Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A choiva que volveu
Non foi maís ca un espellismo ese sol que quentou a terra nestes dous días pasados, unha andrómena forxada no interior da nosa cabeza, un pinchacarneiro do tempo sempre a xogar, bromista el.

Agora chove con forza de novo e iso fíxome lembrar un poema de Federico García Lorca, deses seis que escribiu en galego.

Non estou en Santiago pero ben vale para expresar o que me fai sentir a choiva esta que nos rega teimuda.

Velaí vai:

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escrura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 04-02-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Moi coñecido para min este poema... Non direi máis...

Pois si, aquí hoxe tamén marchou o sol e veu a choiva, pero polo visto o sol volverá pronto, iso din as previsións, e comezaremos de novo a adentrarnos na fermosa primavera, #blgtk08#e volveremos a ensinar as árbores floridas, esas que podaches e que despois cho agradecerán brollando enchidas de cores. Aquí os campos están verdes, grazas a esas choivas, e mesmo ás neves, e como é unha terra cha é moi fermoso contemplalos.
Comentario por Eva Lozano (04-02-2010 23:37)
2 Quando temos a presença do sol, tudo parece mais bonito, mais colorido, mais vivo. Estes dias cinzas, deixam as cores apagadas e parece que nunca mais vai aparecer o sol,mas ainda bem que ele aparece pra mostrar-nos toda a beleza que nos rodeia.
#blgtk08# Estamos tendo dias maravilhosos no Brasil,muito sol, muito calor...Mas, a tarde estamos tendo pesadelos, por conta da chuva forte, tempestades, enchentes e mortes. Desta vez,o fenômeno "El niño" exagerou! Muito embora, não somente ele, seja o culpado.
Comentario por Solange Couto (05-02-2010 17:39)
3 O tempo volveuse louco completamente. Só oímos falar de catástrofes por todas partes. Onde antes case non chovía agora hai cheas e inundac#blgtk08#ións. Pola contra noutros lugares que sempre eran húmidos agora hai secas teríbeis. É o quentamednto global. Maldito efecto invernadoiro!
Comentario por Xesús Constela (05-02-2010 17:57)
4 Fermoso poema,si.
O poema é máis fermoso que a choiva, que tamén ten o seu encanto, como relata Lorca. Qué poder ten a auga que o mesmo que da a vida tamén a quita, arrasa con todo. Auga, vent#blgtk08#o e lume. En proporciós pequenas son unha marabilla. Un chaparrón na primavera, unha brisa no verán, unha cacharela na casa ou fora.... máis se se soltan e atacan con forza, que cousa máis horrorosa.
Comentario por E Carpente (05-02-2010 19:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0