Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Das miñas prantas recén podadas
Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e agora que xa é noite vou ir cear con algúns dos meus mellores amigos.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas logo dos mil temporais que sopraron ao longo do ano sobre a terra maltratada pola auga, polo vento e pola xeada.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e sentín que estaba a cortar e peitear os cabelos dun gran amigo, ou dunha gran amiga, que a terra é muller, disque.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e teño asensación de que lles din ansias de sobrevivir e rexuvenecerse, de coller forzas para a chegada da primavera en calquera momento que a señorita se digne parecer.

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e teño as mans manchadas de terra. E sabedes que? Pois que non teño ganas de lavalas!

Hoxe botei o día enteiro a podar as miñas prantas e tiven unha sensación moi gratificante de comezo dunha nova xeira.

Agora xa pode chover outra vez. Pode chover moitas veces máis.

Agora xa poden vir mil vendavais feroces a soprar que as miñas prantiñas están fortes e seguras de si mesmas.

Si.

Fortes e seguras!


Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 30-01-2010 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Qué fermosa ocupación tiveches hoxe, fermosa e gratificante. Boa falta lles fai tamén ás miñas, pero tiven tamén unha bonita ocupación que non me deixou tempo para as plantas, terá#blgtk08# que ser mañán. Hoxe fun visitar un novo neto que acaba de vir a este mundo. Sempre é una boa nova o nacemento de un neno san. Que o fado lle sea favorable. Un groliño polo Jorge.
Comentario por E Carpente (30-01-2010 21:42)
2 Noraboa! Veña ese groliño por Jorge. Que #blgtk08#a vida lle depare as cousas máis bonitas!
Comentario por Xesús Constela (31-01-2010 14:37)
3 Un grolo por Jorge, claro que si, e pola súper-avoa!!! Nacementos e renacementos desa natureza máxica que volverá pronto a medrar e a deleitarnos coa súa fermosura, como ese cativiño tan lindo que acaba de chegar ao mundo#blgtk08#... Que gratificante iso de podar, recolectar, facer eses licorciños que facedes os dous, que ben. Eu non sei facelos, pero me encantan... Son moi bos para estes groliños que botamos tan frecuentemente por estes lares...
Comentario por Eva Lozano (31-01-2010 22:56)
4 Sim, maravilhoso podar as plantas! Podei as minhas sábado e agora ficarei ansiosa esperando por novas flores e novos frutos.Realmente, as podas trazem forças e acho q#blgtk08#ue agora estou fortalecida.
Parabéns Eva Carpente pelo netinho.Nada como um chorinho novo em uma casa, é gratificante vermos a sementinha dos nossos nascerem!
Comentario por Solange Couto (31-01-2010 23:31)
5 As plantas comunñicanse connosco mediante unha linguaxe especial sen xestos nin palabras, unha linguaxe que se mete dentro de nós a tarvés da súa savia. Por iso nos fortalecemos cando els se fortalecen, So#blgtk08#lange. Por iso non hai nada máis fermoso que unha flor chea de vida. Aquí aínda estamos no inverno e as flores son a ilusión dun futuro moi próximo, dunha primavera que nos vai encher de ganas de respirar.
Comentario por Xesús Constela (01-02-2010 20:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0