Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Curros Enríquez
Deixou onte alguén un comentario que remataba cunha frase de Curros Enríquez:

"Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve"

Adoro este Curros anticlerical d'O divino sainete.

E tamén o de Nocturnio, que me parece un poema cunha sonoridade sen parangón:

Da aldea lonxana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas eiras o céspede mol
.

E tamén o d'O Gueiteiro de Penalta, que cando o les en voz alta parece que esteas a cantar, ou esa marabilla de Aí vén o maio, ou a elegante melancolía de Unha noite na eira do trigo...

Que grande Curros!

Veña un grolo por el!

Comentarios (6) - Categoría: De literatura - Publicado o 12-02-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 A poesía galega actual (a de calidade) non sería a mesma se, logo do esplendor das cantigas de amigo, amor e maldizer, e de Alfonso X, non houbese un Rex#blgtk08#urdimento tan glorioso, grazas a Rosalía, Curros, Pondal e outras fructíferas herbas desta TERRA.
Grazas por refrescarme a memoria!
Saúdos.
Comentario por (12-02-2010 15:16)
2 Nunca saberemos agardecer de verdade o que os escritores do Rexurdimento fixeron pola lingua e pola Terra. Sen eles hoxe probabelmente non estaríamos a utilizar a lingua neste blog, por exemplo. Quen sabe en que mnomento da historia tería desa#blgtk08#parecido por complreto. Por iso, entre outrsa cousas, estamos obrigados a utilizala e a loitar por ela. Veña un grolo pola coraxe dos escritores do Rexurdimento, que souberon convertir a lingua popular en materia da literatura con maiúsculas!
Comentario por Xesús Constela (12-02-2010 19:12)
3 Por certo, comentarista anónimo/a, por que non po#blgtk08#s un nome para poder dirixirme a alguén con nome?
Comentario por Xesús Constela (12-02-2010 19:13)
4 Fermosos os poemas de Curros, e fermosas as adaptacións musicais dos ú#blgtk08#ltimos que mencionas. Desas cancións que me transportan a infancia...
Comentario por Eva Lozano (12-02-2010 19:26)
5 Era eu, pero creo que esquecín o detalle de pór o curs#blgtk08#or onde di "Nome".
As miñas desculpas.
Comentario por A nena do paraugas (12-02-2010 20:44)
6 Completamente desculpada, nena do paraugas. Alégrome de que os poe#blgtk08#mas de Curros evoquen cousas fermosas. Non podía ser doutro xeito!
Comentario por Xesús Constela (13-02-2010 10:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0