Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Das cousas que conta o mar
De que fala o mar?

De que fala cada onda que pinta na praia as cores da súa mensaxe?

Que secretos nos transmite a cunchiña de mexilón que fica deitada na area poara que pase un neno e a recolla, para que a pise a zapatilla dese home que corre pola beiramar, para que se refuxe debaixo dela un caranguexo recén nacido?

Que berra a botella de plástico golpeada unha vez e outra máis contra as rochas na loucura do temporal?

De que fala o mar?

Fala das xentes que o cruzan dun continente a outro na procura dun sono inexistente?

Fala quizais da ultima guerra que comezou nas costas dun país lonxano que non sabiamos nin que existía?

Ou fala do vóo da gaivota pendurada do ceo coma un debuxo que alguén esqueceu rematar?

Onde está o resto da bandada?

Existen os parrulos que voan xuntos en perfexta formación con forma de uve?

Existen?

Ou son outro invento maís dos debuxos animados?

De que fala o mar?

De que?

Das longas xornadas de estío cando non eramos máis ca experimentos de persoa a aboiar aferradas a un flotador con debuxos de estrelas?

Das fermosas amizades adolescentes coas que compartiamos o sabor dos primeiros cigarros antes de saber que existía o cancro de pulmón?

Das verbenas interminábeis baixo bombillas de cores que cruzaban de canto a canto o adro da igrexa por diante do palco onde unha orquestra tocaba unha vez e outra máis as cancións do verán?

De que fala o mar?

Cando o saiba vou copiar nun caderno todo canto me diga...

E as follas do caderno van ter o ulido do salitre.

E cando alguén o colla para ler o que pon nunca máis vai querer lavar as mans.

Nunca máis...
Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 03-02-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Penso que você já contou quase tudo sobre as coisas que contam o mar, mas, acredito que nunca vamos mesmo saber sobre todas elas. O mar é um mistério e esconde muitos segredos!
Gosto muito de uma música que fez e #blgtk08#faz sucesso até hoje um rock romântico cantado por Lulu Santos de título: Como uma onda... podem ouvi-lo e ver a letra da música através deste site: http://letras.terra.com.br/lulu-santos/47132/
Espero que gostem!
Comentario por Solange Couto (03-02-2010 22:27)
2 Fermosa canción, Solange, graciñas por achegárnola! "Gostei muito".
Xesús, esas visualizacións que nos amosas son exactamente as que todos temos. Que casualidade que o meu primeiro cigarro foi, precisamente, en Praia América! Desexaría non telo feito nunca, pero polo menos teño a sorte de levar xa dous anos sen fumar, e para sempre, sen ningunhas ganas de volver!
O mar fala de tantas cousas... pero cala moitísimas máis, non si? Esa é a idea que eu teño do mar, o infinito misterioso, inalcanzable, reflexo do firmamento, p#blgtk08#rofundo e escuro... Por iso é a súa imaxe, a súa beleza, e o seu arrecendo, o que podo ter del, o que non temo e o que gozo, cando podo. Pouco me mollo nas súas augas, e nunca que me cubra, claro... O mar é respecto e poder. Amo o mar, a rocha, a area, e si, os paxaros voan formando figuras, porque eles non agochan a súa mensaxe, porque así están máis cerca de nós, e falan e van cambiando as súas figuras. Aquí, na terra, tamén. Na miña aldea fan unhas cousas alucinantes, e ás veces téñenme na ventá hipnotizada, seguindo a súa danza...
Comentario por Eva Lozano (03-02-2010 23:34)
3 O mar e o que lle pon a unha paisaxe o toque que me gusta. Nacín á sua veira e á sua veira pasaron os momentos clave da miña vida, algún moi fermoso. Naceron as miñas fillas a 20 metros. Tomar o sol, pasear pola veira. Uns anos vivín n#blgtk08#un piso no que podía ver desde o balcón o monte da Guía á dereita e Monte Ferro á esquerda e gozar da posta do sol era diario, qué fermosas cores!. Cando había temporal era fermoso tamén, pero non daba serenidade, alertaba os sentidos.
Comentario por Eva Carpente (04-02-2010 18:06)
4 Todos de acordo. Bendita unanimidade! Non era tan difícil, entón, descifrar os códigos do mar. Gústame moito iso que dis do misterio, Eva. O mar é coma un f#blgtk08#ío moi longo polo que podemos empezar a tirar. quen sabe o que pode estar atado no outro estremo? Moi boa a canción, Solange. Grazas mil por falarnos dela.
Comentario por Xesús Constela (04-02-2010 19:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0