Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da recomendación de A praia dos afogados
Eva Carpente, visitante diaria deste meu blog, vén de publicar no blog de Galaxia unha recomendación do libro A praia dos afogados, o best-seller de Domingo Villar. Recoméndovos dende aquí a lectura das súas palabras.
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 28-01-2010 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Grazas, Xesús pola tua recomendación. Agora teño unha das tuas obras á espera de que remat#blgtk08#e o que estou a ler. Xa pasei polo Shaquespeare destilado, por certo que me gustou moito.
Comentario por E Carpente (29-01-2010 22:38)
2 A min fáltanme dúas páxinas para rematar "As humanas proporcións". Non ten desperdicio. Encántanme todos e cada un dos relatos, cheos de imaxinación e humanidade. Outra boa recomendación! Agora falta que #blgtk08#E Carpente (ou mamá) se anime a escribir algo máis para deleitarnos a todos con esas cousas que ten dentro esperando para saír. Un grolo por ela, e por Xesús, que todo o que escribe é un pequeno tesouro!
Comentario por Eva Lozano (30-01-2010 11:01)
3 Meu Deus! Vai par de xoias que teño subscritas ao "Tiñádelo que ver". Non só me fan sentir acompañado día tras día dende hai xa un ano senón que tamén fan sentir que un mesmo escrebe cousas que lle gustan á xente. Grazas a vós as dúas. Cando comecei este blog a miña intención era establecer contacto cos lectores logo do traballo solitario que é a escrita. E está cumprido o obxectivo só cos vosos comentarios diarios. Alégrome moito de que che gustasen "As humanas proporcións", Eva. A ese libro débolle todo canto son neste mundiño da literatura así que sempre lle vou estar agradecido. En canto o de sacer #blgtk08#de dentro todo canto temos por escribir asegúrovos que ´ñe simplemente cuestión de coller un boli, ou un lapis, ou o ordenata, ou calquera cousa que poidamos utilizar para escribir e poñerse afacelo. E logo traballar e traballar o texto sen parar até que nos sintamos satisfeitos. É un labor arduo e moi solitario, e moi incomprendido tamén. Pero é unha aventura deliciosa, que coma todas as aventuras ten momentos bos e momentos menos bos, momentos de felicxidade total e momentos de incertidume. Pero é, polo menos para min, tan gratificante, que sempre paga a pena. Veña un grolo polas dúas Evas, que carai!
Comentario por Xesús Constela (30-01-2010 20:40)
4 Non sei se con tanto grolo aqui non vai a pasar algo... mais este grolos literarios son moi gratificant#blgtk08#es, e non restan puntos, así que veñan grolos pola amizade dibernética que nos da estes bos contactos.
Comentario por E Carpente (30-01-2010 21:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0