Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un lavadoiro en San Adrián de Cobres
Dende ben cativo gústanme os lavadoiros, dende que me achegaba aos bordes para ver aquela auga branca coma leite de tanto xabrón como levaba disolto de tantas e tantas mulleres que pasaran por alí a lavar...

Que ulido marabilloso!

Entón sempre aparecía algún adulto: coidado neno, non vaias caer que podes afogar.

O lavadoiro, polo visto, agachaba os mesmos perigos ca un pozo!

Agora, por fortuna pois nas casas hai lavadoras automáticas, ninguén se achega aos lavadoiros para facer a colada e a auga sae limpa polo desaugadoiro de pedra...

Fixádevos nos musgos que enchen de verde as paredes deste lavadoiro que fotografiei hoxe pola tarde no fondeadoiro de San Adrián de Cobres, no Concello de Vilaboa.

Falaban e falaban as mulleres cando baixaban ao lavadoiro para lavar...

Cantas conversas de mulleres contarían estes musgos se puidesen falar, cantas faladorías intercambiadas entre elas, cantas confidencias, cantas queixas, cantos chismes, cantas risas, cantos contos...

Cantas historias ficaron para sempre gravadas nas paredes dos lavadoiros!
Comentarios (11) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 17-02-2010 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Que interessante eram os lavadouros!Era bonito de ser ver. A cultura que existia em volta destas mulheres eram preciosas. Quanta sabedoria seus filhos adquiriram nestes lavadouros.
Por aqui o ritual que elas seguiam era o de ir lavar roupas beira-rio e passavam o tempo todo a cantar. Carregavam as trouxas de roupas sujas na cabeça e seus filhos pequenos as acompanhavam e banhavam-se, enquanto, #blgtk08#esfregavam. Algumas destas mulheres, que ainda são vivas, não se acostumam com as máquinas de lavar roupas. Acham que não limpam nada e lavam suas roupas na mão.
Ainda hoje, temos em algumas regiões menos favorecidas do país que levam esse costume, talvez, não por se tratar de um costume, e, sim, por não ter chegado os recursos necessários para a modernidade.
Muito bem lembrado Xesús!
Comentario por Solange Couto (17-02-2010 23:02)
2 Encántanme, son tan fermosos e gardan tantos segredos... Eu teño a lembranza de coller crías de ra nun que había en Figueroa (A#blgtk08# Coruña), así que daquela xa non se usaban... Aquí en Catalunya tamén hai, pero esa pedra e ese musgo só existen en Galicia...
Comentario por Eva Lozano (17-02-2010 23:16)
3 O lavadoiro por excelencia do meu pobo era o do baño das Caldas, a case dous kilómetros da casa de miña nai. Das súas billas saía auga quente a alí poñían xabrón á roupa. Logo estendíana na herba, para que clarease. Arredor había paus altos con cordas para secala. Normalmente a ese lavadoiro ían lavar as sabas e a roupa branca.#blgtk08#
Non obstante, o máis común no lugar de Refoxo era ir ao regato ou ao lavadoiro do Porto, que quedaba máis cerca, pero as súas augas estaban moi frías.
Eran lugares nos que as mulleres falaban de todo e axudábanse, cando non discutían ou se adicaban a faladurías sobre a veciñanza.
Si, se as pedras falasen!
Comentario por A nena do paraugas (18-02-2010 06:44)
4 Poderiamos dicir, entón, que igual que a televisión acabou en moitos fogares coa tertulia familiar arredor dunha mesa a lavadora automática acabou co sistema tradicional de transmisión de faladorías n#blgtk08#o medio rural? Por certo, vós le,mbrades ás lavandeiras que ían polas casas a recoller as sabas para lavar e levaban na cabeza aqueles pesados cestos cheos de roupa? Eran parte da paisaxe, sen dúbida!
Comentario por Xesús Constela (18-02-2010 17:40)
5 Eu xa non as lembro, pois desde ben pequena, na casa de meu avó había un pozo, do que se sacaba auga cunha bomba daquelas que tiñan unha panca (sacar auga con aquel aparello era o meu divertimento favorito e custoume catro castigos!)e a carón do pozo fixo un pilón para lavar. Aínda que a casa estaba perto do camiño #blgtk08#por onde pasaba todo o mundo cara as leiras, non lembro ter visto isto que contas, pero si ir coa miña tía avoa ao baño das Caldas ou ao Porto e ver alí moitas mulleres lavando.
Os avances tecnolóxicos é o que teñen: Sacan traballo das costas, pero tamén fan que se perda a comunicación directa!
Mágoa!
Comentario por (18-02-2010 19:01)
6 Perdón. Esquec#blgtk08#ín a sinatura.
Comentario por A nena do paraugas (18-02-2010 19:06)
7 Eu non lembro o que dis, porque xa nacín con lavadora e esas cousas todas, pero cando ía a aldea alucinaba coas vacas pola estrada, ordeñan#blgtk08#do a da veciña, collendo os ovos da outra... Era moi emocionante, aínda que aquel leite non che me gustaba nada e aínda lembro aquel sabor!
Comentario por Eva Lozano (18-02-2010 19:18)
8 Pois na miña casa sempre se lavou na casa, antes había pilón nos pisos, polo menos no meu, tamén lembro aquelas primeiras lavadoras que facían movementos de vai-ven, logo había que aclarar a roupa no pilón.
Cando ia no verán a Pontedeume si que me gustaba acompañar á miña tia ó lavadoiro #blgtk08#da casa dos meus bisabós, de pedra, enchíase de un manancial guiado desde un monte preto da casa, entraba a aunga limpa e saía continuamente, renovandose, logo o clareo e a comida na casa, unha mesa enorme con moita xente, e de postre requeixo con mel, todo da casa, claro ¡que rico estaba todo!
Comentario por E Carpente (18-02-2010 20:51)
9 Eu gostaria de ter nascido neste meio, onde se podia apreciar paisagens maravilhosas, lavadouros,ordenha de vacas,mulheres lavando roupas nos lavadouros, etc...Mas nasci na cidade grande, onde já se tinha uma certa evolução, muito embora,minha mãe lavava as roupas na mão, esfregando no tanq#blgtk08#ue, e lavava muita roupa, pois eramos em cinco,e, não tardou em chegar uma máquina para ajudá-la. Destes lavadouros,somente tenho lembranças de ter visto em novelas, reportagens e, também, fazem parte da nossa história,quando as escravas íam lavar as roupas de seus senhores na beira do rio.
Comentario por Solange Couto (19-02-2010 01:20)
10 O progreso sempre trae consigo a desaparición de moitas cousas que cando marchan levan consigo moitas outras, malas e boas. Vaia se está ben que se inventase a lavadora automática e vaia se está #blgtk08#ben que se inventase a plancha eléctrica e mesmo a secadora neste clima tan húmido que habitamos! Pero é verdade: os avances sempre teñen a súa parte negativa. Cantas cousas nos quedarán por ver?
Comentario por Xesús Constela (19-02-2010 19:19)
11 E... canto tempo nos queda pa#blgtk08#ra ver as que faltan por vir?
Comentario por A nena do paraugas (19-02-2010 20:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0