Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da folga pola lingua de mañá 21 de xaneiro
Quixera facer unhas consideracións acerca dos motivos que me conducen a secundar a convocatoria de folga xeral no ensino para a xornada de mañá:

1º) O idioma castelán nunca estivo en perigo en Galicia, e quen diga o contrario minte a sabendas de que o fai.

2º) Esta cuestión da imposición lingüística do galego é unha falacia inventada pola fundación FAES o polo PP, que se encargaron de constituír plataformas a prol do castelán por todo España enteira e a darlles publicidade a través das súas emisoras e medios de comunicación afíns.

3º) O Goberno do PP, por moito que o repitan, non representa nin de lonxe á metade dos galegos, pois a suma dos votos obtidos polos partidos de esquerda nas pasadas eleccións de hai case un ano é superior aos obtidos polo seu partido. Logo é mentira que a sociedade galega "se volcase neles" pola imposición lingüística.

4º) Hai temas que non se deben tocar nunca goberne quen goberne, e un deles é o tema da lingua. Non pode ser que o actual goberno da Xunta pretenda que se pase do 50% do ensino en galego aun 33% en "igualdade" co castelán... e co inglés!

5º) Nunca chegou a cumprirse na realidade o actual decreto do galego no ensino. Nunca. E quen diga que se cumpriu minte, polo que a tal "imposición" non existiu nunca.

6º) É lamentábel que unha persoa da traxectoria de Anxo Lorenzo, actual responsábel de política lingüística e home de recoñecida traxectoria a prol da lingua se sumase a esta terríbel farsa montada dende unha oficina de Madrid.

7º) Nunca a lingua servira para abrir fendas nin discusióins nos claustros dos centros educativos coma as que se están a producir dende a irrupción deste tema da imposición dende os medios de comunicación afíns ao PP, entre eles a Voz de Galicia, que día si e día tamén combate calquera avance da lingua de nós por moi pequeno que este sexa (será polos cartos que recibe de xeito constante dende os despachos de San Caetano)

8º) Hoxe escoitei na radio a Rafael Louzán, presidente do PP e da Deputación de Pontevedra, que, aínda que non lle preguntaron polo tema da lingua, levaba aprendidas unhas declaracións que soltou e aínda me convenceron máis de que debía secundar a folga. Que un tipo da ignorancia dese señor, sen ningunha caste de estudos e coa pouca cultura da que fai alarde, sentencie acerca do/s idioma/s paréceme o mundo ao revés!

9º) Aínda me deu máis ganas de participar na manifestación de Santiago o feito de que o propio Conselleiro de Educación nos enviase un email a todos os docentes de Galicia para nos expor as "marabillas" do seu proxecto lingüístico. Levo vinte e catro anos a traballar no ensino e pasei por problemáticas varias de carácter colectivo sen que nunca, absolutamente nunca, os diferentes conselleiros de educación do PP se preocupasen por elas o máis mínimo!

10º) A situación absolutamente marxinal do galego na sociedade actual non permite que ninguén se permita o luxo de mentir acerca da realidade do país nin que se ande a xogar co que, dende sempre, nos deu cohexión como pobo.

Mañá vou facer folga e vou participar na manifestación de Santiago (a terceira que se fai polo mesmo tema) e vouno facer con toda a seguridade de que o galego, a lingua de nós, e quen o defendemos, vai ser unha nova marea negra que vai levar por diante a toda esta caterva de ignorantes mentireiros que están a nos gobernar.

Non.

A forza do noso amor non pode ser inútil!
Comentarios (7) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 20-01-2010 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Concordo plenamente co que estás a d#blgtk08#icir.
Estaremos en Santiago.
Comentario por Nito (20-01-2010 23:45)
2 Alí estaremos, Nito. Todas#blgtk08# cantas veces faga falla.
Comentario por Xesús Constela (21-01-2010 00:56)
3 Acabarán dando a asignatura de "Educación para a Cidadanía" en inglés, como tentaron en Valencia, xa veredes... Está moi ben que os nenos aprendan ben moitas linguas, pero primeiro, a súa, diso non hai dúbida. Non sei alá, pero aquí (Catalunya) os nenos poden comezar a estudar francés en quinto, como é o#blgtk08# caso da miña filla. Así xa está a estudar catro linguas, pero todas as asignaturas son en catalán, e no patio, e en todas partes, menos na casa, o que se fala é catalán, que para iso estamos aquí. A xente cando lle explico a situación galega non o pode crer... Non me estraña, porque estamos a anos-luz!
Comentario por Eva Lozano (21-01-2010 13:24)
4 Espero que todos vocês que lutam pela língua mãe, consigam alcançar seus #blgtk08#objetivos e mostrar a esses políticos a força do povo.
Boa sorte!
Comentario por Solange Couto (21-01-2010 18:29)
5 Seguro que a manifa de hoxe foi moito máis numerosa que as outras, pero ainda debía selo máis. C#blgtk08#on conselleiros tan comprometidos coa lingua de nós coma este, non precisamos detractores nonsí?
Comentario por E Carpente (21-01-2010 20:13)
6 O que pretenden aquí, Eva, é dar un tercio das asignaturas en inglés, historia, ciencias e iso. Non só educación pola cidadanía. E iso é surrealista. Nada máis lonxe da realidade que pensar que iso pode funcionar. Non ten nin pés nin cabeza! #blgtk08#E dígocho eu que son profesor de inglés e teño que recurrir ao galego o 90% das veces porque non son capaces de ler un texto en inglés sen traducilo nin os de segundo de bacharelato. Todo isto que montou a Xunta é un despropósito monumental.
Comentario por Xesús Constela (21-01-2010 21:05)
7 Pois eu dicíao de broma, pero vexo que se lles vai a "perola" moito máis do que pensaba. Que desastre, mi madriña! O primeiro que terían que facer para equipararnos ao nivel de inglés que teñen outros países europeos sería non subtitular series nin películas, e esperar unha xeración así, entón sería outra cousa, pero agora os nenos non teñen o oído preparado (#blgtk08#nin os adultos, claro está) e non hai maneira, temos o peor nivel de inglés do mundo, porque somos uns vagos e todo nolo dan subtitulado. Grazas á TDT podemos intentalo cos nosos fillos, pero é moi difícil, porque xa están moi acostumados. Eu poucas veces lembro facelo, porque tamén xa estou demasiado afeita a velas en castelán, pero é unha pena, a verdade...
Comentario por Eva Lozano (21-01-2010 22:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0