Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Jesús Vázquez premiado polo Opus Dei
Ese señor que tedes na fotografía chámase Jesús Vázquez e é, con diferencia, o peor conselleiro de educación que nunca tivo este país (e a verdade é que o listón non estaba nada alto para conseguir tal distinción).

No tempo que leva no cargo teimou en cargarse o pouco, o moi pouco, que a lingua de nós tiña avanzado no mundo do ensino. (É o ariete de Feijóo no esmagamento do galego xunto con Anxo Lorenzo, director xeral de política lingüística.)

Ten na súa contra a todo o mundo dos ensinantes, dos pais e o alumnado, isto é, á comunidade educativa en pleno.

Unha das primeiras medidas que tomou o seu departamento nada máis chegar el foi eliminar a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, co que a Xunta de Galicia aforrou unha boa morea de cartos (varios millóns de euros)

Supoño que estaredes a pensar que os investiron en, por exemplo, mellorar as instalacións dos colexios públicos que do seu departamento dependen, ou en dotar de máis material as bibliotecas escolares, ou en informatizar as aulas para poñelas á altura dos tempos que vivimos, ou en contratar persoal docente e non docente para mellorar arede pública de centros...

Non. Investiron o diñeiro en pagar concertos con centros do Opus Dei que discriminan o alumnado por sexos nas aulas (precisamente cando unha das condicións para eses concertos é que non exista tal discriminación)

Pois ben, por se aínda a alguén lle cabía algunha dúbida sobre o talante dereitoso/opusístico do personaxe hoxe os centros do Opus Dei veñen de concederlle, ALUCINADE!, o PREMIO LIBERTADE DE ENSINO"!

Preguntarédesvos por que.

Pois por "terse destacado no recoñecemento das familias a educar os seus fillos de acordo coas súas conviccións", dixo o xurado de tal premio.

Tiñan que pagarlle os servizos prestados!

Xa pode estar satisfeito.

Xa!

