Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Gerald Durrell e os animais
Falabamos onte de animais.

Quérovos hoxe convidar a ler unha novela marabillosa do escritor inglés Gerald Durrell titulada A miña familia e outros animais.

Trátase da primeira entrega dunha triloxía que se completa con Bechos e demais parentes e O xardín dos deuses aínda que se pode ler independente.

Gerald Durrell (irmán de Lawrence Durrell, o d'O cuarteto de Alexandría), naturalista e gran amante dos animais, naceu na India colonial, pasou a súa nenez e parte da súa adolescencia na illa grega de Corfú.

É precisamente alí onde se desenvolve a trama en parte autobiográfica de A miña familia e outros animais.

Durrell no foi ao colexio durante a súa estadía en Corfú, senón que recibiu ensinanzas de varios amigos da familia, a maioría deles amigos precisamente de seu irmán maior Lawrence.

Un deles en especial, o grego Teodoro Stephanides, doutor, científico, poeta e filósofo, personaxe do libro, deixou unha fonda pegada en Gerald.

Entrambos os dous capturaron, investigaron e examinaron as especies existentes entre a fauna de Corfú e as súas peripecias aparecen narradas no libro en clave de humor cunha prosa que fai que o lector non poida rematar a lectura até tela rematada.

Se decidides ler anovela só agardo que o pasedes tan ben coma min e que compartades a paixón de Durrell polos animais da illa de Corfú.

Unha boa lectura.

Si señor.
Comentarios (6) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-02-2010 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Vou tentar encontrá-lo na biblioteca. Pelo que li em uma sinopse parece#blgtk08# se tratar de uma obra belíssima, de indiscutível qualidade literária.
Comentario por Solange Couto (20-02-2010 21:49)
2 Estou seguro de que vas atopalo na biblioteca e de que che vai gu#blgtk08#star, que vas collelo nas mans e non vas poder deixalo. Xa verás.
Comentario por Xesús Constela (20-02-2010 23:40)
3 Grazas pola suxerencia. Hoxe rematarei "O libro das alquimias", logo lerei "O caderno dourado" e cando o rema#blgtk08#te lerei "A miña familia e outros animais" Xa compartirei a miña opinio sobre os tres segundo vaia rematando.
Comentario por E Carpente (21-02-2010 17:25)
4 Ánimo co lIbro das alquimias, E Carpente. Agardo #blgtk08#que a lectura fose do teu agrado. Xa me contarás.
Comentario por Xesús Constela (21-02-2010 18:09)
5 Unha gran persoa, este Durrell. A súa paixón polos animais fixo que lles dedicase a vida enteira, e, de fei#blgtk08#to, catro animais levan o seu nome. Un grolo por el e por toda a boa xente que respecta e ama aos animais!
Comentario por Eva Lozano (21-02-2010 21:25)
6 Non sabía o dos animais que l#blgtk08#evan o seu nome. Buscareinos!
Comentario por Xesús Constela (23-02-2010 20:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0