Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da Itaca de Kavafis
Falabamos estes días de viaxes a conto das nubes que me enviara Solange dende Sao Paulo.

E veu á miña mente este grandioso poema de Konstantinos Kavafis, que fala da importancia de atesourar coñecementos e experiencias no proceso da viaxe.

Cando emprendas a túa viaxe cara a Itaca
debes pregar que a viaxe sexa longa,
chea de peripecias, chea de experiencias
...

Onde está a Itaca particular de cada un de nós?

É a viaxe a Itaca o símbolo da nosa existencia, do noso pequeno paso polo mundo?

É curioso que fale de "pequeno" paso polo mundo cando en realidade ese paso é a nosa vida enteira e verdadeira.

A vida é a viaxe máis grande que emprendemos dende o intre mesmo de nacermos.
(Unha viaxe sen destino coñecido.
Velaí a súa importancia!)

Debes pregar que a viaxe sexa longa,
que sexan moitos os días de verán;
que te vexan arribar con gozo, alegremente,
a portos que ti antes ignorabas
...

Cantos portos fican aínda por visitar?
Cantas cidades por coñecer?
Cantos son os lugares aínda ignorados?

Conserva sempre na túa alma a idea de Itaca:
chegar alí, velaí o teu destino.
Mais non fagas con présas o camiño;
mellor será que dure moitos anos,
y que chegues, xa viejo, á pequena illa,
rico de canto terás gañado no camiño
...

A viaxe é precisamente o importante, non o destino final.
A viaxe é o que nos vai deixar sorprendidos, polo simple (que non sinxelo) pracer de vaiuaxar e de movernos.

Xa haberá tempo de chegar!

E que sexamos moi vellos cando o consigamos!

Só me queda desexarvos a todos unha moi boa viaxe chea de bos momentos (chea de verán) e ateigada de praceres.

Quizais nos vexamos ao remate do camiño.

Quen sabe?

Boa viaxe!

Que grande era Kavafis!





Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 09-02-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Maravilhoso este poema Xesús!
Por certo que a vida é a mais longa viagem, e, mesmo assim, parece que nunca vamos cohecer e aprender tudo..#blgtk08#.
Mas é isso mesmo, temos que fazê-la sem pressa, porque devagar se chega ao longe!
E o destino final, deixo por conta da viagem...
Comentario por Solange Couto (09-02-2010 13:50)
2 Non vexo tan longa esta nosa vida, esta viaxe cara a Ítaca particular. Coido que pasa voando, que somos tan pequenos no Universo como curto o noso paso por el, e é por esa razón pola que temos que gozala e aproveitala todo o que poidamos. É cando temos fillos cando máis nos#blgtk08# decatamos da fugacidade da vida, de como pasan os anos por eles (e por nós), tan rápido que dá medo, cando antes os anos nos acaban nunca... É bo coñecer, aprender, gozar... pero tamén, sobre todo, merecemos ser moi felices neste noso paso, porque se non, que sentido ten?
Comentario por Eva Lozano (09-02-2010 18:10)
3 Totalmente de acordo. A vida, polo menos a min, ultimamente, vaime aunha velocidade que mesmo me dá medo. É tan difícil atesourar momentos e tan doado esquecelos! Vivamos/viaxemos, intentemos gozar dos que nos rodean, respirar a pulmón aberto a cada instante. Esta é a filosofía que intentaba transmitir cando o ou#blgtk08#tro día colguei a fotografía da onda a lamber a praia de Areas. Un instante diminuto que me dixo moitas cousas, moitísimas. Pasoume tamén cando agromaron as primeiras camelias do ano na miña casa. Iso é o fermoso da vida, eses instantes. Os fillos medran como condeanados. É o que teñen que facer: facernos vellos.
Comentario por Xesús Constela (09-02-2010 23:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0