentes, eu tamén estiven dando moitos anos clases de inglés e a verdade é que me parecían os máis interesantes, os mozos, pero iso si, sempre lles entraba como unha amiga, unha compañeira que entendía as súas cousas, e ao final éramos moi amigos e compartíamos músicas, pelis, etc. Entón era moito máis doado dar as clases, despois de pasar uns momentos coas "nos#blgtk08#as" cousas. O caso é caerlles ben, e que vexan que es igual ca eles, entón ábrense e mostran a súa cara máis amable. Hoxe en día os mozos teñen máis inquietudes das que parece a simple vista, teñen, como tivemos nós, un mundo interno moi interesante, pero que esconden detrás dunha fachada de pasotismo que non é máis ca iso, unha fachada de cara aos "maiores". É o meu consello, que sexas amiga, compañeira, que aprendas un pouco do que se leva, do moderno, das cousas que lles importan a eles, coas que pasan o tempo, Facebook, Messenger, moda, música... Entón terás toda a súa atención, xa verás!
Comentario por Eva Lozano (25-02-2010 22:14)
10 Pois non. Aínda non vira os vosos comentarios. Creo nas traducións e creo nos tradutores. E creo tamén nas pontes amistosas entre as linguas e as persoas. (Ou non somos as persoas quen facemos as linguas?) Por suposto que me alegraría ver a miña #blgtk08#obra en portugués. Vaia un agasallo! Obrigado por aceptares o deasfío, coma ti lle chamas, Solange. Muito obrigado. (As humanas proporçoes?) Xa falaremos. Do que falades das aulas xa teremos ocasión de comentar porque é un tema que dá para moito.
Comentario por Xesús Constela (26-02-2010 19:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0