Cando nos sacaremos de enriba a estes persoeiros que de ningún xeito nos merecemos?
Comentarios (9) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 10-02-2010 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Sei que algún día a esa misteriosa orde que é o Opus Dei comezaranlle a saír escándalos e cousas que acabarán con ela. Manexan o país, controlan o PP de arriba a abaixo, como aqueles da Ciencioloxía son postos nos mellores lugares da política para conseguir máis poder a través do poder: canto máis teño, máis quero, que diría aquel... Dan moito medo#blgtk08#, pero aí ten que haber algo que alguén, algún día, sacará á luz e por fin desaparecerán, se hai sorte... O do Conselleiro este non me sorprende por esta razón, porque case todos os que están no poder, os do PP, son do Opus e están ben seguros nos seus postos, se non que llo pregunten a aquela madrileña que faga o que faga ten completa inmunidade!
Comentario por Eva Lozano (10-02-2010 21:44)
2 Agradécese o optimismo que despregas, vaia que si. O malo é que teño asensación de que sempre estamos a perder o tempo. É poder polo poder. A cousa para esta xente consiste en aleccionar rapaces para logo inserilos nos postos de saída das lis#blgtk08#tas electorais cando son maiores. Viven en verddeiras burbullas relixioso-político-mediáticas dende onde poden controlar a pensamento dos adeptos. O que nunca comprendín é por que non son considerados legalmente unha seita e tratados como tal.
Comentario por Xesús Constela (10-02-2010 22:33)
3 Porque teñen o poder, por iso ninguén se atreve a dicir o que realmente son. Igual que a ninguén lle estraña que os grandes actores sexan cienciólogos, porque teñen o outro poder, o mediático. É igual que despois crean en cousas raras, paguen millóns pola causa, cumpran con estraños rituais... Is#blgtk08#o non se ve, só vemos o guapos que son e dos políticos só vemos esas risas falsas aos que xa estamos máis que acostumados. O camiño, os colexios opusianos, son terribles. Teño amigas que pasaron alá un tempo e as pobres marcharon horrorizadas. Se entras polo aro, ben, se non, xa podes marchar...
Comentario por Eva Lozano (10-02-2010 23:01)
4 Deus me libre de entrar a valorar a ideoloxía política de ninguén, ni a relixión que profesa, pero se hai algo que verdadeiramente me moleste é que se mesture ensino-relixión-política, posto que deste cóctel só poden saír medidas segregadoras, tanto para as mulleres, coma para os sectores máis desfavorecidos.
E dito isto, permítaseme dicir que nin ao señor Currás, conselleiro de educación por excelencia do PP, se lle terían ocorrido tan tamaños despropósitos, coma ao señor Vázquez. Ata a señora Piñón no seu momento puxo en pé de guerra ao profesorado, coa medida aquela de abrir os comedores en xuño e setembro, pero soubo manobrar minimamente ben, negociando melloras horarias para o profesorado de Primaria. O de Vázquez xa é moito. E non polas medidas, segundo el, innovadoras, senón polas declaracións que fai ás veces. E digo isto porque, alguén que se declara defensor da liber#blgtk08#dade no ensino, debía ter máis coidado cos galardóns que acepta. O ensino público hoxendía é moi plural, respecto da práctica das relixións, entre outras cousas, posto que a inmigración esixe respecto para a súa ideoloxía e nunca un cargo público que, se supón, o é de todo o ensino, fundamentalmente do público, que é a empresa que rexenta, se pode decantar tan claramente por un sector concreto, ligado a unha ala tan reaccionaria (creo eu) da relixión maioritaria do país, a saber, a católica.
E xa non me meto coa presenza das relixións nos currículos educativos, porque estendería demasiado. Pero, que se podía agardar logo das mobilizacións habidas en 2005 e apoiadas pola máis rancia dereita, respecto da relixión nas escolas? Déixovos un enlace coa miña opinión sobre este asunto, por se vos interesa.
http://www.stegsindicato.org/artigosdeopinion/concha_lopez2.htm
Comentario por A nena do paraugas (11-02-2010 07:37)
5 É moi de agradecer un artigo coma o teu tendo en conta que vén dunha mestra practicante. Non ten desperdicio, é unha verdade detrás da outra, e amosa unhas ideas moi claras e sensatas, sobre todo sensatas, que é o que tanto fai falta nesa xente toda que se manifestou daquela e que non acaban de entender que vivimos nun estado laico e que coma ben dis hoxe en día temos un ensino público de calidade e quen non o queira, que pague, e punto. Eses católicos "fundamentalistas" que se negan a avanzar, eses do Opus que están por tod#blgtk08#as partes, deberían ir a un par de clases túas a ver se van cambiando un chisquiño. Eu non son católica, nin practicante, pero respecto moitísimo esta e todas as relixións. Crieime na católica, como todos ata a miña xeración, e por iso é para min tan respectable, pero toda esa xente fai que se acabe desfigurando a verdadeira fe, que o pobo lle colla manía, que confunda esas ideas coa propia relixión, e é unha pena, porque só se trata duns grupos ben determinados que tamén soñan coa volta a aqueles tempos de represión total.
Comentario por Eva Lozano (11-02-2010 12:25)
6 Non teño nada que engadir. Comparto e s#blgtk08#ubscribo plenamente as vosas opinións.
Comentario por Xesús Constela (11-02-2010 20:44)
7 Por certo, nena do paraug#blgtk08#as: Un artigo magnífico!
Comentario por Xesús Constela (11-02-2010 20:49)
8 Graz#blgtk08#as.
Comentario por A nena do paraugas (11-02-2010 21:57)
9 É perfectamente comprensible que a este señor o premie o Opus Dei (que xa é pretencioso chamarlle "Obra de Deus"). É tal a súa incompetencia#blgtk08# que non me extraña o nomease Conselleiro de Educación o partido gobernante en Galicia, porque diso se trata, de desprestixiar a educación.
Comentario por Guereñu (16-11-2012 18:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0