Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da dimision do Conselleiro de Cultura
Hoxe un grupo de escritores galegos asinaron o seguinte escrito no que piden a dimisión do Conselleiro de Cultura:

O señor conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia vén de facer pública, e non por primeira vez, unha análise da cultura galega temeraria e negativa. Antes xa nos ten ofrecido a súa opinión de que ?a cultura galega limita?, unha descualificación da nosa mesma identidade colectiva. Deberemos deixar de ter cultura propia, deixar de sermos galegos para non estar ?limitados?? Como pode protexer e traballar a prol da nosa cultura quen se expresa con ese fondo complexo de inferioridade identitario? Non pode. Agora precisou máis o diagnóstico, a cultura galega está ?ensimesmada e acomplexada?, expresión claramente ofensiva para os creadores e xestores da cultura de Galicia. Pero que, ademais, indica un descoñecemento claro do estado da nosa cultura, tanto no que atinxe ás obras como ao tecido industrial que as sustenta.

Os abaixo asinantes, autores de obras escritas todas elas en lingua galega que foron merecedoras do premio nacional de literatura nas súas distintas modalidades (narrativa, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, tradución e ensaio), consideramos que isto, coma as outras moitas distincións e consideracións que as obras da nosa cultura veñen tendo en toda España e fóra das fronteiras do Estado, negan a insultante e despectiva cualificación do señor Conselleiro.

Estamos verdadeiramente asombrados e fartos de que o conselleiro de cultura do goberno galego desprece sistematicamente a cultura galega, como un auténtico ?bombeiro pirómano?.

Consecuentemente, para que desapareza esta pasmosa anomalía, pedimos a dimisión ou cese inmediato de don Roberto Varela como Conselleiro de Cultura do goberno de Galicia, dado que o seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa. El ha ser máis feliz lonxe de todos nós, ?limitados?, ?ensimesmados? e ?acomplexados?, e todos nós recuperaremos unha situación que teña un mínimo de cordura.


Trátase dos once escritores que recibiron algún dos chamados Premios Nacionais que anualmente outorga o Ministerio de Cultura (Manuel Rivas, Suso de Toro, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Xusto Beramendi, Paco Martín, Antón Santamarina, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Rubén Ruibal)

Paréceme unha iniciativa moi boa pero tería sido moito máis interesante e aberta se pedisen a sinatura de moitos mais que estariamos dispostos a subscribir completamente o contido do escrito, cousa que tería sido moi doada de conseguir a tarvés da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, á que todos pertencemos.

Sexa como sexa dende este recuncho da rede eu tamén quereo pedir A DIMISIÓN DE ROBERTO VARELA!
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 25-01-2010 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Esas limitacións das que fala o Conselleiro coido que se refiren a el mesmo... A cultura galega non limita, senón que suma, e segue, xa que nos permite ter unha segunda "cultura", como calquera outra autonomía española, pero aínda por riba cunha lingua propia, e ademais nos achega moito máis que a calquera outra comunidade á cultura portuguesa, brasileira, timorense e dos #blgtk08#PALOPS (países africanos de lingua oficila portuguesa). Se iso é estar limitado que mo expliquen. Non acabo de entender estas desfeitas político-intelectuais que está a padecer Galicia. Tampouco, coma ben dis, entendo a estes "premiados" que limitan deste xeito unha iniciativa que xa non só atinxe aos escritores, nin a AELG, senón a todos os galegos cun chisco de cerebro.
Comentario por Eva Lozano (26-01-2010 16:14)
2 Xompletamente de acordo. O conselleiro intentou hoxe explicar/matizar o inexplicábel/inmatizábel pero as súas explicacións aínda provocan máis desconcerto. Isto é axente que nos goberna. Parece que deseñaran o goberno para acabar dunh#blgtk08#a vez por todas coa cultura galega e a lingua que lle dá razón de ser. Pero vailles saír o tiro pola culata. A sociedade galega, por fortuna, non é a mesma que hai cinco anos ou maís e amarxe de votos pola que gobernan é escasísima.
Comentario por Xesús Constela (26-01-2010 18:51)
3 Iso é o que hay que facer, estar seguros de que esta tropa non vai gobernar outra lexislatura. Mentres tanto loitar a cotio e falar galego, por suposto, e ler#blgtk08# galego, e non darlle a esta xentalla máis consideración da que merecen: coidarse deles pero non facerlles o xogo. Eles crearon un problema onde non o habia.
Comentario por E Carpente (26-01-2010 20:23)
4 Es algo así como a quinta ou sexta persoa esta semana que me di que non v#blgtk08#an durar toda a lexislatura. Que vos fai presentir iso? Oxalá sexa certo!
Comentario por Xesús Constela (27-01-2010 23:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0