Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Unha onda en Areas
Inauguro categoría.

Vouvos presentar fotografías feitas co meu móbil en momentos que quixen atesourar para nunca esquecelos.

Non agardedes obras de arte porque nin sequera intentan selo.

Son iso: momentos para atesourar na memoria.

Non pretenden máis nada.

Hoxe agasállovos cunha ondiña na beiramar na praia de Areas en Sanxenxo, onde fun pasar a tarde na compaña dos meus cans até mesmo hai uns momentos.

E paseamos praia arriba e praia abaixo. Unha vez e outra máis

E atopamos outros cans.

E varios paus deixados pola marea.

E unha nai a lle dar un iogur a un neno.

E unha necoriña morta deitada patas arriba, un cadáver esquecido.

E atopamos tamén esta onda a lamber a area que lle dá nome á praia cun agarimo verdadeiramente grande.

Hai algo máis fermoso ca este amor do mar pola praia?

Por certo, que a banda sonora do momento púxoa outra vez Nirvana directamente ao corazón a través dos auriculares do meu MP3.

Veña un grolo pola ondiña!
Comentarios (5) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 02-02-2010 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Como disfrutas destes dias de sol, música e mar. Certo que veñen moi ben ne#blgtk08#ste inverno frio e mollado como poucos. Linda a ondiña, e agarimosa tamén.
Comentario por E Carpente (02-02-2010 22:34)
2 Ai, que ben vivimos... Que marabilla, Xesús, unha fermosa praia, a compañía dos cans, a boa música de Nirvana... Se cadra o nome do grupo ten moito que ver con esas sensacións. D#blgtk08#ende logo a imaxe provoca unha relaxación total, unha paz inmensa. Como me gustan as praias, como cheiran, o salitre, esas augas, esa area... Que ganas teño de que volva o verán!
Comentario por Eva Lozano (02-02-2010 23:58)
3 Esquecía o cheiro do salitre. Mágoa non poder poñelo no blog. Avanzará a tecnoloxía de tal xeito q#blgtk08#ue podamos intercambiar arrecendos a través da rede? Si que senta ben un bo paseo pola praia. Si.
Comentario por Xesús Constela (03-02-2010 13:01)
4 Muito bom Xesús, dividir esta paisagem maravilhosa conosco!O mar, a praia, é tudo de bom.Quando #blgtk08#posso, passo horas apreciando essa maravilha e todos os seus detalhes. É uma verdadeira terapia!
Comentario por Solange Couto (03-02-2010 13:17)
5 E cantas cousas pode dicirnos o#blgtk08# mar. Solange... Cantas cousas!
Comentario por Xesús Constela (03-02-2010 19:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0