Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Adolfo Domínguez e a usura
Que vos pareceron as declaracións de Adolfo Domínguez desta semana nas que avoga polo "despido libre" para motivar aos empregados, carga contra os funcionarios públicos e contra o estado do benestar?

Podedes consultalas aquí.

Vaia un elemento!

Polo visto quere que os empregados que ten aquí no país "gocen" das mesmas condicións que aqueles que fabrican as súas pezas de moda en países do terceiro mundo.

Iso chámase USURA. Así, con maiúsculas. Non ten outro nome!

Por certo, que o noso amadísimo presidente, tan neocon el, saíu na súa defensa.
Podedes ler aquí a súa defensa.

Vaia parella!
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 05-02-2010 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Desta persoa, de quen lamento que sexa fillo de Ourense, pois creo que esta pobre pero fermosa e xenerosa provincia non merece tal representante, xa non me estraña nada, logo de dicir nunha ocasión algo así como que as traballadoras galegas seica tiñan pouca "clase". Dígoo así por dicilo un pouco fino e porque non lembro exac#blgtk08#tamente o que dixo e non quero poñer na súa boca palabras que non dixo, pero si lembro o sentimento de frustración que sentín cando as lin. Sobre todo porque creo que quen non valora ás persoas que fan parte da súa TERRA, pouco lle quere á mesma TERRA, por moito que pretenda vender ben o seu agarimo.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (06-02-2010 02:06)
2 O mellor deste suxeito é que a meirande parte da roupa que vende está fabricada en Marrocos e Asia. É o capitalismo no seu estadio máis puro. E logo anda por aí a dar con#blgtk08#ferencias acerca do cambio climático para ir de progresista e de moderno. Este tipo de xente repúgname. Así de sinxelo. Será que non teño mesma clase ca el. Vai ti saber.
Comentario por Xesús Constela (06-02-2010 11:08)
3 E el ten clase? Clase de que? De facer fortuna a conta de miles de pringadas, que non teñen outra maneira de darlle de comer á súa familia e de comer elas?
Prefiro non #blgtk08#ter clase, en serio.
Cada vez que baixo a Avenida da Habana en Ourense e chego á esquina na que está a súa tenda... ganas me dan de non sei qué. Sinto vergoña allea...
Comentario por A nena do paraugas (07-02-2010 08:15)
4 Eu tamén penso que é un explotador e que que clase nada, polo menos no bo senso da palabra. Tamén penso que non está só nesa explotación. Hay tempo que as prendas que merco en El Corte Inglés#blgtk08# teñen unha etiqueta que debe ser a mesma que a de Adolfo Dominguez, todo está feito en Asia ou en Africa. Dame a risa cando falan da "MODA GALEGA", ben entendido que esta é unha risa amarga.
Comentario por E Carpente (07-02-2010 18:32)
5 Tes razón, nena do paraugas. Errei. É el quen non ten a mesma clase que todas esas persaos que fabrican as súas roupas no terceiro mun#blgtk08#do por un salario probabelmente ridículo e intolerábel. Ten razón E carpente: un explotador. Esa e non outra é a clase deste suxeito.
Comentario por Xesús Constela (07-02-2010 19:23)
6 Menudo paxaro: xa foi denunciado no seu día por non ter #blgtk08#dados de alta a varios empregados na Seguridade Social.
Comentario por G (16-11-2012 18:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0