Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do "cenote" de Dzinup (Yucatán, México)
Cheguei a este impresionante lugar por medio dun taxista a quen preguntei cal era o "cenote" máis fermosos que se podía visitar na Península de Yucatán (México).

Dzinup, de fermoso nome maia, atópase preto da cidade de Valladolid (vaia unha teima dos colonizadores de repetir os nomes dos seus lugares de orixe nas terras conquistadas, o mesmo aconteceu cos británicos, que encheron o mundo de topónimos das súas illas)

Un meniño de arredor de sete anos, de nome Antonio, nunca o esquecerei ("Antonio le cuida su carro, Antonio le cuida su carro... corría á miña beira cando cheguei á aldea) contoume a lenda da descuberta do cenote, unha lenda que aprendera de memoria para contárllela a todo canto por alí aparecese a cambio dun peso.

Un cazador maia saíu ao monte a cazar venados pero atopou un xabarín.
Disparoulle.
Pero non o matou.
O xabarín meteuse por un furado e o cazador foi detrás.
Como o furado era moi pequeno houbo abrilo co seu machete e... atopou unha lagoa inmensa soterrada!
Púxolle o nome de Dzinup, que´, non podía ser doutro xeito, en maia significa xabarín.

Esta é a historia que me contou "Antonio le cuida su carro", a mesma historia que conta a todos cantos aparecen por alí en carro.

Se non fose por aquel taxista de Valladolid nunca tería atopado este verdadeiro tesouro agachado baixo a terra e afastado completamente das rotas turísticas da Península de Yucatán.

Sabedes o refrrescante que foi darse un baño nas escuras augas do "cenote" apenas rachadas por un feixe de luminosidade que entra polo furado da cúpula da cova? É a única luz que entra na caverna e posibilita que o visitante poida ver unha multitude de peixiños negros a nadar na frescura das augas.

Foi o baño máis orixinal que tomei na vida.

Asegúroo.

Se existen lugares máxicos o "cenote" de Dzinup é un deles.

Non teño dúbida ningunha.

Veña un grolo por Antonio-le-cuida-su-carro e por todos os meniños de América Latina que non gozan dunha escolarización axeitada.

Veña un grolo por eles todos!
Comentarios (7) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 13-02-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 abofé! subscribo todo o que dis.
Eu tamén estiv#blgtk08#en lá
http://cccp.blogaliza.org/2007/05/28/eu/
Comentario por W. Sobchak (13-02-2010 12:33)
2 Quen nos dera estar agora en Dzinup, non si W. Sobchak? Ás veces a vida ten so#blgtk08#rpresas coma este cenote agachadas detrás dun recuncho e por iso paga a pena!
Comentario por Xesús Constela (13-02-2010 13:10)
3 Impresionante lugar. Máxico, sen dúbida, deses que semella que só existen nas pelis de piratas... Tamén quero brindar por #blgtk08#eses neniños, pero iso si, teñen moita sabiduría popular, esa cultura oral que non ten prezo e por aquí estamos perdendo!!
Comentario por Eva Lozano (13-02-2010 18:08)
4 Eu son viaxeira de documentais. Digamos que non me gusta viaxar e son preguiciera, pero abofé que debe ser ese un sitio ben... estimulante!

Por cer#blgtk08#to, tantos grolos... Non nos deixarán máis para alá que para acá? Ben. o Entroido ben o merece! Veña un grolo, logo. A Cuaresma xa virá!

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (13-02-2010 21:04)
5 É pura supervivencia a deses cativiños a correr detrás dos coches que se achegan á súa aldea. E tes que ir con moito coidado. Todo o sul de México está cheo de aldeas indíxenas a pé das estradas nas que o goberno decidíu poñer barreiras que impidan correr aos coches e, sobre todo, aos camións#blgtk08# para que non atropelaran aos nenos. É horríbel! O dos grolos, nena do paraugas, é un xeito de brindar pola vida. Podes poñer dentro da copa ou da biotella ou daquilo co que brindes o líquido que máis che apeteza. E cando chegue a coresma, pois pos auga e asunto resolto. nada peor có pecado!
Comentario por Xesús Constela (15-02-2010 11:06)
6 Se vê muito em filmes mexicanos, esses meninos correndo atrás dos carros,para ganhar uma moedinha e contar suas histórias.
Acredito realmente que #blgtk08#tenha sido o banho mais original, pois não seria pra menos.Perfeito lugar escondido!
Quem me dera ter passado por lá, somente para olhar!
Comentario por Solange Couto (15-02-2010 21:41)
7 México é de verdade un país que sorprende cheo de persaos realmente encantado#blgtk08#ras. Yucatán é deses lugares que paga a pena visitar porque nunca decepciona.
Comentario por Xesús Constela (15-02-2010 22:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0