Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O neno de L'Omo e o can

As tribos das beiras do río L'Omo habitan un triángulo de terra situado entre Etiopía, Sudán e Kenia, e foron fotografiadas ao longo de varios anos por Hans Sylvester.

O seu terrotorio é un terreo volcánico cheo de cinzas e polo visto moi fértil.

Os membros desas tribos teñen unha capacidade artística moi desenvolvida e amosada nas pinturas coas que cobren os seus corpos e nos elementos naturais (flores, plantas, cornos de animais, peles, froitas...) que utilizan para adornar as súas cabezas.

De todas as fotografías de Hans Sylvester quédome con esta que vos achego: un rapaz a darlle de beber a un can.

Paréceme unha perfecta simbiose de home e natureza.

O can non bebería se o neno non lle botasea uga na boca.

Xa fai falla querer un animal para facer isto!

Habería que lles enviar esta fotografía a todos cantos os abandonan cando canasan de telos na casa.

Cantas veces nos darían auga os nosos cans se soubesen que con iso saciarían a nosa sede, cantas cousas non farían por nós!

Veña un grolo polo rapaz ese da tribo de L'Omo e polo seu can!

Comentarios (6) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 19-02-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Interesante artigo e todo un canto de amor pola natureza e polos animais. Pola natureza que, quen nos movemos na vertixe diaria, non somos quen de ver. Dígoo por min, que ás veces acaba por incordiarme o afectuoso pero desmesurado saúdo co que o can Blas me obsequia cada día, cando vo#blgtk08#u comer con miña nai.
Mágoa que a vertixe e a "civilización" traten de abandoar a quen nos dona, desinteresadamente, ese afectuoso saúdo.
Un grolo e mil, se cómpren, por quen mantén vivos tan fermosos feitos e sentimentos, coma os da tribo L´Omo. E por ti, por amosalos.
Comentario por A nena do paraugas (20-02-2010 11:36)
2 Interessante a cultura deste povo e o gesto carinhoso do menino.
Me pareceu que o cachorro estava gostando demais de tomar água desta maneira e, também muito agradecido.Dizem que o cão é o melhor amigo do homem, e,eu não duvido disto.Quantas vezes ví pessoas vagando sem destino,sem ter o que comer,sem ter moradia,mas,com o seu cachorro do lado,#blgtk08#fiel companheiro, que mesmo,sem abrigo,sem comida, não abandona seu dono, e, por sua vez,seu dono reparte o pão com ele e dividem o mesmo pedaço de chão pra dormir.
Todos os cachorros que tive até hoje, foram pegos da rua,abandonados,inclusive, a que tenho hoje,e,que me dá muita alegria e muito carinho. De vez em quando parece que quer falar!
Comentario por Solange Couto (20-02-2010 12:07)
3 É fermosísima a foto e o xesto do rapaz, compartindo dese xeito tan cómplice algo tan vital como é a auga. Os#blgtk08# cans son moi intelixentes, moi cariñosos e fieis e dende logo, coma ben di Solange, só lles falta falar...
Comentario por Eva Lozano (20-02-2010 16:16)
4 Non podo estar máis de acordo. Un dos meus cans, Roger, atopámolo abandonado nunha curva preto da miña casa á volta dunha viaxe a México. Ao comezo pensamos que era dalgunha casa da zona porque lle daban de comer pero a medida que ían pasando os días estaba máis fraco, máis triste (se cabe) e con máis cara de enfermo. Dec#blgtk08#idimos adoptalo, lavalo, quitarlle pulgas e carrachos e curarlle unha sarna terríbel que tanto insecto lle transmitira. Asegúrovos que é un compañeiro agarimoso de verdade. Xa vai para cinco anos que todo isto aconteceu e o Roger vive feliz. Fai falla ser unha mala persoa para abandonar un can nunha curva dunha estrada!
Comentario por Xesús Constela (20-02-2010 20:11)
5 Decidira non deixar comentarios nesta entrada... mais non podo. Hai catro anos miña afillada Mariña regaloume o mellor cachorro da camada do seu can "Can". O meu home, logo de dous cans que tivemos con tráxicas finais non quería ter outro can, polo que eu andaba á busca de un motivo que fixera que lle collera cariño. O nome que a miña filla Dina me suxeriu foi providencial. O meu home é un axente comercia que principalmente vende viño de diferentes ominacións e calidades. Di que o mellor viño que#blgtk08# vendeu nos seus 35 anos de dedicación é un que se chama Zinio. Ese foi o nome xurerido pola miña filla para o can co que o meu home chegou a compartir a cea, o repouso no sofá e ate algunha conversa que facía que me partira de risa. Hai un ano, na noite de difuntos, o Zinio desapareceu e nin buscas pola parroquia nin espreitas nas casa sospeitosas (pola beleza do can)fixeron que volvese... ainda hoxe, ás veces o meu home ten gañas de partir co canciño un anaco de xamón ou de costeleta saxonia...
Comentario por E Carpente (21-02-2010 17:18)
6 Vaia unha historia fermosa, E Car#blgtk08#pente. Veña un grolo polo Zinio!
Comentario por Xesús Constela (21-02-2010 18:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0