Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Madredeus: Haja o que houver
Hai cancións que non precisan presentación nin explicación, cancións que se definen por si soas.

Esas son as mellores.

Nada tan sinxelo coma esta letra de Madredeus.

Pero detrás desa aparente sinxeleza agáchase unha tremenda carga evocativa.

É a música que nos transporta.

Própóñovos un experimento:
Primeiro escoitádea seguindo a letra e despois facédeo cos ollos pechados e...

e deixádevos levar.

Boa viaxe!

Haja o que houver
eu estou aqui
Haja o que houver
espero por ti
Volta no vento
Ó meu amor
volta depressa
por favor
Há quanto tempo
já esqueci
Porque fiquei
Longe de ti
Cada momento
é pior
Volta no vento
Por favor
Eu sei, eu sei
Quem és para mim
Haja o que houver
espero por ti



Comentarios (8) - Categoría: Sala de música - Publicado o 06-02-2010 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 É, viajei! Fui longe, outras dimensões, outros espaços. Quase não volto!
E essa #blgtk08#parte que diz:" volta no vento por favor... é profunda!
Gostei muito da viagem!
Comentario por Solange Couto (06-02-2010 22:06)
2 Xa non é o que di, é como se expresa!
Cando sexa grande, gustaríame ser quen d#blgtk08#e... seguirme emocionando ao escoitar cousas coma esta e coma todas as de Madredeus!
Comentario por A nena do paraugas (07-02-2010 08:18)
3 Antes de nada gustaríame agradecerlle de corazón á nena do paraugas que leve xa uns días connosco, que dá gusto ser un máis nesta aventura de nos encontrar cada día virtualmente dende puntos tan distantes grazas a estas tecnoloxías. Verás que será unha aventura interesante, con este Xesús que nos aporta cousas tan diferentes, tan fermosas, tan duras ás veces, que nos fan remover algo dentro cada día...
Esta canción #blgtk08#que hoxe nos achegas, Xesús, lévoa no coche hai uns anos, nunha cinta (si, aínda vou con cintas no coche) que ten músicas do mundo, onde tamén está Cesària Évora co seu 'Saudade' (o 'Sodade' en cavoverdiano, coido que é), ou Nene Cherry e Youssou N'Dour co seu '7 seconds'. Non podo pechar os ollos mentres conduzo, pero si que o poño ben alto e me transporto a outros lares. Gozada!
Uns grolos polos grandes artistas!
Comentario por Eva Lozano (07-02-2010 11:32)
4 Antes de nada eu tamén quero dar a miña benvida á nena do paraugas. E aproveito de paso para que visitedes o seu máis que fermoso blog. Benvida, nena do paraugas á nosa viaxe conxunta. Solange, alégrome de verdada de que che gustase a canción e tes razón, ese "volta no vento por favor" é unha das cousas máis fermosas que ten o poema. Evoca tantas cousas! Viva Madredeus. Eva: Eu tamé#blgtk08#n ando con cintas e lévoas dentro dunha fiambreira dende hai unha morea de anos. Algún día teremos que nos pór á altura dos tempos e pasar ao CD, non cres? Por certo, que grazas polos "piropos" ao blog. Se nopn fose pòlas vosasa visitas diarias isto non existiría. Por certo, que xa levamos un ano! Ah! Esquecíao: Eu tamén gosto moito de Cesária Évora e de Yossou N'Dour. Son grandes!
Comentario por Xesús Constela (07-02-2010 18:56)
5 Matáchesme Xesus.
Nesta tarde nostalxica e chuviosa de inverno, con esta melodía quedeim#blgtk08#e turbado.
Grazas por compartir a túa sensibilidade e os teus gustos musicais connosco.
Comentario por Quetu (07-02-2010 19:23)
6 Moi boa a viaxe, moi interna, pechando os ollos (como di Eva que non pode facer) no meu sofá teño a sensación de ser mecida no vento, sobre o mar para voltar á miña casa preto dos piñeiros que tamén abana o vento, ben que hoxe vai lene, non vai frío o gozamos #blgtk08#dun día bastante soleado no Condado. Fermoso o video que ofreces e a entrada no seu último disco "A nova aurora". Tamén lle dou a benvida á Nena do paraugas, veño dar unha volta polos seus versos, con algún deles sentinme moi identificada. Un groliño por ela!
Comentario por E Carpente (07-02-2010 20:01)
7 Grazas polas vosas palabras. Non sei d#blgtk08#icilo doutra maneira.
Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (07-02-2010 20:54)
8 Alégrome de verdade de que vos gustase a canción de Madredeus e#blgtk08# de que a viaxe vos fora propicia. Veña o grolo por nós todos.
Comentario por Xesús Constela (08-02-2010 16:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0