Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Pablo Neruda: Oda al día feliz
Non quero que ninguén quede con sabor funerario na boca logo de visitar o meu blog, así que despois do poema de Auden que acabo de colgar achégovos este anaco final da Oda al día feliz de Pablo Neruda.

Que grande era Neruda!

Hoy dejadme
a mí solo
ser feliz,
con todos o sin todos,
ser feliz
con el pasto
y la arena,
ser feliz
con el aire y la tierra,
ser feliz,
contigo, con tu boca,
ser feliz
.



Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-01-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pois mira, fixen o comentario antes de ver de que trataba esta última entrada, e coido que acertei! Hai un momento para todo, para a reflexión, para o lamento, e tamén para a alegría, claro que si. Coido que a vida foi feita para experimentalo dende unha felicidade interna que sempre debe estar aí, dentro, conformando#blgtk08# a nosa ben chamada intelixencia emocional. Hai un tempo para todo, pero o noso momento no Universo ten que vibrar de felicidade, sendo como queremos ser, vivindo o que queremos vivir, e gozando do que nós mesmos nos buscamos, da vida que eliximos para ser os seres máis felices desta Terra tan chea de cousas fermosas.
Comentario por Eva Lozano (26-01-2010 22:07)
2 Iso é xusto o entrenamento que nos falta, o da intelixencia emocional, a parte de nós máis descoidada. Polo menos a min na escola, e logo no instituto, ninguén me ensinou nada diso. Debería de ser #blgtk08#unha materia obrigatoria no currículo: o cointroil das emocións, das sensacións, algo tan sinxelo coma poñer unha "tirita" emocional nunha pequena ferida aberta para que deixe de sangrar. Non cres?
Comentario por Xesús Constela (27-01-2010 11:15)
3 Eu fixen un pequeno taller sobre o tema. Era para pais, precisamente, así que cos apuntes collín a miña filla e púxenme a explicarlle toda a teoría. Aínda non acabei, pero o traballo merece a pena: axúdanos a coñocer mellor aos nosos fillos, porque se abren máis ca nunca, e tamén axudámolos a eles a entenderse "por dentro". O que máis me gustou do cursiño foi o primeiro tema, que xa comentei aquí unha vez: os sentimentos son físicos e non mentais, debemos aprender a controlar as nosas glándulas para chegar a ser felices. Eu aquí chegara a través da filosofía oriental, que sen estas palabras acaba dicindo o mesmo, xa que se meditamos, ou facemos ioga, tamén estamos a controlar as nosas glándulas e segregamos serotonina e endorfinas. Eu coa miña filla quedei abraiada, porque ante situacións un chisco "duras" coas amigas, sabía reaccionar perfectamente, mesmo antes das miñas explicacións, #blgtk08#así que a súa intelixencia emocional xa estaba bastante ben antes de todo isto. Seguirei explicándolle os temas, porque é certo, a min tamén me gustaría que isto fose obrigatorio nas escolas, pero polo menos os nosos fillos teñen a sorte de ternos a nós, que podemos explicarlles todo isto. A pena son os nenos doutros entornos, que non teñen valores, viven en completa frustración (quero, quero...) e non son en absoluto felices. A nós o entorno rural tamén nos axudou moito, e sobre todo o diálogo constante. Se queres información, xa sabes, coma sempre, todo está en Internet. Recoméndocho, para os fillos e para ti mesmo. Eu cada vez que volvo ao tema aprendo algo máis. É ese coñecemento interno que todos temos medio durmido, e que só fai falta volver a el para despertalo, e de cando en vez é necesario, para manter esa paz interior e esa felicidade que merecemos no noso paso por esta vida!
Comentario por Eva Lozano (27-01-2010 12:31)
4 Haberá que intentalo. Non sei moi ben por onde come#blgtk08#zar pero intentarémolo. Grazas, Eva, unha vez maís.
Comentario por Xesús Constela (27-01-2010 23:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0